Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez. Vidas paralelas. Por Antonio Piñeiro Feijóo

Antonio Piñeiro é técnico de Cultura do Concello de Celanova. Colaborador asiduo do diario La Región de Ourense e director da revista Auria. Ten acadado varios premios xornalísticos e publicado varios monográficos sobre aspectos diversos da historia de Celanova. É Secretario da Fundación Curros Enríquez. Reproduzo de seguido o seu traballo sobre Curros e Celso Emilio.

«En Celanova el nombre de Manuel Curros Enríquez, gran poeta, extraordinaria musa civil, lo es casi todo, incluso para los que lo combaten. Aún siendo su familia una familia de iglesia, el poeta Curros Enríquez en aquella casa es querido y respetado. Celso Emilio, aún niño, lee a Curros por consejo de su madre, quien solamente le “prohíbe” (sin éxito) algunos poemas. Años después Celso Emilio será su biógrafo, su traductor, su panegirista, su admirador y su imitador».

Quen isto escribe é o profesor Xesús Alonso Montero no libro Celso Emilio Ferreiro (Estudio) (Edicions Júcar 1982), no que fai un completo repaso da biografía literaria do poeta celanovés, pouco despois da súa morte.

Pola súa banda, os xornalistas Xosé Antonio Perozo e María Xosé Porteiro recollen no seu libro de conversas Celso Emilio Ferreiro. Compañeiro do vento e das estrelas (Akal 1981), o seguinte:

«…a crítica, os comentaristas con boa intención e ós que non lle fallaba razón, establecen unha chea de paralelismos entre a vida de andanza e calma de Celso Emilio e a de Manuel Curros. Paralelismos atraintes e, ás veces, de por riba se se quer, pro condicionantes no intre de xulgar a vida e maila obra de Ferreiro. Tema este que compre escomenzar a rever».

E, máis adiante, continúan:

«Dixemos no denanterior apartado que hai que reve-lo tema das comparanzas entre Curros e Ferreiro xa que coidamos que se está a abusar dabondo do paralelismo establecido entre os dous grandes poetas de Celanova, un parale- lismo teimoso que compre esquecer e desbotar en proveito de ámbolos dous. Abofellas que a comparanza foi de moita ventura e de feito non fai máis que salientar que as estruturas da nosa sociedade en xeral, non sofriron ningún cambeo de fondo dende o nacemento de Curros deica os tempos de hoxe… Non estamos pondo en dúbi- da a significanza do poeta decimonónico na existencia de Ferreiro, nin na súa obra, sinxela- mente cremos que ao lerio se lle ten dado unha importancia sobranceira que reborda os lindei-ros reás do estimamento puramente referencial. Referimentos que xa serviron aos detractores de Celso Emilio para crticaren unha suposta parti- cipación no drama de calcar a Curros nas súas circunstancias políticas e vitais».

E, como non podía ser doutro xeito, isto todo ten a versión do propio Celso Emilio, que alén de facerse eco desta circunstancia en numerosas entrevistas (algunhas das cales estractou e transformou en forma de libro no ano 2009, Ramón Nicolás, Conversas con Celso Emilio Ferreiro) que lle fixeron ó longo da súa vida, no mesmo libro de conversas con Perozo- Porteiro, di:

«Sen dúbida, a figura de Curros influíu en min enormemente, non soio pola súa poesía, senón mesmo pola súa conducta. E, como cousa cho- cante, é certo que a vida me ten plantexado unha chea de problemas moi semellantes ós que se lle plantexaron a Curros ó longo da súa vida. Naturalmente, isto non o fixen a drede para ter ditas semellanzas, foi que a vida ás veces ten estas solpresas».

Pois ben, sen pretender facer “causa” destas “solpresas” e sen tentar sacalas de contexto coa idea de que poidan significar merecementos para un e desmerecementos para outro, e nin moito menos sen que isto deba supoñer alimento para os “críticos” co autor de Longa noite de pedra, vexamos pois, ata onde chegan estes paralelismos, algúns deles meramente circunstanciais e outros provocados non só polo momento que lles tocou vivir a ambos, senón polas reaccións vitais que ámbolos dous tiveron perante eses acontecementos.

NA MESMA RÚA

Para empezar é xusto sinalar que a primeira coinci- dencia ten razón de ser no momento xusto da che- gada ó mundo de Celso Emilio e no feito de que esta chegada se producise non só na mesma localidade, Celanova, senón na mesma rúa na que creceu e se forxou a personalidade iniciática de Manuel Curros Enríquez. Unha circunstancia meramente casual, pero que puido exercer una fonda influencia no menor dos dous, tal e como Ferreiro recoñece a miúdo:

«Aparte de la significación literaria, por la que hay que considerarlo uno de nuestros grandes del siglo XIX, Curros Enríquez tiene para mí un importante significado personal. Fue vecino de mi misma calle, en Celanova. No coincidí con él, porque Curros murió en 1908 y yo nací en 1912, pero mis padres sí lo trataron y yo oí hablar mucho de él, ya desde pequeño». [Conversas con Celso Emilio. Ramón Nicolás].

E unha circunstancia que, por rara que pareza, a nivel da literatura galega repítese noutros dous lugares, como son a Rúa Abaixo de Rianxo, onde contaron con casa familiar Alfonso Rodríguez Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste, ou a rúa da Paz de Ourense, onde se concentran os espacios vitais de Vicente Risco, Xaquín Lorenzo ou Ramón Otero Pedrayo.

No caso de Curros Enríquez é comunmente acep- tado que el non naceu no número 37 da rúa que hoxe leva o seu nome, xa que logo, o seu pai José María chegou a Celanova, procedente de Santiago de Compostela, para exercer nesta vila de escribano e, polo tanto, durante un tempo residiu de aluguer no mesmo lugar no que estaba a escribanía –é dicir, na rúa San Roque–, onde probablemente veu ó mundo o neno Manuel. Sen embargo moi pouco despois de ter nacido este, José María Curros merca xa a casa da Calle del Rollo e nela viviría Manuel as horas ledas e as horas amargas que marcaron a súa nenez e que o levaron a fuxir con tan só 15 anos para Madrid:

«… porque yo, para mayor desgracia mía, adoro aquella tierra en que tanto sufrí, aquel pueblo y aquella casa en que tanto lloré hasta los quince años en que la abandoné huyendo del furor paternal» [Carta a un amigo]

No caso de Celso Emilio, cando el naceu, o día 4 de xaneiro de 1912, xa a rúa levaba o nome do autor de Aires da miña terra e, polo tanto, dende o mesmo momento en que o neno Celso Emilio empezou a coller conciencia dos nomes das cousas e dos significados dos nomes das cousas, o nome de Manuel Curros Enríquez empezoulle a ser familiar moito antes de achegarse aínda ás súas propias lecturas.

Se a isto lle engadimos que entre a casa dos seus pais e a dos Curros Enríquez non hai máis ca outras catro edificacións intermedias, é perfectamente entendible o que Celso Emilio repite en multitude de ocasións, é dicir, que Curros non era un personaxe histórico para el, senón algo así coma un antepasado da súa familia.

«Curros foi un personaxe na miña familia; a pesares de ser unha familia moi católica, a miña, tíñanlle a Curros moita lei. Eu lembro que a miña nai dábame, xa de neno, cando esco- menzaba a saber ler, o libro de Curros e, inocen- temente, marcábame as poesías que non debía ler, que naturalmente eran as primeiras que eu lía». [Celso Emilio, compañeiro do vento e das estrelas]

O AMBIENTE VILEGO E O MOSTEIRO

Loxicamente, malia distancia temporal que separou a infancia e primeira xuventude de ámbolos dous (a de Curros podémola enmarcar entre 1851 e 1866 e a de Celso Emilio entre 1912 e 1930) o ambiente vilego e comercial dunha Celanova capitalidade de comarca e ó mesmo tempo fronteiriza mantense máis ou menos inalterable e dalgún xeito ámbolos dous beben dos mesmos costumes sociais, dos mesmos paisaxes e das mesmas xentes.

É certo que Curros Enríquez non puido estudar no colexio dos PP Escolapios, xa que el marcha de Celanova con 15 anos –é dicir, no ano 1866– e os Escolapios instálanse no cenobio celanovés no curo 1868/69, sen embargo é máis ca posible que o fixera nalgunha das aulas que durante eses primeiros anos de socialización do edificio se instalaron nalgunhas das súas dependencias e o que non é menos certo, é que algunhas delas tiveron que resultarlles certa- mente familiares pois o seu pai chegou a ter cando menos unha alugada, probablemente como espazo para a escribanía.

«Había en la torre unos soberbios y antiquísi- mos tintinábulos, aquellas campanas que tanto hemos amado nosotros, aquellas campanas que sólo tocaban al alba y cuyos dulces sones constituyeron toda la alegría de nuestra infan- cia» [La Ilustración cantábrica. 1882]

Celso Emilio, pola súa banda, si que estuda xa no colexio dos PP Escolapios e, polo tanto, son moitas as horas que pasa no interior do edificio e que lle dan pé para ir descubrindo pouco a pouco a súa longa historia.

«A miña nenez foi campesina porque Celanova é unha vila rural, un meio campesino, e des- pois cando chegou a hora de ir á escola, entrei no colexio dos Escolapios, que entón estaban establecidos alí no mosteiro; alí estudei o bacharelato e alí botei uns 12 anos». [Conversas con Celso Emilio]

Andando o tempo, serían outras moitas as referencias poéticas e en prosa que o escritor lle dedica ó convento celanovés e ó que o mesmo supuxo para a creación do núcleo social no que un e outro empeza- ron a andar os seus primeiros pasos.

A PRIMEIRA SAÍDA DE CELANOVA

Unha das primeiras coincidencias de traxectoria vital –máis alá das meramente espaciais ou de influxo do entorno no que ámbolos dous creceron– que é común a ámbolos dous escritores é un feito que non era moi habitual que se dera naqueles tempos a non ser que tivese relación coa emigración familiar e que foi o de que ámbolos dous abandonaron moi novos a súa casa, o primeiro para non volver máis e o segun- do coa idea dun regreso.

Coñecido é o episodio –a miúdo elevado incluso á categoría de lenda– que leva ó neno Manuel Curros, con tan só 15 anos, a deixar o fogar familiar fuxindo das “iras” dun pai extremadamente recto, do que tódolos fillos varóns van fuxindo paulatinamente a medida que van collendo conciencia. No caso de Manuel, conta o propio Celso Emilio Ferreiro na biografía sobre o autor de Aires da miña terra o momento de ruptura co pai:

«Se presentó un día cuando el escribano se acer- có a su hijo portando un legajo lleno de polvo del que extrajo un documento que el hijo debía copiar fielmente y con las formalidades de rigor». «Todo transcurrió sin incidentes hasta que terminada la escritura y puesta la data, el hijo quiso esparcir sobre la tinta fresca los polvillos secantes de la salvadera. Su mano, torpe y nerviosa por el temor, cogió equi- vocadamente el tintero y derramó sobre el papel un borrón mayúsculo. Por un momento el escribano se quedó estupefacto, mudo, con la boca abierta y el rostro congestionado. Después dio un grito y su mira- da buscó la vara de los vapuleos. Manuel, a quien el miedo había paralizado, venció el temor, ganó la puerta y echó a correr escaleras abajo. El padre, inútilmente, lo llamó instándole a que volviese. Al verse desobedecido, abrió la ventana y lanzó sobre el fugitivo el brasero lleno de ascuas, que, afortuna- damente, no dieron en el blanco».

Curros Enríquez deixaría atrás Celanova con tan poucos anos, primeiro camiño de Ourense e poste- riormente cara Madrid, e xa non volvería residir de forma habitual nesta vila.

Afortunadamente, para o segundo, a súa relación co pai non foi tan tumultuosa como a do neno Manuel co vello “Calcorra”, se ben, tampouco durou moito no tempo debido a que Venancio Ferreiro morre cando Celso Emilio tiña tan só 16 anos. Sen embargo, por outras circunstancias, ligadas probablemente ó seu compromiso social (manifestado abodosamente a través da súa relación co seu amigo da infancia Xosé Velo e cristalizado na fundación das Mocedades Galeguistas), Celso Emilio Ferreiro protagoniza un episodio que non é moi recoñecido nas súas biogra- fías e que neste caso desenvolve na compaña doutro seu amigo da infancia como foi Clodomiro Rodríguez “Prenta”. O caso é que, segundo consta na documen- tación de alistamento militar dos arquivos munici- pais de Celanova, antes da chegada da Guerra Civil e incluso antes do cumprimento dos anos suficientespara incorporarse a filas, a finais do ano 1931 ou comezos do 32, con tan só 19 anos decide alistarse como voluntario ó exército e abandonar temporal- mente o fogar, sendo destinado ó Regimiento de Infantería No 3, con sede en Oviedo, onde cumpre servizo de voluntario durante un ano, probablemen- te seguindo os pasos do propio Clodomiro Rodríguez que xa debía estar integrado no exército cando che- gou el, dado que o certificado que achega Clodomiro no mesmo intre de chamamento a filas, di “haber servido como voluntario más de un año en el Regimiento de Infantería No 3”.

ESTUDANTES DE DEREITO

O ámbito dos estudos ou da formación didáctica de ámbolos dous é tamén motivo de casual coincidencia.

No primeiro caso, é dicir, no caso relativo a Curros Enríquez, unha vez decide abandonar o fogar pater- no, fixa a súa residencia na casa do seu irmán Ricardo, en Madrid, onde tamén reside o seu irmán Antonio, e ademais de empezar a tomar contacto co que ó longo da súa vida acabaría por ser a súa verda- deira profesión, o xornalismo, cursa o bacharelato que acaba simultaneando durante un tempo cos estu- dos de Dereito que non remataría porque cada vez máis o xornalismo consumiría o seu tempo.

O caso de Celso Emilio foi semellante no resultado final, aínda que sensiblemente diferente no seu des- envolvemento. Tanto a súa xuventude como a súa formación intelectual víronse interrompidas, primei- ro pola intensa actividade política que desenvolve ó longo deses primeiros tempos de xuventude, tanto en Celanova como fóra de Celanova, e logo pola obrigada reincorporación a filas con motivo da Guerra Civil, que o leva a pasar practicamente os tres anos do conflicto en Asturias.

Rematado este, empezaría a carreira de Dereito en Santiago de Compostela e acabaría facéndose mestre –por libre– en Ourense. Se ben, igual que lle acon- teceu a Curros, non exercería ningunha das dúas profesións:

«En Celanova estudei o bacharelato. Despois, máis adiante, estudei, pro non rematei, Dereito en Santiago de Compostela. Tamén estudei para mestre de escola, aínda que nunca exercín. Non cheguei a facer oposicións nin a ter escola xamais». [Celso Emilio, compañeiro do vento e das estrelas]

O máis preto que estivo de facer dos seus estudos un modo de vida, foi na década e media na que reside en Vigo, onde, despois de ter sido funcionario da Fiscalía de Tasas en Pontevedra, decide darse de alta como procurador dos tribunais e exercer como tal, compaxinando esta profesión cunha intensa activida- de cultural e literaria.

OS DOUS CASAN FÓRA DE CELANOVA

Probablemente esa rápida saída da súa terra natal –máis inmediata e radical no caso de Curros Enríquez ca de Celso Emilio– tivo unha influencia transcendental noutro dos feitos vitais coincidentes nas bio- grafías de ámbolos dous escritores, como foi o que ámbolos dous casaran fóra de Celanova e non con mozas coas que puideron coincidir na súa adolescencia e na súa xuventude na vila celanovesa.

No caso de Curros Enríquez, este faino, loxicamente en Madrid, con Modesta Vázquez, filla dun maxistra- do do Tribunal Supremo, Modesta Vázquez e, como non podía ser doutro xeito, tampouco o seu matrimonio estaría exento de polémica, xa que dende a distancia o seu pai non lle dá conformidade a este matrimonio e denuncia ó seu fillo por prófugo, polo que acaba sendo detido e encarcerado. Así é como o conta o propio Celso Emilio Ferreiro na súa biografía:

«Como no podía ser de otra forma, don José María, el padre, no daba su conformidad a los proyectos matrimoniales de su hijo. Implacable y violento, para darle largas a la fecha de la boda y ver de hacerla irrealizable, denunció al poeta por prófugo y este fue detenido e ingresa- do en prisión. Estuvo veinte días en la cárcel de El Saladero».

No caso de Celso Emilio a súa relación matrimonial ten orixe na súa estadía en Asturias durante a Guerra Civil e –nisto si que non coinciden as súas traxectorias biográficas–, mentres o matrimonio do primeiro non se podería catalogar coma un matrimonio feliz, nin sequera como un matrimonio a partir da marcha de Curros para Cuba, a presencia de Moraima no periplo vital de Celso Emilio había ser fundamental en tódolos aspectos da vida, tal e como el mesmo deixa escrito en multitude de referencias e sobre todo nun bo número de poemas:

«Goethe adoitaba dicir que o home perdía moito tempo tonteando coas mulleres. Eu coido que non o perdín, senón que o gañei. Gañei moito tempo, moita humanidade, no meu trato coas mulleres. A proba é que me vencellei a unha muller hai moitos anos, debe facer xa corenta, e sigo vivindo con ela moi ledo». [Celso Emilio, compañeiro do vento e das estrelas]

O XORNALISMO, UNHA FORMA DE VIDA

Se ben, é ben sabido que a profesión -ou o oficio- que desenvolveu Manuel Curros Enríquez ó longo da súa vida foi a de xornalista, non o é tanto que durante algunhas etapas da súa andaina, tamén Celso Emilio Ferreiro se distinguiu nesta profesión como tal, máis alá das columnas literarias e das colaboracións que cultivou tanto en Vigo, como en Caracas ou na súa etapa final de Madrid.

Sobre Curros Enríquez é sumamente coñecida a súa procacidade xornalística que fai que con pouco máis de vinte anos xa colabore habitualmente nos xornais La Gaceta e El Porvenir, así como nun xornal republicano clandestino, e sobre todo que se resume no episodio que narra o seu ingreso no prestixioso xornal El Imparcial no ano 1874, que mesmo narra o propio Celso Emilio:

«En uno de los “Lunes” del periódico se convocó un concurso de poesías dedicadas al tema de la guerra civil. El premio ofrecido eran quince pese- tas y veinticuatro ejemplares de la publicación. Curros envió su “Oda a la Guerra Civil española”. Al señor Gasset y Artime, director del diario, le entusiasmó el poema y le dio el premio, pero no pudo entregárselo porque Curros no había enviado su domicilio, por lo que publicó un aviso en el periódico para dar con él. Cuando Curros se acercó a la redacción Gasset y Artime le dijo: El que escribe poemas como su Oda tiene con- quistada su reputación. Le ofrezco un puesto en el periódico».

A partir de aquí, Curros Enríquez xa non abando- naría o xornalismo como forma de vida, chegando a acadar un importante recoñecemento, tanto en Madrid como fundamentalmente en Cuba.

Respecto de Celso Emilio, tamén foi moi pronto cando toma contacto co mundo da rotativa, se ben de forma moito máis local. No ano 1933, en pleno fragor das Mocedades Galeguistas, xunto con Pepe Velo pon en marcha o semanario Adiante, que tería unha vida moi efémera, e posteriormente acaba por ser nomea- do secretario de organización da Federación das Mocedades Galeguistas e, como consecuencia diso, director da revista Guieiro, que é o órgano de difusión desta Federación e por cuxa actividade acaba sendo procesado no mes de nadal de 1935 porque en dous artigos publicados nun número anterior “atoparon ataques inxuriosos contra Hespaña”.

Máis adiante, na súa etapa de Vigo colaboraría intensamente co xornal El Faro de Vigo e tanto en Venezuela como finalmente en Madrid tería incluso a oportunidade de rexistrarse como xornalista e con- seguir carné identificativo para levar a cabo traballos específicos.

FUNCIONARIOS

Dado que as súas vidas pasaron por vicisitudes económicas ondulantes, tamén ámbolos dous chegaron a procurar na función pública un xeito de vida. No caso de Curros Enríquez foi no Ministerio de Facenda, gracias á intervención do seu amigo e protector, o tamén ourensán Modesto Fernández González, así como no Concello madrileño despois de que perdese o traballo en Facenda, cando estaba destinado en Ourense e resulta procesado e condenado –aínda que posteriormente absolto– pola publi- cación do libro Aires da miña terra.

No tocante a Celso Emilio Ferreiro, a súa relación coa función pública hai que radicala en Pontevedra e ten lugar nos primeiros anos 40 cando, despois de casar con Moraima, vai residir a esa cidade ó atopar traba- llo nela como funcionario da Fiscalía de Tasas, unha oficina que se encargaría de vixiar todo o proceso da distribución e comercialización de alimentos no contexto do racionamento da posguerra e que non foi, nin moito menos, un traballo no que se sentira extremadamente cómodo.

Logo, na súa etapa de Caracas e tralos problemas sufridos na Hermandad Gallega que derivaron na súa expulsión do centro, no ano 1971 chegou a traballar como corrector de estilo e redactor de discursos do presidente da República de Venezuela, Rafael Caldera, e incluso dous anos antes a tomar a naciona- lidade venezolana, probablemente para poder levar a cabo, entre outros, traballos coma o de apoio á presidencia da República.

A EMIGRACIÓN COMO VÁLVULA DE ESCAPE

Sen lugar a dúbidas este episodio -o da emigración- foi, se cadra, o que de forma máis determinante marcou as biografías de ámbolos dous poetas, xornalistas e escritores. No primeiro caso, é dicir, no caso de Manuel Curros Enríquez, porque despois de ter tomado a decisión de marchar, o seu periplo transo- ceánico xa non tivo volta atrás e incluso acabou por custarlle a vida.

E no segundo, porque nel Celso Emilio experimentou probablemente a súa meirande decepción transcen- dental. El, que tiña idealizado o entorno da Galicia ideal e incluso que tiña animado nalgún dos seus poemas –coma coa “Carta a Fuco Buxán”– a que o galego procurase un futuro fóra da súa terra, de súpe- to experimentou en carne propia a aldraxe persoal e a crúa realidade dunha Galicia exterior que non se achegaba nin por asomo ós principios ideais do que el pensaba cando no ano 1966 subiu en Vigo abordo do Santa María e tomou rumbo ó mar Caribe.

«no poema sosteño a teima de que emigrar é a solución ideal para os galegos que, por razós éticas ou físicas, non lles fose doado vivir na terra onde viñeron ao mundo. O poema foi escrito en 1959, tempo aquil no que eu, infrui- do por falaces versiós que encol da emigración se facía a cotío –e desta literatura mintireira non se salva ningún autor– coidaba que alén do mar, nas Américas, latexaba o corazón dunha Galicia viva, activa e ceibe, dona dunha baril conciencia de pobo en marcha.»

Para que Curros tomase a decisión de marchar é moito máis que posible que non pesase só a súa situación profesional ou a súa permanente decepción intelectual co momento que lle toca vivir. Aínda que nas súas biografías non está, nin moito menos, analizado, é moi probable que na marcha tivese algo que ver tamén unha situación tácita de separación matrimonial coa súa dona Modesta e un afán por descubrir mundos novos, mundos recomendados polos seus propios amigos, non en van o seu destino cando parte de Galicia é a cidade de México e non La Habana, como ó final acabou sendo. Sobre este particular, di Celso Emilio na súa biografía:

«Sabía de la imposiblidad de convivir con su esposa y sabía también que no iba a resistir mucho tiempo el impulso de partir, de desli- garse de sus ataduras. Sentía irrefrrenables deseos de estar lejos, en una tierra nueva, con distintos nombres y paisajes. Su alma, siempre emigrada en ensoñaciones, ve en la emigración verdadera una forma salvadora para evadirse de los yugos que le comprimen».

Así foi cómo o día 22 de febreiro de 1894 con 43 anos embarca no porto da Coruña no vapor María Cristina rumbo a La Habana, a onde chegou o día 5 do mes seguinte.

Celso Emilio Ferreiro, sen embargo, viaxa “por noxo vital”, tal e como declararía nalgún momento da súa vida. Celanova, Asturias, Pontevedra, Vigo, cada espazo xa tiña dado de si dabondo e, se a iso se lle engade un momento económico sensible e unha oferta de futuro dende a Galicia idealizada, entón enténdese perfectamente a verdadeira razón da súa marcha, cousa que acontece no ano 1966, contando xa 54 anos de idade, viaxando primeiro el só e recla- mando ós poucos meses á súa muller e ós seus fillos.

«O marchar eu para América respondeu a un estado de ánimo xa que daquela pasara por un grave momento de depresión moral, e, sobor de todo, porque andivera na conspiración, na clandestinidade, e estaba moi queimado. Practicamente, xa non podía facer nada e tiven problemas diversos. Entón ofrecéronme dende Caracas a Secretaría de Cultura da Sociedade Galega e marchei, aínda que de primeiras non iba decidido a quedarme como logo ocurriu. Pódese decir que foi un autoexilio porque toda emigración o é en certa maneira.» [Celso Emilio, compañeiro do vento e das estrelas]

OS –LÓXICOS– PROBLEMAS COA EMIGRACIÓN

Nos dous casos, as súas respectivas chegadas a La Habana e Caracas supón senllas manifestacións de benvida por parte das comunidades galegas asentadas en ámbolos dous lugares.

No caso de Curros Enríquez, a tarxeta de visita coa que é recibido queda perfectamente descrita nunha carta que o propio Curros lle escribe ó seu amigo e editor, Andrés Martínez Salazar, o 9 de abril de 1894:

«Como de mi llegada nadie tenía aquí noti- cia, los primeros días de mi estancia en La Habana fueron para mí muy difíciles, tenien- do que sufrir las consecuencias de la profunda división que separa a esta colonia gallega. A todos, sin embargo, debo gratitud: unos y otros acaban de darme prueba de afecto, oponiéndose a mi salida para Méjico y faci- litándome los medios para publicar La Tierra Gallega, periódico semanal, al mismo tiempo que fundé El Diario de la Familia del cual se ha publicado ya el número programa y que verá la luz desde el primero de mayo. Tanta suerte he tenido, que hemos recogido ya más de 6.000 suscripciones. Si la salud no me falta, creo que haré fortuna.»

E, máis ou menos, en termos moi semellantes tamén se expresa Celso Emilio Ferreiro no ano 1966, cando decide aceptar o convite dos responsables da Hermandad Gallega de Caracas para facerse cargo da actividade cultural do Centro:

«Eu marchei a Caracas para dar unhas conferencias e despois pensei na posibilida- de de quedar alí e foi cando levei á familia. Isto deu lugar a que moita xente, sistema- ticamente, se adicara a sacarme a pel e dixera que eu fuxira abandoando a miña familia, e cousas arrepiantes de min. Pro, a verdade é que á familia leveina ós tres meses, cando xa estaba ben situado alí e tiña o meu piso e a miña vida organizada.» [Celso Emilio, compañeiro do vento e das estrelas]

Pero, o que nun principio aparecía como un bálsamo social, un escenario ideal para que Curros Enríquez recuperara algo de tranquilidade e puidese centrar a súa desordenada vida persoal, pronto empezou a trabucarse. Os seus artigos en La Tierra Gallega, referidos nalgúns casos á propia comunidade galega residente en Cuba e noutros ó papel que o goberno español exercía sobre a xestión de futuro para a illa e, fundamentalmente, sobre a súa firme defensa respecto da autonomía que ó seu ver lle había que conceder a Cuba para poder mantela ligada a España e para evitar que os Estados Unidos se apoderase dela, empezan a xerarlle problemas, sancións administrativas e desercións de apoios ó proxecto do semanario e en tan só dous anos vese obrigado a pechar o xornal:

«Los suscriptores de ‘La Tierra Gallega’ empe- zaron a darse de baja colectivamente. Curros decidió entonces “matar” el periódico y le escri- be a Lisardo Barreiro: “Mi periódico ha muerto. El gobernador de La Habana me impuso dos multas seguidas, y como a la tercera iba a matarlo, yo me adelanté y suspendí la publicación, quedando empeñado en 2.000 pesos y debiéndome los suscriptores 5.000 pesos que jamás cobraré”». [Biografía de Curros Enríquez. Celso Emilio Ferreiro]

Se a isto se lle engade que a súa relación cos prohomes da emigración galega en La Habana e cos que están á fronte dos dous grandes colectivos galegos na illa, é dicir, a sociedade ‘La Benéfica’ e o propio Centro Gallego, tamén se vai deteriorando ó mesmo tempo que todo isto lle acontece no seu xornal, resulta lóxico pensar que de toda aquela ilusión que lle transmitira a Martínez Salazar na súa carta, se trans- formase nunha profunda decepción que se reflicte perfectamente nestas palabras que lle escribe nunha carta a Murguía:

«… Si yo fuese García Barbón, no sólo le reintegraría sus haberes, sino que haría otras cosas en su favor, por las que sabría usted cuánto es mi afecto y admiración hacia su persona. Pero yo sólo no soy García Barbón, sino que me encuentro todavía más abandonado que usted: sin patria, sin familia y casi sin amigos».

E se isto foi o que lle aconteceu a Curros, a experiencia de Celso Emilio en Caracas non sería menos traumática, ata o punto de que a el nin sequera lle dan tempo para que se marche polo seu propio pé, senón que primeiro bótano do traballo que realizaba alí na sección de Cultura e na escola Castelao e des- pois incluso o expulsan da sociedade.

Previamente, nun acto que non pasou desapercibido para ninguén, coincidindo coa conmemoración do 33 aniversario da fundación do Centro Galego que tivo lugar no Teatro Tacón daquela cidade o día 11 de xaneiro de 1903, Curros dálle lectura a unha composición titulada “A Espiña” na que denuncia tódolos problemas que acabou sufrindo o longo dos nove anos que levaba residindo en Cuba e que o había marcar para o resto dos seus días:

Pra que vos fale esta noite / metéronme certo empeño / e un pouco a falarvos veño, /. si hai por eiquí qen me escoite./// Anos fai que nos riñós / levo caravada unha espiña, e como me doía aíña / vouna quitar diante vós. /// Si mentres ma arrinco berro, / disimularme a molest: / láiase a besta e é besta, / é ferro, e quéixase o ferro./// Moito non se han de alegrar / de ver que inda teño alentos / os que ebeberon os ventos / para facerme calar. /// Mais deses que, aquí chegado, con gaita me recibiron / e cando enteiro me viron / quixeron verme aforcado; /// deses, con almas de can, / que coidan na súa insolencia,/ que se merca unha concencia / por catro codias de pan; /// deses que medrando vin / dos abusos do poder / i a xornal quixeran ter (un cómplice mudo en min; / deses pra quen todo enteiro / o orden moral é un nagocio, / a cobiza un sacerdocio / i o millor Dios o diñeiro; /// deses pra quen fun ‘mambí’ / cando era máis español / i enchen cos ‘mambís’ o fol, ida xa España de eiquí; /// deses entre quen semeei / semente de paz i amor / pra coller un deshonor / por cada gran que ceibei; /// deses que na loita cega / que descontra min trabaron / hastra matar non pararon / a probe ‘terra gallega’; /// deses que cando a fundei / ofrecéronme a súa caixa / e… díronseme de baixa / cando a cobrarlla mandei; / deses que de rabia cheos / da porta me despediron / e abríronma cando viron / que ma abrían os alleos; /// deses que na época vella/dixeron de min horrores en papeis de dúas coores:/ alaranxada e vermella… /// (que pra eso a nosa bandeira/serviu na súa man odiosa: / pra erguerse ante a xente nosa / e arriarse ante a estranxeira); /// deses que, o nome calando, / non me quero eiquí ocupar:/ quen as fai ten que as pagar,/¡i eses xa as están pagando! (…)

E se isto foi o que lle aconteceu a Curros, a experiencia de Celso Emilio en Caracas non sería menos traumática, ata o punto de que a el nin sequera lle dan tempo para que se marche polo seu propio pé, senón que primeiro bótano do traballo que realizaba alí na sección de Cultura e na escola Castelao e des- pois incluso o expulsan da sociedade.

Tamén alí se daban –e se seguen dando– dúas faccións de galegos máis ou menos enfrontados –coma en Cuba– e que na Hermandad Gallega de Caracas se sim- bolizan nas dúas candidaturas –“planchas”– que optan regularmente ó goberno da entidade. A “plancha 1” ou agrupación “Galicia” ou “Galaica” e a “plancha 2” ou “Grupo Unión”. Os primeiros son os que lle propoñen viaxar a Caracas e traballar na Hermandad. Os segun- dos son os que acaban por expulsalo ó non coincidiren ideolóxicamente co poeta e amparándose nunha serie de críticas que Celso Emilio fai sobre a connivencia dalgúns dos seus responsables coa embaixada españo- la en Caracas e, en consecuecia, co goberno de Franco.

«Xa dixen moitas veces que eu pensaba que a emigración galega en América era un país en marcha, era como un grande senso de nacionalidade, sempre disposta a loitar pola galeguidade, e topeime con que iso era unha pequena minoría, con que a meirande parte son unha emigración despolitizada, desinformada, medoñenta da palabra “política”». [Celso Emilio, compañeiro do vento e das estrelas]

E se estas palabras non son de por si clarificadoras, vexamos estoutras que o poeta escribe na biografía de Curros e que nos serven para reincidir na comparanza:

«La emigración, como toda sociedad formada por hombres, tiene su chusma lazarina, que en este caso no está constituida por desharrapados trabajadores, sino por picaros bien vestidos, casi siempre metidos en el hampa mercantil de los negocios fraudulentos y del toma y daca tende- ril. Era inevitable que Curros terminase como terminó, sufriendo las dentelladas de la jauría bastarda y los improperios y calumnias de estos caballeros de industria, que, por lo general, dominan y gobiernan las sociedades de los emigrantes gallegos en las Américas. No fue insólito lo ocurrido a Curros, ni tampoco fue un caso aislado y único. También Ramón Cabanillas y Antón Vilar Ponte tuvieron, años después, un enfrentamiento semejante en la misma Habana. Y décadas más tarde, Alfonso Castelao sufrió las mismas dentelladas en Buenos Aires. Y yo mis- mo -por qué no decirlo- supe muy bien cuál era la catadura moral de los enanos enriquecidos, y de los zorros listos, que únicamente saben ver en la emigración un tema empresarial, siempre negociable. Su repudio del intelectual, del poeta o, simplemente, del hombre cultivado y sensible, es sistemático y perfectamente calculado, porque lo suponen -y con razón sobrada- un obstáculo para sus sórdidas aspiraciones.» [Biografía de Curros Enríquez. Celso Emilio Ferreiro]

Previamente, Celso Emilio Ferreiro tamén tivera ocasión de fundar a súa propia revista en Caracas. Titulábase Galicia en Caracas e nacía a toda cor e coa vocación de ser “la revista para los 100.000 hogares gallegos en Venezuela”. O número 1 saíu á rúa no mes de xullo de 1967 baixo a dirección do propio Celso Emilio Ferreiro e contando con colaboradores da talla de Camilo José Cela, Ramón Otero Pedrayo. Non teño conciencia de que saíra ningún número máis, pero tamén resulta curioso –polo paralelismo– ler un frag- mento do editorial de presentación da publicación, escrito con toda seguridade por Ferreiro:

“Por una feliz coincidiencia, este año, el Día de Galicia, fiesta del señor Santiago Patrón, sabido, es también Día de Caracas, fiesta y jubileo de sus cuatrocientos años de existencia urbana. Nosotros los gallegos de la emigración, que por avatares diversos hemos tenido que abandonar nuestros patrios lares para acogernos a la gene- rosa hospitalidad de Venezuela, no podemos ni queremos permanecer indiferentes ante tan seña- lado hito histórico de nuestra segunda Patria, sino por el contrario, deseamos unir la voz de nuestra colonia a la polifonía cuatricentenaria, en el amor y la esperanza venezolanos. De ahí la razón de esta revista monográfica, “Galicia en Caracas”, desde la cual saludamos a las autoridades del país; a los venezolanos; a nuestros compatriotas, a nuestros colaboradores, tanto literarios como publicitarios y, en fin, a todos aquellos que en forma directa o indirecta, nos han permitido sacar a luz esta pequeña obra.»

E igual que lle aconteceu a Curros, a decepción, os desenganos e toda a sorte de confrontación mantida con parte da emigración trasládaa o poeta, neste caso, non a un simple poema senón a todo un libro. De aí é de onde sae Viaxe ao país dos ananos (1968), que pasaría por ser un libro probablemente máis polémico aínda ca Espiña de Curros Enríquez, pois mentres o poema de Curros lanzou a súa palabra mordaz contra directamente aludidos polo poeta, no caso da Viaxe ao país dos Ananos houbo moita xente da emigración e mesmo residente en Galicia que lle criticou a Ferreiro que non salvase a ninguén das súas aceiradas críticas:

Probe de min. A terra prometida,
a Galicia emigrada que eu buscaba,
era somente un pozo de residuos,
unha corte de ovellas resiñadas;
emporio de logreiros,
caverna de usureiros,
buraco de tendeiros,
guarida de compadres basureiros.
O País dos Ananos,
poboado de pitisos
comestos de iñorancia,
mandados pola envexa i a cobiza.
¡Qué sórdida paisaxe!
Galicia xaz eiquí morta de anguria, crucificada en sombras, sepultada
baixo as nádegas porcas dos badocos,
dos pequenos burgueses desertores, alugados no esterco,
vendidos ás letrinas,
sin outro afán nin fin que o dásme-douche, o merco-vendo, okey, pago ó contado.
(…)

Respecto desta consideración pola que tantas críticas recibiu, Celso Emilio Ferreiro matiza esas xeneralidades en distintas entrevistas que lle realizaron en moi diversos medios despois da aparición do libro. Nunha delas, publicada en 1975, di:

«Creo que lo que pasó es que la gente atacó al libro y me atacó a mi, porque no lo entendieron muy bien. Yo no me metía con la emigración entre otras razones porque yo era un emigrante y en mi familia hubo varios emigrantes; con los que me metía era con los caciques de la emigración, que explotaban y desdibujaban el verdadero sentido de la misma. Algo parecido a lo que me ocurrió a mi, le pasó a Curros en La Habana y, en cierto modo, a Castelao en Buenos Aires. El poema “A espiña” de Curros, es una diatriba de tal envergadura, que mi libro, a su lado se queda en nada. Y, que yo sepa, nadie insultó a Curros por este poema, a no ser los propios aludidos en él.»

OUTROS PALELISMOS “MENORES”

Digamos que ata aquí centrámonos en sinalar as prin- cipais coincidencias que concorren en ámbalas dúas traxectorias biográficas. Aquelas que son destacadas de forma común polos biógrafos de ámbolos dous per- soeiros e incluso dende a propia perspectiva subxectiva de Celso Emilio Ferreiro como continuador crono- lóxico da traxectoria vital de Curros Enríquez.

Pero igual que destacamos estas, hai outras moitas pequenas –e non tan pequenas– cuestións nas que se dan singulares coincidencias e que agora imos relatar de forma menos pormenorizada.

Poñamos por caso, por exemplo os dialectalismos que concorren en ámbolos dous e que non son máis cá propia consencuencia de teren crecido onde creceron os dous. Tanto Curros Enríquez como Celso Emilio Ferreiro escriben un galego dialectal recollido do galego que lle escoitaron falar ós seus maiores, é dicir, o galego de Celanova.

Tamén coinciden en que ningún dos dous foi un escritor monolingüe, tanto en prosa como na poéti- ca e igualmente no ámbito dos textos xornalísticos, para os que tamén utilizaron, segundo os casos, o galego e o castelán.

Unha parcela na que non nos detivemos, non só pola súa complexidade senón porque habería que anali- zala en ambos casos en diversas fases das súas vidas, foi a da súa militancia política. Militancia que queda clara dende unha moi curta idade no caso de ambos (no progresismo e no republicanismo, no caso de Curros Enríquez e no galeguismo de esquerdas no caso de Celso Emilio) e que ademais ten derivacións coa masonería no caso concreto de Curros Enríquez.

E, de querermos seguir afondando, aínda hai máis paralelismos que as biografías de ámbolos dous van escribindo en distintos momentos das súas vidas como é a actividade cultural e literaria que des- envolven os dous persoeiros coincidindo coa súa residencia en Madrid. É notoria e perfectamente evi- denciable a nada que se afonde un pouco nas hemerotecas do momento, do papel que xoga Manuel Curros Enríquez na súa relación coa “intelligentia” galga asentada en Madrid, no proceso de creación do colectivo ‘Galicia literaria’ con Vesteiro Torres, os irmáns Muruais, etc., da súa íntima relación co Centro
Gallego, etc., mentres que tamén é moi evidente a actividade cultural e literaria que desenvolve Celso Emilio Ferreiro na capital madrileña ó seu regreso de Venezuela, xa como responsable da aula de cultura galega do Ateneo de Madrid, xa coa súa participación en tert lias literarias, etc., etc.

Outra das circunstancias que tamén coincide en ámbolos dous e neste caso non se pode atribuír sequera á súa propia implicación nos feitos, senón á receptividade do lector das súas composicións poéticas, é o carácter popular que acadan algúns dos seus poemas e atenta mirada que deles fan diversos compositores musicais contemporáneos seus como José Castro Chané, José Baldomir ou Pascual Veiga no caso de Curros Enríquez, ou Bibiano, Benedicto, Miro Casabella ou Luis Emilio Batallán no caso de Celso Emilio, elevando cancións como “Unha noite na eira do trigo” do primeiro ou “María Soliña” do segundo á categoría de cancións populares asumidas e coñecidas por toda a sociedade galega.

Os dous sofren proceso xudicial por algúns dos seus escritos. Curros, como é coñecido, pola considera- ción de herética do libro Aires da miña terra e Celso Emilio por un artigo publicado na revista Guieiro que a autoridade xudicial considera “inxurioxo para España” e os dous acaban pasando uns días na cadea por dúas circunstancias ben diferentes. No caso de Curros Enríquez por ser denunciado polo seu propio pai como prófugo e no caso de Celso Emilio Ferreiro por unha denuncia formulada na Guerra Civil, estan- do el nun permiso en Celanova, e que o levou a estar tres ou catro días detido no Mosteiro, onde compuxo o poema “Longa noite de pedra” que á larga acabaría dándolle título o coñecido libro.

E por se todo isto fose pouco, nos dous se dá tamén a circunstancia final de que cando ámbo- los dous morren mantiñan unha sección literaria sema- nal nos xornais nos que escribían. Curros Enríquez deixa a medio escribir un artigo con referencias ós Estados Unidos na sección “La Prensa” que mantén no Diario de la Marina e Celso Emilio Ferreiro publica no ABC do día 30 de agosto de 1979 a súa sección “Escrito en gallego” con dúas referencias literarias a Manuel Antonio e a Lorenzo Varela, facéndose eco da publicación de dous libros que afondan nas vidas e nas obras destes dous escritores galegos.

E, xa finalmente, como non podía ser doutro xeito, o falecemento de ámbolos dous provocou unhas gran- des manifestacións de doo, no primeiro dos casos convocando a milleiros de persoas no seu multitudi- nario enterro na cidade da Coruña, unha vez traído o seu cadaleito dende La Habana, e convocando a cen- tos de persoas, o segundo, en Celanova, ó ser traído o seu cadáver dende a cidade de Vigo, onde faleceu o día 31 de agosto de 1979.

Nos dous casos, tamén a súa memoria ten sido lembrada como se merece e a Real Academia Galega dedicoulle no seu momento o Día das Letras Galegas a cada un deles, no caso de Manuel Curros Enríquez no ano 1967 e no ano 1989 –cando se cumpriron dez anos da súa morte– no caso de Celso Emilio Ferreiro.

Deja un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close