Debate Televigo/Localia: resaca electoral municipal 26M, Vigo

https://buff.ly/2HO7gMN

📺 La resaca electoral a análisis por los invitados de VAD. Participan Manuel Pérez, ex-Alcalde con , , ex-Diputado con el , , periodista, y , ex-Diputada en el con el .

Vigo. 29 de maio de 2019

Tertulia de análise das eleccións municipais e o seu resultado en Vigo. Con Miguel Martín, Carme Adán, Manolo Pérez, Jesús Bahíllo, María Xosé Porteiro.

 

Sándalo (La Voz de Galicia. presentación en Compostela)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/05/02/span-langglmaria-xose-porteiro-une-galicia-america-sandalo-seu-regreso-a-novela-span/0003_201905G2P35992.htm?fbclid=IwAR3n-37oJIJYnv8ui0iPpQP9jvEd_Mzv7gBno30Afw1aM1a_LFdkyh_uKeg

«Sándalo», o seu regreso á novela

A escritora pon o foco nas migracións a través da historia compartida dende principios do XIX ata a actualidade

SANDRA ALONSO
MONTSE GARCÍA 
SANTIAGO / LA VOZ 

«Un escritor e lingüista galego díxome un día hai corenta anos que falase da miña experiencia na emigración. Tardei, pero aquí está». É Sándalo, a novela coa que a escritora e xornalista María Xosé Porteiro volve á narrativa dezaoito anos despois da publicación de Covardes. «Se non o fixen antes foi por falla de tempo, non de ganas», afirma.

Sándalo (Galaxia) fala das migracións e percorre case os últimos douscentos anos, desde principios do século XIX ata a actualidade. «A novela empeza en 1823 coa morte do comandante Riego. A partir de aí, empézanse a tecer historias que teñen que ver con guerras, con independencias, con cambios sociais…, que se van dando paralelamente entre Galicia e Cuba. É unha novela que trata de recompoñer a historia común dos nosos pobos e, ao final, o que resolve é unha historia puntual dunha familia», explicou a escritora, que onte presentou o seu novo traballo na Feira do Libro de Santiago acompañada polo presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, e da escritora e filósofa Carme Adán. Neste traballo, a autora mestura feitos e personaxes históricos con partes de ficción total e de persoas correntes.

María Xosé Porteiro explica que en Sándalo «hai moito de mestizaxe e de historia do noso pobo cunha diáspora. É unha historia migratoria moi estudada dende o punto de vista académico e, se cadra, menos divulgada desde o punto de vista da literatura ou da ficción».

A nova novela da escritora e columnista de La Voz de Galicia ten o seu xermolo hai unha década, ao seu regreso de Arxentina e Uruguai: «Alí tiven un reencontro importante co mundo da emigración, que forma parte da miña historia porque fun nena emigrante en Cuba ata os catorce anos. Esta toma de contacto novamente cunha realidade que era tan miña remexeu moitas cousas dentro de min e empecei a facer unha especie de esbozo do que podería ser unha novela na que abordar este tema». Pero tardou case dez anos en poñerse a escribila, aínda que a autora considera que inconscientemente xa a estivo facendo durante todo ese intervalo de tempo. Para Porteiro, influíu de maneira determinante a súa experiencia persoal en Cuba, o que lle permite «incorporar á nosa literatura escenarios históricos menos divulgados». Precisamente, da súa estancia no país caribeño conserva unha caixa de sándalo. Unha novela na que está a súa pegada como xornalista. «Non quixen renunciar a iso, esa é a miña verdade», di.

Premios Primero de Maio 2019, de CCOO para a solidariedade e o traballo social

58675110_10214580793501476_961833947136786432_n.jpg

Onte, 26 de abril, na entrega do premio Primeiro de Maio polo traballo a prol da sociedade e da solidariedade, a compañeira que presentou o acto referiuse a este artigo, como exemplo do traballo de divulgación e activismo que sego a facer no Feminismo. Coa vosa comprensión polo que de egótico poda ter autocitarse, non vou deixar de facelo porque fun a primeira sorprendida ao comprender -nas miñas carnes- o valor da palabra publicada. Este é o artigo que saiu na miña sección de opinión, Habitación propia, en La Voz de Galicia, o 24 de decembro de 2018.

A REVOLUCIÓN FEMINISTA

S08M8075.jpg

Fotografía de Paco Rodríguez para La Voz de Galicia:  https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/12/23/span-langgl-revolucion-feministaspan/00031545605403756163289.htm

MARÍA XOSÉ PORTEIRO 

O 2018 é o ano en que o feminismo chegou para situarse no centro do cambio social pendente. Abriuse, de cheo, o dilema sobre a elección entre feminismo ou barbarie, parafraseando á Rosa Luxemburgo de hai máis dun século.Hoxe aínda hai que explicar por que é preciso decantarse pola defensa da igualdade plena das mulleres, que é a base do ideario feminista.Mesmo é doado escoitar o razoamento de que o feminismo é o mesmo ca o machismo, pero á inversa, denotando unha inxustificable falla de cultura e información, pois ambos son antinómicos de seu.Vaian ao dicionario e confírmeno, se pensan que esta é unha afirmación interesada. Situándonos na asepsia ideolóxica, estamos perante un reclamo social de carácter global, con diferentes intensidades segundo en que partes do mundo se manifesta, pero cunha dirección coincidente no expresado no dicionario: igualdade entre sexos. Tan sinxelo de comprender e tan difícil de aplicar.Moito se leva falado, escrito, estudado e reflexionado polas numerosas e sabias cabezas pensantes desde a filosofía, a socioloxía, as ciencias políticas… e pola acción mobilizadora de organizacións sociais, que levan a denuncia ás rúas, tomadas por multitudes nas efemérides conmemorativas, coma nunca antes se vira.Nin a famosa revolución do 68, se cadra a referencia pacífica mundial máis rechamante dun século onde os grandes cambios se produciron con violencia, tivo un eco tan importante.Entre outras cousas, porque o feminismo ocupou rúas, medios, universidades, centros de traballo, domicilios, familias… nunha onda envolvente que segue a medrar.Só co tempo poderá dimensionarse, posto que agora estamos no vórtice do furacán.

Atreveríame a dicir que nun 95 % somos mulleres quen nos dedicamos a este traballo intelectual e social, e esa é unha chamada de atención cara aos grandes cerebros masculinos -e á súa sensibilidade- que quedan fóra de tan necesaria achega á civilización.Porque diso estamos a falar. Dun avance civilizador, non dun puntual problema social aquí ou acolá.A crueldade e o asañamento con que se está a reaccionar a un pedido impecable dende o punto de vista humanista e democrático denota a ambición do reclamo das mulleres do mundo.Alguén ten que ceder privilexios e iso non será de balde, pero as vítimas están todas no lado das mulleres, e, se con esa evidencia os do outro lado non se sensibilizan, significa que están presentando batalla.Algúns como pistoleiros dunha banda asasina; algúns como cómplices acomodados e instalados no confort do silencio; algúns tentando comprender e empatizar co que está a pasar; e, case todos, remisos a lle chamar polo seu nome ao holocausto feminicida. Ao terrorismo machista. Á misoxinia estrutural que queremos desmontar. Esta é a revolución pendente que non fixo máis que comezar.


58724855_10214580796261545_2624567906570076160_n.jpg59295947_10214580795061515_4251665757844275200_n.jpg

A noticia en La Voz de Galicia:

Los premios Primero de Mayo de CC.OO. han sido especialmente merecidos: para las trabajadoras de elaborados del mar, que arrancaron un convenio digno a su patronal tras años de salarios míseros, y para la periodista y política María Xosé Porteiro, pionera en la defensa de los derechos de las mujeres.

58443460_10156565977218229_8324404612656267264_n.jpg

No Atlántico Diario:

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/mujeres-protagonizan-premio-primeiro-maio/20190426234048704606.html?fbclid=IwAR0JnWZ4-YkvrIdMsG1ejlOMYIWEkBn2TJbpTV5nkj86Zio-fczlWGuPs9o

Atlántico. Vigo.

Las mujeres protagonizan el premio Primeiro de Maio:
Trabajadoras de elaborados del mar de CC OO y María Xosé Porteiro recibieron el galardón por su lucha por los derechos.

2019042623401980449.jpg

La periodista María Xosé Porteiro y las representantes de elaborados del mar, premios de CC OO. La periodista María Xosé Porteiro y las representantes de elaborados del mar, premios de CC OO.

ANA FUENTES. VIGO 26/04/2019 23:40 H.

Las mujeres fueron las protagonistas de los premios que cada año entrega la Unión Comarcal de CC OO de Vigo “Premios Primeiro de Maio ao compromiso social e á solidariedade”.Las trabajadoras de elaborados del Mar y la periodista María Xosé Porteiro fueron las homenajeadas en un acto en el salón de recepciones de Afundación.

Las trabajadoras de elaborados del mar protagonizaron una lucha titánica en el último año por su convenio. El sector estaba integrado en la conserva pero la patronal decidió desvincularse para crear un convenio más precario. Las delegadas y delegados de CC OO de las empresas más importantes del sector en Vigo y Pontevedra apostaron porque el futuro de sus relaciones laborales mejorara y se movilizaron hasta conseguir que el pasado 27 de noviembeo se firmase el convenio.

La otra homenajeada fue María Xosé Porteiro, feminista, política y periodista, trabajó en “El Pueblo Gallego”, “El País”, “La Voz de Galicia”, “Interviu”, “La Calle” o “Tiempo”, Radio Cadena Española en Vigo y Radio Juventud en A Coruña, Cadena Ser, Radio Galega y Radio Líder. Fundadora de la primera Comisión de la Mujer de la Federación de Municipios y Provincias, teniente de alcalde y portavoz del gobierno municipal entre 1987 y 1991. Creó la primera concejalía de género de Galicia, en Vigo, y la primera casa de acogida de mujeres maltratadas, además de promover la primera comisión parlamentaria sobre derechos de las mujeres en el Parlamento de Galicia en 1992 y de participar como conferenciante en la IV Cumbre Mundial de la Mjler, organizada por la ONU en Beijing en 1995.

E no Faro de Vigo: 

https://www.farodevigo.es/economia/2019/04/27/cc-oo-vigo-premia-compromiso/2094570.html?fbclid=IwAR2ptE-9y2Hi7ykT6JTGpTaincP59hc4BxEmwib9FXIikWx7ZkyT9fr8aW0

FARO DE VIGO. Economía

CC OO-Vigo premia el “compromiso social” y “la solidaridad”
27.04.2019 | 01:36
Fotografía Entrega de premios. // J. Lores

cc-oo.jpg

La unión comarcal de CC OO en Vigo entregó ayer sus premios 1º de mayo, con los que quiso reconocer la lucha de las trabajadoras de elaborados del mar -antes dentro del sector de la conserva-y sus delegadas por un convenio digno frente “a la ambición desmesurada” de la patronal del sector y la trayectoria de la periodista y política María Xosé Porteiro en defensa de los derechos de las mujeres.

María Xosé Queizán: amazona (Vivir a galope. EE.XX. 2018)

Veño de ler as memorias de María Xosé Queizán, Vivir a galope, que editou Xerais.
Ao principio sentíame como unha voyeur. Ao remate, sinto que viaxei da súa man pola Historia de Vigo, de Galicia, de Europa e do mundo mundial, e, tamén, como non, pola súa propia historia vital. A súa relación marital é unha parte pequena -en relación coa importancia que os díxome-díxome lle querían dar- procurando, máis unha vez, que a protagonista da súa propia vida e obra, non fose ela. Laméntoo por quen se podía sentir -prematuramente- afectado  por aquilo da fidelidade amistosa ou do lobbi masculino. Non vou dicir que é anecdótico, porque os divorcios non adoitan selo, pero, aconsello que non vos quededes aí.
Algúns comentarios máis.
Hai varios relatos que transcorren en paralelo no decurso de más de 700 páxinas. 
– O propiamente biográfico, cronolóxico, con contextos moi acaídos e boa descripción das persoas e situacións que marcan as súas lembranzas.
– O reflexivo, diría que case filosófico, que agroma inesperadamente en momentos que levan a autora a compartir emocións, descubertas, sabiduría, propias de quen mira cara atrás con curiosidade e capacidade de tirar conclusións intelixentes.
– O histórico, onde aparece un Vigo, agochado para quen non vivimos aquí a posguerra, sorprendente e imprescindible. E tamén comparte a súa ollada sobre outros lugares da España ferida que puido coñecer desde que era ben cativa. E sobre a Galicia da que nunca quixo fuxir, que queda retratada sen filtros.
– O cosmopolita, co paso da autora polos lugares onde se marcaba estilo e cambio de era, cando as mulleres da súa xeneración non adoitaban sair ao extranxeiro.
– O libro de viaxes, onde podemos colocarnos na súa pel e ir descubrindo lugares insólitos, porque o seu pasaporte merecería unha performance.
– O amor e a sexualidade, como achádegos e como camiño para a comprensión da propia vida e do mundo.
– O político, onde o feminismo se amosa tal e como é: unha toma de posición revolucionaria. O novo humanismo.
– O literario, no que unha escritora de raza, colócase no lugar que lle corresponde, e denuncia a inxustiza e a cegueira con que varias xeracións de “colegas” quixeron apagar calquera foco que puidese alumear a súa obra, e recrea os por ques das novelas e ensaios que marcan a súa carreira.
– O cultural, en sentido amplo, onde tivo a ver con todas as actividades que marcan fitos no avanzo socializador e mobilizador da acción cultural.
Esta obra ben merece ser traducida e exportada. Espero que Xerais así o vexa e o procure. E reclamo a Real Academia Galega, que, dunha vez, convide a María Xosé Queizán a ocupar unha cadeira para a que atesoura méritos que darían para dez ou doce. Non sei se para sentar nela ou para rexeitala, iso é o de menos. O importante é rachar coa estupidez de querer tapar o sol cun dedo. Polo ben da Academia o digo. A ela, a vida xa lle puxo as maiores medallas.
Parabéns para a autora e para a editorial. Nas posteriores edicións seguramente serán corrixidos mínimos erros temporais ou referencias sen importancia que terei moito gusto en compartir coa autora.

O fulgor de María Xosé Queizán

Tiven a honra de poder falar de María Xosé Queizán na inauguración do seu Fulgor.

INAUGURACIÓN DE FULGOR. Parque de María Xosé Queizán

María Xosé Porteiro

Boas tardes. Estamos aquí para celebrar a María Xosé Queizán, viguesa, ctedrática de Lingua e Literatura galega, da que impartiu clases na súa carreira docente en varios institutos de Vigo. Foi tamén Presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas). Creadora e directora da revista cultural Festa da Palabra Silenciada. Dirixe a colección As Literatas de narradoras en E. Xerais. Creadora e directora do Teatro Popular galego, 1967. Escritora, traductora, conferenciante, socia de honra da AELG…

Traballadora das que traballan toda a vida, e procuradora da excelencia en todo o que fai, hoxe tróuxonos aquí, para tripar este espazo verde onde se dan cita valores coincidentes:

Por unha banda, un lugar con nome propio, o dunha muller senlleira: María Xosé Queizán, co que a nosa cidade quixo facer visible a valorización das mulleres como seres sociais, como cidadás que co seu esforzo contribúen á mellora da colectividade, e, alén diso, á loita pola emancipación e o progreso das súas conxéneres.

Por outra, dun espazo urban que aporta humanidade e natureza á paisaxe de asfalto, ladrillo, actividade industrial e ambiente propio da nosa cidade, tan de seu, tan atractivo e tan duro ao mesmo tempo.

E por outra máis, dun momento onde tanto a cidadanía coma as autoridades que a representan, concordan na idea de recoñecer, agarimar, apertar, a aqueles, a aquelas de entre ás súas, que fixeron e fan tan notable aporte coma o que unha grande figura das nosas letras e do pensamento feminista, supón para a humanidade, e desde este punto do globo que chamamos Galiza.

Porque en María Xosé Queizán coinciden valores que amamos:

A paixón pola súa cidade. É viguesa ata o cerne. Non só porque o diga no seu carné de identidade, senón porque vive e practica a conexión coa súa terra como quen sabe perfectamente que se é cidadá do mundo na medida en que se pertence a algún lugar.

A paixón pola palabra da que fixo e fai unha festa, mesmo para tirar do escuro a toda a palabra silenciada das mulleres, responsable dun fito na historia do feminismo, da investigación e do pensamento, pola súa colección de revistas anuais que durante vinta e oito anos aprofondou e divulgou, coa ollada violeta, aspectos da cultura, da ciencia, e da socioloxía que estarían agachadas para nós, en galego e desde a nosa cosmovisión. E pola palabra narrada, na súa extensísima e notable obra literaria. E pola palabra reflexiva que nos deixa en toda a súa obra de pensamento e ensaio, equiparable ás mellores e máis senlleiras filósofas e feministas. Velaquí o mostrario da súa obra publicada, espero que case toda aquí relacionada:
O secreto da pedra figueira, Amor de tango, A boneca de Blanco Amor, O solpor da cupletista, Ten o seu punto a fresca rosa, ¡Sentinela, alerta!, Meu pai vaite matar, Son noxento, Racionalismo político e literario, Anti natura, Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, Rosalía de Castro e o poder sexual, Cólera, Non o abras como unha flor, a biografía de Emilia Pardo Bazán, Antígona. A cartuxeira. Neutras, A muller en Galicia, A muller galega no ensino, A orella no buraco, Recuperemos as máns, A semellanza, Amantia, Antígona, a forza do sangue, Cantigas, Catro poemas a Rosalía, Despertar das amantes, Escrita da certeza, por un feminismo optimista, Evidencias, Fora de min, Lei do mercado, Metáfora da metáfora, Misoxinia e racismo na obra de Pondal, O ensino público e o legado da ilustración, Porca miseria..

Narrativa, ensaio, poesía, teatro… Non hai pao literario que ella non soubese tocar. Eu debezo, especialmente, polo seu aporte ao pensamento feminista.

E as súas outras moitas paixóns, como a que ten pola xustiza que leva na fronte coma unha estrela. E paixón pola ciencia, porque a ten e a conduce. E pola música, e pola alegría, e pola amizade, e por viaxar sempre coa mochila presta… e por recibir arredor da súa mesa e do seu xeito para nos alimentar, ás amigas que temos o privilexio de compartir momentos inesquecibles ao seu calor. E ao reflexo da súa luz que é fonte de inspiración para nós.

Por iso estamos aquí hoxe, atentas á consolidación do seu Fulgor, do seu resplandor, do seu brillo, do cintilar con que nos ilumina.

Porque desde hoxe, neste parque que Vigo lle dedica, haberá unha luz que nos guíe e nola traia.

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN, HOXE E DESDE SEMPRE: FULGET!

Reseña publicada no blog de Ed. Xerais:

https://blog.xerais.gal/2017/homenaxe-a-maria-xose-queizan-coa-inauguracion-dunha-escultura-no-parque-vigues-que-leva-o-seu-nome/

Faro de Vigo. 8 de novembro de 2017

Fulgor poético para iluminar la ciudad

María Xosé Queizán inaugura una escultura en forma de urna en el parque que lleva su nombre

Queizán, Caballero y Blanco descubren la urna luminosa

Visiblemente emocionada, la escritora viguesa María Xosé Queizán se adentró en el parque que lleva su nombre en la calle GarcíaBarbón para descubrir una brillante urna que desde ayer ilumina todo el jardín. Lo hizo acompañada del alcalde Abel Caballero, la concejala de Igualdad, Juventud y Normalización Lingüística, Uxía Blanco, el artista Juan Salgueiro, la escritora María Xosé Porteiro y decenas de amigos y admiradores. Este nuevo reconocimiento a la escritora olívica por parte del Concello nació tras la desaparición de una piedra grabada en la misma zona verde. “La roca que se llevaron ahora se ha transformado en un gran fulgor poético”, apuntó la artista.

La urna luminosa es una creación del artista Juan Salgueiro, viejo amigo de Queizán. Natural de O Morrazo, el escultor intentó plasmar en su obra todas las directrices que le hizo llegar la homenajeada. “Recogí algunos de sus poemas e imágenes más llamativas y los grabé en cerámica y acero. Lo primordial era que fuera muy visual y creo que lo hemos conseguido”, explicó SalgueiroAl acto acudieron numerosos allegados de la escritora que destacaron, además de su extensa y galardonada obra, su papel como feminista. “Tiene muchos menos reconocimientos de los que se merece. Supongo que nadie es profeta en su tierra, pero María Xosé Queizán hizo mucho por la igualdad entre hombres y mujeres”, relató ayer su amiga Luisa Ocampo, miembro de la Plataforma Feminista Gallega.

En esa misma línea prosiguió Porteiro durante su discurso. La también escritora, que empezó su alocución con una pequeña broma sobre el poco conocimiento que tienen los vigueses acerca del nombre del parque, repasó una a una todas las obras de Queizán, de quien destacó su “impagable” papel feminista.

También Caballero se sumó a las felicitaciones y resumió el acto como un “momento lleno de magia”. “Hoy estamos redescubriendo a una mujer excepcional en todos los ámbitos que uno se puede imaginar”, apuntó el regidor, quien añadió que “la urna marca la fuerte personalidad que tiene Queizán y esta pequeña muestra de su obra ejemplifica su forma de entender la cultura”.

La escritora homenajeada quiso agradecer la presencia de todos sus seres queridos en la puesta de largo de la nueva escultura luminosa. “Cuando le dieron mi nombre a este parque el árbol que hoy nos acompaña y se eleva sobre nuestras cabezas era todavía un pequeño arbusto” comenzó Queizán, que destacó el “idílico” emplazamiento en el que está situado. “No se me ocurre un mejor sitio para dejar una parte de mi legado que junto al Puerto”, apostilló.

Sin embargo, antes quiere realizar algunas acciones en el parque. La más inmediata, siempre con permiso municipal, será la instalación de una serie de bancos para poder reunirse con vecinos e intelectuales y compartir con ellos anécdotas y poemas. “Me gustaría que fuese como los antiguos cafés literarios, aunque estaría al aire libre”, explicó la literata.