Na procura dos cumes

https://luzes.gal/2018/06/30/na-procura-dos-cumes/

Temos un importante clúster editorial en Galiza. Sempre nos parecerá que non é abondo pero non podo deixar de relativizar este pesimismo teimoso cando comparo as cifras doutros países con máis poboación, lingua de seu e capacidade de publicación e venda de libros, en contextos nos que se compite con outra lingua dominante. Non quero cansar con porcentaxes: están ao alcance de quen as queira manexar con sangúguel como convidado permanente na pantalla do ordenador, smartphone, ou máquina semellante de uso continuo. Só quixera abondar na conversa que mantiña hai un par de días cun dos libreiros de máis sona de Galiza, a quen gardarei a identidade para poñelo a cuberto dalgunha reacción non desexable.

Ía eu mercar a recente novela de Manolo Gago e levaba no bolso a última de Ramón Nicolás. Ambas as dúas inscritas no xénero da novela histórica. Ambas as dúas con autores relativamente novos e relativamente maduros. Ambas as dúas de boa factura e lectura grata. Ambas as dúas cun nivel abondo por riba do que se adoitaba publicar hai algúns anos cando todo o monte era ourego. E facendo este comentario na mitade da conversa, sempre cautelosamente por se incorríamos nalgunha inconveniencia, coincidíamos en que algo estaba marchando mellor, malia todo… 

Reconfórtame confirmar a sospeita da elevación do nivel das obras publicadas nestes anos de crise fatal

Facer e demandar literatura en galego ten moito a ver coa nosa subsistencia -tamén coa poética-, e reconfórtame confirmar a sospeita da elevación do nivel das obras publicadas nestes anos de crise fatal. Vexo a expectación que producen novos autores como Pedro Feijóo, Eli Ríos ou Emma Pedreira. A confirmación dos que xa viñan de atrás con calidade recoñecida, como Antonio García Teijeiro ou Marilar Aleixandre. A naturalidade con que autoras coma Inma López Silva ou Ledicia Costas, publican en castelán obras que previamente se lanzan no mercado galego. Literatura abranguente a eidos antes menos explorados: dramaturxia, ensaio, divulgación científica. A inxente cantidade de premios literarios para a lingua galega, algúns con importes que non son frecuentes nin siquera en castelán. A existencia dunha vizosa Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega que organiza tanto unha Gala anual do libro galego, como múltiplas actividades durante todo o ano. A eclosión dos clubes de lectura. A actividade das Feiras do Libro, que cansa só con repasar o almanaque de eventos. A poesía anovada que prende en autoras e autores recén saídas do forno. Pero, sobre todo, vese a calidade. Esa calidade na factura e no plantexamento que vimos atopando como unha constante e que teremos que poñer no frontispicio das boas novas. 

E como unha xa vai velliña e leva na mochila moitas historias para contar, lembro agora unha que vén a conto.  

Andaba eu nunha entrevista que estabamos a facer a Álvaro Cunqueiro o Perozo e mais eu. Sería a finais dos 70, na súa casa da rúa Marqués de Valladares, en Vigo. Seica eramos dos poucos que se atrevían a ter unha relación frecuente cun autor estigmatizado pola esquerda por razóns históricas que ninguén vai negar, pero a quen teño por unha cimeira das letras ibéricas de todos os tempos. Desde a súa autoridade, poño en valor a resposta que nos deu a unha pregunta típica e tópica naqueles anos en que o galego comezaba un novo rexurdimento: 

-E por que pensa vostede que non se dá publicado unha novela longa -e de calidade-, en galego?. 

Precisou moi pouco tempo para respostar. Non lembro a literalidade pero si o sentido.

-Porque para que un monte resulte elevado, sobresaínte, precisa estar no medio de moitos outros máis pequenos. Só cando haxa moita produción en galego aparecerán cumes que se significarán sobre o resto. 

É dicir, que onde non hai cantidade é difícil que agrome a calidade. E así é. Ou a min, parécemo.

Mesa redonda Muller e Literatura. Andaina, 28 de abril de 198.?

Haz clic para acceder a Muller%20e%20literatura.pdf

Mesa redonda moderada por min, con María Xosé Queizán, Carme Blanco, Camiño Noia e Margarita Ledo.

Recomendo darlle un repaso. É unha peza histórica e ten o seu aquel… É de principios dos anos 80 pero non conseguí asegurar a data, máis alá de que foi un 28 de abril.

El voto, ni rogado, ni regalado

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/06/29/voto-rogado-regalado/0003_201806G29P12994.htm

La Voz de Galicia. Opinión. Habitación propia
MARÍA XOSÉ PORTEIRO 

Si bien la anulación del voto desde el exterior para elecciones municipales no precisó de demasiadas explicaciones -era obvio que no tenía sentido-, las dificultades para hacerlo en autonómicas o generales, mediante voto rogado, produjeron el desestimiento y el enfado de quienes siguen vinculados a su patria, bien por nacimiento o por adquisición de la nacionalidad prevista por el Estatuto de la ciudadanía española en el exterior que promovió el primer Gobierno de Zapatero. Galicia computa una población de 2.701.848 personas, de las cuales 446.269 residen en el exterior y pueden votar. Comparado con los datos de toda España, donde hay 2.305.030 votantes expatriados para para una población de 45.858.230, se hace incomprensible que este asunto esté fuera de nuestra agenda política -y del interés ciudadano- porque su opinión puede marcar un vuelco electoral, o consolidar el continuismo. El actual censo de residentes en el exterior es el más alto que se recuerda: 16 % del electorado gallego, si bien tanta abundancia no se correspondió con la participación en las últimas convocatorias. En el caso de Argentina, sólamente lo utilizó el 3,6 % de los 156.887 censados, debido a las limitaciones impuestas por el voto rogado, un trámite burocrático farragoso y desmotivador que dificulta el ejercicio de este derecho constitucional.

Consuelo Rumí, secretaria de estado de Asuntos migratorios a la sazón, vuelve a estar al frente de un departamento con tamaña incidencia sobre Galicia. En su haber tiene la instauración del procedimiento que habilitó a hijos y nietos a solicitar la nacionalidad. Dos días después de su toma de posesión el viernes pasado, como parte del equipo del Ministerio de Trabajo, tuvo su primera actuación en el plenario del Consejo General de la Emigración celebrado en Madrid los días 25 y 26 de este mes. El orden del día venía marcado por las anteriores autoridades nombradas por el Partido Popular y la noticia está en el cambio de menú auspiciado por quienes durante los últimos siete años no hicieron nada por revertir esta situación y, sólo dos días después del nombramiento de la responsable socialista, se lanzaron en tromba a reclamar todo lo que ellos mismos habían deshecho. Es una obviedad que el ruego del voto fue una mala decisión y no sorprende que su derogación fuera el primer anuncio público del ministro de Exteriores. Es, también, la voluntad expresada por todos los grupos políticos en el Senado. Y es, además, una reivindicación lógica y asumible, sobre todo para pueblos como el nuestro, acostumbrado a la fractura de la emigración pero también capaces de superarla con medidas creativas y compensatorias. Sería de agradecer que la Xunta estableciera un pacto de no agresión en esta materia por el bien de todos. Los votos ni se compran, ni se venden, ni se ruegan.

Hai dúas Galicias que precisan conexión

globalizagif.gif
Xa temos na web do INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL (IGADI) o Informe: Nós No Mundo 2017-2018. Noticia en: http://www.igadi.org/web/noticias/xa-disponible-o-informe-anual-da-accion-exterior-de-galicia-2017-2018-nos-no-mundo-we-in-the-world-a-paradiplomacia (Informe en: igadi_wete43324intheworld_2018 (3).pdf)

A miña colaboración podedes atopala na páxina 27, pero pásovola deseguido:

IGADI. 27/06/18. María Xosé Porteiro. Xornalista e antiga delegada da Xunta de Galicia no exterior 2007/2009

HAI DÚAS GALICIAS QUE PRECISAN CONEXIÓN

  • Centros Galegos, a Patria simbólica.

Montevideo, La Habana e Buenos Aires son as capitais nas que Galicia tivo os mellores Centros Galegos na historia da nosa Diáspora. Os tres, que albergaron edificios co mesmo nome e espíritu: “Centro Galego de…” foron considerados dos mellores da súa época, nomeadamente o de Cuba que é, arquitectonicamente, o máis notable. Foi tamén o primeiro dos que perdeu a nosa colectividade por serlle expropiado polo goberno revolucionario en 1961, sen que se dese calquera clase de reclamo -nin daquela, nin despois- polo patrimonio perdido para Galicia. O de Buenos Aires está a piques de ser vendido para resolver a débeda millonaria que a entidade ten co fisco arxentino e o de Montevideo segue funcionando sen demasiados atrancos.

É ben certo que o caso arxentino ten a engádega da existencia dun Hospital que foi dos mellores do país ata cair nunha ruina case absoluta, tamén pola propia lexislación arxentina e o seu sistema mutualista diferente do español e co que tivo de convivir. Xa se verá que acontece, tanto co edificio, ubicado nun lugar céntrico e revalorizado urbanisticamente, coma coas súas impresionantes biblioteca, pinacoteca, teatro e hospital. Estáse debatendo a fórmula para resolver a débeda en negociacións entre o goberno arxentino e a sociedade que aínda conta con máis de 4.000 membros. O Consello da Cultura e varios intelectuais do país teñen reclamado que se protexa a herdanza que xeracións de emigrantes deixaron para as vindeiras e que agora poden pasar a ser obxecto de especulación por intereses moi diferentes ao estrictamente cultural e identitario. Pero iso será obxecto doutra análise posterior cando os feitos desvelen a verdadeira situación e se podan considerar as súas causas e valorar as solucións procuradas, se as houber.                               

Sirva o caso do Centro Galego de Buenos Aires como ponto de partida para unha reflexión sobre a patria simbólica que a Diáspora construíu alá onde foi. Un dos laios máis frecuentes entre quen adoecen pola posible venda a unha Fundación arxentina, é que alí morreron os seus devanceiros, ou que alí naceron eles, coma se fose unha traslación da terra galega orixinaria a dez mil quilómetros, mar por medio. Ese sentimento de pertenza vai más alá de ter un lugar determinado para recibir asistencia médica, ou para celebrar o día do Apóstolo; transmítese de xeración en xeración, pero non tivo a valoración sociolóxica, política ou económica que debera por parte da Galicia territorial, onde a emigración deixou de ser algo de que ocuparse por parte da maioría da poboación que a veu coma unha excusa política para procurar apoios electorais máis que como algo co que establecer un auténtico vínculo afectivo e recíproco.

Estamos nuns intres en que se vai poñer a proba a saúde da relación entre estas dúas Galicias polo propósito da Xunta de que se veñan para aquí persoas xóvenes, nadas na emigración, din que para que manteñan o contacto coa terra orixinaria, pero máis ben semella que pola necesidade de frear o alarmante e imparable desgaste demográfico.

  • Galicia territorial, a Patria real.

O Instituto Galego de Estatística asegura que nos seguintes quince anos teremos un cuarto de millón de habitantes menos: o dez por cento da poboación actual. Somos unha das rexións europeas con maiores niveis de envellecemento e peores taxas de natalidade e mortalidade. Se a eses 245.000 habitantes se suman os 132.000 que xa se perderon nos quince anos anteriores, chegaremos a 2031 con medio millón de habitantes menos que no comezo deste século cun ritmo de perda media de 35 por día.

É o chamado inverno demográfico galego no que inflúe a reducción nun 50% da taxa de fecundidade respecto a 1975; que hoxe, un de cada catro galegos teña máis de 65 anos; que só o 15% teñan menos de 20, e que a idade media dos residentes nas dúas terceiras partes do país supera os 50. Isto conleva un elevado gasto en pensións (temos as máis baixas) onde son pensionistas o 35,3% da poboación. Sumado ao paro sistémico e a caída das cotizacións, o déficit público xa sobrepasa os 400 millóns de euros ao mes. 

Esta fotografía da situación dáse a volta no exterior onde os nacementos en 2016 aumentaron en máis de oito mil persoas. Non se poden computar como emigrantes porque naceron fóra e foron inscritos no Padrón de residentes no estranxeiro como permite a Lei de Memoria Histórica. Nese ano eran máis os nados na diáspora: 358.374, ca os nados en Galiza: 153.456. 

A Xunta ven de presentar a Estratexia Retorna 2020, dirixida aos galegos menores de 45 años que viven no extranxeiro, con iniciativas sociais, informativas, educativas e -aseguran- laborais e de emprendemento, para animalos a instalarse en Galicia. Do total de galegos residentes  fóra, 7 de cada 10 xa naceron na diáspora, e a Xunta defende esta estratexia “para reforzar os vínculos coa terra dos seus devanceiros” como un obxectivo fundamental da súa política, pero non fai nada para conservar os que se crearon nos países de acollida, como o caso de Buenos Aires deixa ás claras.

  • Estratexia para a conexión

Apréciase a existencia disociada entre dúas Galicias, cada vez máis afastadas. Esta proposta da Xunta constrúese en base a unha media verdade porque de novo Galicia -parafraseando a Rosalía- sen homes -nen mulleres- queda, que a poidan traballar, e é ante esa evidencia que se poñen os ollos nas vizosas novas xeracións arxentinas, uruguaias, suizas ou británicas, con argumentos emocionais e expectativas difíciles de cumprir para motivar un retorno. Os antecedentes non traen boas lembranzas. Cando a crise arxentina do corralito, ou cando Uruguay pasou por dificultades maiores, milleiros de galegos con dobre nacionalidade, ou en condición de tela, non atoparon facilidades para vir á terra dos seus devanceiros. Agora pode ser tarde, sobre de todo, porque a información flúe e coñécense ben o desemprego e o desmantelamento do estado do benestar nesta beira do Atlántico. Doutra banda, na proposta de retorno utilizada pola Xunta, confírmase a confusión con que se aborda a cuestión: só retorna quen antes marchou… 

Esta medida “in extremis” revela a falla de comprensión coa que desde aquí se pensa nos de alá. Moitas veces, mera carne de canón electoral. Outras, anécdotas para ilustrar algunha crónica xornalística. Poucas, para facer un auténtico esforzo e debuxar o mapa do talento galego producido pola binacionalidade e as vantaxes da dupla oportunidade de pertencer a dúas culturas e poder desenvolverse en calquera delas. Porque o que non se parece disposto a corrixir é a outra realidade do éxodo constante e crecente de mocidade migrante nunha nova diáspora económica que expulsa masivamente a rapaces formados nas universidades galegas, con boa preparación e coñecemento de idiomas, que non dubidaron en procurar traballo onde fose. 

Somos un pobo dado ao esquecemento por moita saudade que levemoso nos xens. Só así se entende o desleixo con que tratamos a tanto talento cultivado no exterior, e que sigamos a consentir esta nova perda de cerebros e brazos dispoñibles para construir un futuro no que Galicia deixe de expulsar e perder poboación, por activa ou por pasiva.

Vaian dous exemplos, un histórico, outro actual. O único Premio Nobel da Paz español, é un galego nado en Buenos Aires en 1931, de pai cambadés, con doble nacionalidade, que non aparece nas listas oficiais. En Alfredo Pérez Esquivel personifícase até que punto se omite ao noso mellor patrimonio humán. Ou recentemente, a científica Sonia Villapol que con 41 anos leva tres como profesora na universidade de Georgetown, tras colaborar co Instituto Nacional da Saúde e co Centro de Neurociencias e Medicina Resenerativa dos EEUU; antes foi investigadora no Centre National de la Recherche Scintifique (CNRS) na Universidade Pierre et Marie Curie e no INSERM, en París. Licenciada en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía, cum laude na súa tese sobre os mecanismos da morte celular no cerebro, é un dos nosos moitos talentos fuxidos para quen non hai estratexias de retorno.

Bótanse as nasas nas augas do que antes se chamaba, sen eufemismos, emigración, porque a situación é desesperada e a Xunta non sabe como frear o declive demográfico que ven dado, entre outras razóns, polas escasas expectativas para permanecer aquí e afrontar a aventura de construir unha vida profesional e familiar.
Nun recente Manifesto Galego pola Ciencia, unha vintena de investigadores denuncian a situación que os levou ata centros extranxeiros de primeiro nivel, lonxe da terra na que estudaron e para a que quererían traballar, porque é imposible desligar o desenvolvemento socioeconómico e cultural dun país, dos seus avances en ciencia e tecnoloxía. Necesítase unha estratexia a longo prazo para crear un sistema científico sólido e para xerar riqueza e benestar económico e social”. 

Así se construiría a patria real. A imaxinada está máis perto da antiga diáspora na que se xustifica a Estratexia Retorna 2020pero ambas as dúas precisan ser contempladas. Haberá que aproveitar o mellor de cada caso co obxectivo de que non haxa motivos para fuxir e que segan a existir razóns para recuperar as raíces do pasado.

El voto, ni rogado, ni regalado.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/06/29/voto-rogado-regalado/0003_201806G29P12994.htm

MARÍA XOSÉ PORTEIRO 

Si bien la anulación del voto desde el exterior para elecciones municipales no precisó de demasiadas explicaciones -era obvio que no tenía sentido-, las dificultades para hacerlo en autonómicas o generales, mediante voto rogado, produjeron el desestimiento y el enfado de quienes siguen vinculados a su patria, bien por nacimiento o por adquisición de la nacionalidad prevista por el Estatuto de la ciudadanía española en el exterior que promovió el primer Gobierno de Zapatero. Galicia computa una población de 2.701.848 personas, de las cuales 446.269 residen en el exterior y pueden votar. Comparado con los datos de toda España, donde hay 2.305.030 votantes expatriados para para una población de 45.858.230, se hace incomprensible que este asunto esté fuera de nuestra agenda política -y del interés ciudadano- porque su opinión puede marcar un vuelco electoral, o consolidar el continuismo. El actual censo de residentes en el exterior es el más alto que se recuerda: 16 % del electorado gallego, si bien tanta abundancia no se correspondió con la participación en las últimas convocatorias. En el caso de Argentina, sólamente lo utilizó el 3,6 % de los 156.887 censados, debido a las limitaciones impuestas por el voto rogado, un trámite burocrático farragoso y desmotivador que dificulta el ejercicio de este derecho constitucional.

Consuelo Rumí, secretaria de estado de Asuntos migratorios a la sazón, vuelve a estar al frente de un departamento con tamaña incidencia sobre Galicia. En su haber tiene la instauración del procedimiento que habilitó a hijos y nietos a solicitar la nacionalidad. Dos días después de su toma de posesión el viernes pasado, como parte del equipo del Ministerio de Trabajo, tuvo su primera actuación en el plenario del Consejo General de la Emigración celebrado en Madrid los días 25 y 26 de este mes. El orden del día venía marcado por las anteriores autoridades nombradas por el Partido Popular y la noticia está en el cambio de menú auspiciado por quienes durante los últimos siete años no hicieron nada por revertir esta situación y, sólo dos días después del nombramiento de la responsable socialista, se lanzaron en tromba a reclamar todo lo que ellos mismos habían deshecho. Es una obviedad que el ruego del voto fue una mala decisión y no sorprende que su derogación fuera el primer anuncio público del ministro de Exteriores. Es, también, la voluntad expresada por todos los grupos políticos en el Senado. Y es, además, una reivindicación lógica y asumible, sobre todo para pueblos como el nuestro, acostumbrado a la fractura de la emigración pero también capaces de superarla con medidas creativas y compensatorias. Sería de agradecer que la Xunta estableciera un pacto de no agresión en esta materia por el bien de todos. Los votos ni se compran, ni se venden, ni se ruegan.

ADVERTISE

Libres para celebrar el San Fermín

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/06/23/libres-celebrar-san-fermin/0003_201806G23P19991.htm

MARÍA XOSÉ PORTEIRO 

Nueve años de cárcel por abuso sexual para cinco cachalotes convencidos de su heroicidad por haber sometido, vejado y violado (esto lo digo yo, y media España también), a una muchacha que se habrá arrepentido ya mil veces por haberlos denunciado son motivo sobrado para presuponer que, si salen de prisión, intentarán huir. Nunca se arrepintieron y desde la cárcel justificaron y mitificaron su faena.

Pero «no hay riesgo de fuga» para los magistrados de la Audiencia Provincial de Navarra Ricardo González y Raquel Fernandino, que accedieron a las peticiones de la defensa. Solo votó en contra el presidente del tribunal, José Francisco Cobo. La sentencia condenatoria implicaba nueve años de cárcel y, pasados dos años de prisión preventiva y pendientes de dilucidarse recursos que podrían ampliar la condena, o reducirla, han accedido a dejarlos en libertad provisional.

La gran incógnita está en el motivo del cambio de opinión de la única mujer del jurado. El otro magistrado ya se había retratado con un voto particular que pasará a los anales de la glorificación del machismo judicial.

El debate social se situó en aquel momento en la tibieza de la determinación del delito, no en si lo hubo o no. Abuso sexual en lugar de agresión (violación), pero delito suficientemente demostrado, según la opinión de la mayoría que emitió la sentencia. Esta vuelta de tuerca es una ofensa a la inteligencia y una demostración de poder que sitúa a esta manifestación judicial en las antípodas de la justicia.

Suena a regodeo cuando dicen que los cinco no podrán ir por Madrid, donde vive la joven denunciante. Cómo si hubiera sido allí donde le machacaron la vida. Quedan libres para hacer lo mismo dentro de unos días en un nuevo San Fermín, a donde nadie les impedirá acudir a celebrar su hazaña.

Que nadie se extrañe si alguien reconoce a estos delincuentes en la calle y les dice un par de cositas como que han cometido un crimen, que son un peligro para la convivencia y, sobre todo, que no pueden convertirse en un modelo de comportamiento para otros jóvenes que lleguen a creerse con derecho a hacer lo mismo que ellos.

Lo digo, porque cuando escribo estas líneas estoy tomando un café tempranero en un bar de un barrio de Madrid. A mi lado, tres obreros -que están colocando una ascensor en el inmueble contiguo- atienden, como yo, a la noticia que revienta la pantalla del televisor, cariacontecidos. Uno de ellos se levanta, da un puñetazo que hace temblar la mesa y con gesto crispado avisa: «Por mi hija, que tiene 13 años, como los pille, me van a escuchar».

Soy la única mujer en el local, pero siento que compartimos el mismo duelo, el mismo dolor, la misma incredulidad. Y me preocupo, seriamente. Son ganas de alimentar la crispación

A #festadaQueizán: moito por celebrar, moito para lembrar

https://luzes.gal/2018/06/15/a-festadaqueizan-moito-por-celebrar-moito-para-lembrar/

O pasado sábado 9 de xuño as feministas galegas fixemos unha festa de alegría e irmandade arredor dunha figura de referencia. Foi en Alcabre (Vigo) onde nos reunimos cento cincuenta mulleres de diferentes xeracións e tendencias, co nexo en común da admiración e o afecto cara á nosa erudita polígrafa, figura senlleira das letras galegas e do pensamento feminista internacional. Xa saben vostedes que falo de María Xosé Queizán, que ten, por riba de tan grosos calificativos, unha enorme humanidade e vontade de compartir o que foi aprendendo na súa longa pescuda filosófica e científica. Será por iso que a súa «parroquia», logo dun tempo que semellaba estantía, non deixa de medrar. E será por iso, daquela, que temos necesidade de facerllo saber e de contarllo ao mundo enteiro para que se sume, porque quedan moitas mullerenaxes pendentes para ela. 

A do 9 de xuño foi a inicial dunha nova xeira na que esperamos que se abran as portas do recoñecemento para a intelectual e para a amiga. Se alguén quedou con gañas de acudir a Vigo e non puido (porque foi unha convocatoria entre amigas e seguro que nos esquecemos de facer chegar o aviso algo máis alá de nós mesmas, e, ademais, precisabamos gardar o segredo porque se trataba de darlle unha sorpresa -e sorpendentemente, conseguíuse!-; ou porque foi pensada para mulleres e sei que algún amigo quedou amolado por non poder asistir; ou tamén, porque o prezo era algo elevado para quen poden ter outras urxencias, pero no custe ía incluído o agasallo e toda a produción: a megafonía, o programa, o audiovisual…), repito, se alguén quedou con mágoa por non ter participado, estades a tempo. Non vos cortedes porque daquí en diante, cantas convocatorias nazan desde colectivos -ou xuntanza de individualidades- seguro que serán benvidas pola sempre afectuosa escritora, e aplaudidas polas súas amigas e admiradoras. E se nesa extensa nómina non son eu quen de establecer diferenzas, non vou deixar de citar a Amanda Alvarez, Ana Romaní, Camiño Noia, Inma Rodríguez, Sabela Mouriz, Pili Abreu e Anxeles Castiñeiras, que tiveron a idea e funcionaron durante catro meses coma un perfecto equipo de produción para que todo saíse marabillosamente. A elas, o recoñecemento de todas as que fomos só a disfrutar, porque sen elas, nada do que aquí se falou sería posible. E estou certa de que tamén terán o recoñecemento da cidadanía toda porque quen sabe honrar, honra merece.

En fin… porque isto non pretende ser a crónica da festa sorpresa -a partir de agora bautizada por María Bragado nestas mesmas páxinas da Luzes-virtual como #festadaQueizán- prescindo do relato de todo o que alí aconteceu e do glosario das que alí cantaron, falaron, presentaron, aplaudiron e brillaron. Pero podedes acreditar que eramos moitas, moi festeiras, moi diversas, moi cómplices co estabamos a facer e, aviso, con gañas de repetir.

*A foto que ilustra esta entrada é de Rexina Vega.