…e canta con ela

E seguindo co anterior, pásovos o video que me enviou a miña amiga Verónica Torres. Emitiuno a TVG e vai sobre Dolores Castiñeira, unha galega que vive en Mar del Plata desde hai máis de sesenta anos. Trouxo a maleta chea de cancións e resulta moi emocionante escoitala.

Tamén no blog de Miguel Monzón atopades unha reportaxe, preciosa, que fixo sobre ela.

Non vola perdades.

http://www.crtv.es/TVGacarta/?prog=7

Baila conmigo…

A MIÑA FILLA, LLERENA

No medio de tantas noticias negativas e da CRISE que nos invade, recoméndoche ver  este video de xente bailando en todo o mundo. É refrescante e nos lembra que a maioría das cousas fermosas e gratas da vida están dentro de nós mesmos.

Envióumo a miña filla Llerena, de quen publico a súa foto, que está tan lonxe (12.000 Km) e a quen tanto boto de menos. Gracias linda.

 http://antwrp.gsfc.nasa.gov/apod/ap080722.html/

 

 

SALVARNOS

SEVERN SUZUKI

Severn Suzuki

 Esta muller nova, canadiense, é unha prestixiosa loitadora polo medio ambiente. Estes días recibín un documento precioso que nola envía facendo un discurso perante a ONU cando tiña só dez anos no Cumio da Terra que tivo lugar en Río de Janeiro en 1992.

Con 9 anos comenzou a crear un grupo con tres amigas coas que xuntou cartos para poder asistir a reunión ECO 92 de Río de Janeiro. O seu discurso foi o máis contundente e verdadeiro escoitado nunca naquela sede onde se reúnen máis de 180 países.

Hoxendía é membro activo do panel consultivo especial sobre medio ambiente da ONU e ten intervido en múltiples reunión en todo o mundo para defender a importancia de redefinir os nosos valores, de concientizar e de escoitar aos máis novos. Fundou un portal en Internet que incentiva á mocidade a falar sobre o seu futuro e a adoptar un xeito de vida sustentabel:  projecto Skyfish,

http://mx.youtube.com/watch?v=DLV6jaZFLro&feature=related

 

 

 

 

Nós Mesmos en Mar del Plata

inauguración de Nós Mesmos en Mar del Plata 

Na foto estamos, de esquerda a dereita, Vero, de Echando Raíces, o presidente do Centro Galego de Mar del Plata, Luis, da Secretaría Xeral de Emigración, o Vicecónsul de España, unha servidora, Miguel, de Kalailía, e Emilia, do Consello da Cultura.

Desde o mércores 18 e ata o venres 28 de febreiro, pode visitarse en Mar del Plata, no Torreón, a exposición elaborada polo Consello de Cultura e máis a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, denominada NOS MESMOS, que recolle a historia do asociacionismo dos galegos no mundo no decurso dun século e medio. En verdade, é a historia da emigración galega, dos países aos que chegamos, dos centros e asociacións que creamos, do pasado e do presente. A emigración xa non se conxuga en tempo futuro, pero é unha parte inesquecible de nós, o pobo galego.

Para a súa estadía en Mar del Plata, tivemos a colaboración do grupo de mozos galegos “Echando Raíces” e da formación musical marplatense “Kalaikía”.

Abaixo tedes imaxes do público que asistíu a este acto, que foi festivo e con actuación musical de Dolores, veterana da colectividade que cantou en galego un tema que nos fixo chorar a todos: Dúas Patrias.

 nos-mesmos-2.jpg

Crisis

einstein bicicleta

LA CRISIS, SEGÚN EINSTEIN

No pretendamos que las cosas cambien si siempre hacemos lo mismo.  

La crisis es la mejor bendición que puede sucederle a personas y países porque la crisis trae progresos.

La creatividad nace de la angustia como el día nace de la noche.

Es en la crisis donde nacen la inventiva, los descubrimientos y las grandes estrategias.

Quien supera la crisis se supera a sí mismo sin quedar “superado”. 

Quien atribuye a la crisis sus fracasos y penurias, violenta su propio talento y respeta más a los problemas que a las soluciones.

La verdadera crisis es la crisis de la incompetencia.

El problema de las personas y los países es la pereza para encontrar salidas y soluciones.  

Sin crisis no hay desafíos, sin desafíos la vida es una rutina, una lenta agonía. Sin crisis no hay méritos.

Es en la crisis donde aflora lo mejor de cada uno porque sin crisis todo viento es caricia.

Hablar de crisis es promoverla y callar en la  crisis es exaltar al conformismo.

En vez de esto, trabajemos duro.

Acabemos de una vez con la única crisis amenazadora: la tragedia de no querer luchar por superarla.

 

O PRESIDENTE TOURIÑO EN BOS AIRES O 7 DE FEBREIRO

EPT

O sábado 7 de febreiro, as 5 da tarde, nos salones de La Rural de Palermo, en Av. Sarmiento 2704, de Buenos Aires, Emilio Pérez Touriño,  actual Presidente de la Xunta de Galicia e candidato á reelección polo PSdeG-PSOE, manterá un encontro cos galegos e galegas de Arxentina.

Touriño manifestou nunha recente entrevista no informativo Crónica de Galicia en Radio Nacional de España (RNE) que esta lexislatura estivo baseada na “concertación e no diálogo” e “na vontade de apoiarnos en todo o que nos une e deixar atrás o que nos separa”

“Foi o Goberno galego que tivo máis iniciativa lexislativa na súa historia de autonomía, 53 leis”, lembrou e asegurou que para facer fronte á crise crearanse 40.000 empregos grazas a un volume de 2.000 millóns de euros en obra pública. Manifestou ter “plena seguridade” de que o financiamento autonómico dará a Galicia “máis recursos dos que tiñamos” e subliñou que as linguas deben servir para “unir aos pobos, nunca para separalos”. Explicou que o Goberno galego está a desenvolver medidas para que os mozos saian do sistema público de ensino dominando o inglés.

Sigue leyendo “O PRESIDENTE TOURIÑO EN BOS AIRES O 7 DE FEBREIRO”