Comentario crítico sobre Sándalo no Faro de Vigo, de Francisco Martínez Bouzas.

No suplemento cultural do Faro de Vigo, Faro das Letras, do 20 de xuño pasado,  Francisco Martínez Bouzas publicaba este comentario crítico sobre a miña novela Sándalo. Quedo agradecida.

64718399_1735584696575505_1828569522974490624_n.jpg

Ramón Nicolás presenta Sándalo en Vigo

61310634_10218952980637254_3880344794060292096_n.jpg

A presentación que fixo Ramón Nicolás de Sándalo é algo que nunca poderei esquecer e que agradecerei de por vida. Xeneroso, moi xeneroso, desde a súa autoridade como coñecedor do ecosistema literario, no que participa como analista e como autor, gozo compartíndoa (co seu permiso):

PRESENTACIÓN DE SÁNDALO, DE Mª X. PORTEIRO, 30-maio-2019. LIBRARÍA CARTABÓN

Boa tarde.

Contra o final deste libro a voz narradora afirma, literalmente, “o destino ten meandros caprichosos e non sempre se conforma co cobro da débeda kármica”.

Quedei moi sorprendido con esta aseveración; máis que sorprendido nun estado de certa confusión. Sabía, este pasado domingo, que debía de estar aquí, hoxe, a esta hora, porque antes de ler o libro xa lle confirmara a miña presenza a María Xosé Porteiro, pero volvín aos meandros caprichosos do destino pois o da débeda kármica as lectoras e lectoras xa saberán descubrilo. E, en efecto, iso de que o destino flutúa por estes meandros que, abofé, e son antolladizos, volubles e en tantos casos sorprendentes é a mellor maneira que explica a miña presenza hoxe aquí.

A experiencia lectora e os fíos da amizade son os que me unen a María Xosé Porteiro e por iso eu estou tan feliz de acompañala aquí con todos vós. Asociei a María Xosé ao longo de moitos anos a unha voz, unha voz inconfundible, marabillosa, a unha voz limpa, modulada sen impostura, diáfana e directa que coñecía daquela radio que me acompañaba día a día ao longo da miña adolescencia pois a radio sempre veu canda min, e segue a ser un medio informativo tan aditivo que raro é o día que non me acompaña, probablemente menos do que quixera.

Por iso asocio a María Xosé a unha voz e, particularmente, a unha época da miña vida. Ela non o sabe, pero intúeo, que volvín a María Xosé como fonte inestimable de experiencias vividas por Celso Emilio Ferreiro para outros quefaceres, e que por unha ou outra razón sempre seguín o seu percorrido profesional, un itinerario, todo hai que dicilo, comprometido coas causas da muller, do feminismo, do socialismo e de algo que poderiamos denominar como esa crenza nos valores do ser humano, de que este pode ser sempre outra cousa como afirmaba Uxío Novoneyra, de que hai persoas, hai xestos que poden cambiar o rumbo da historia, ou axudar a cambialo.

Hai por volta de un ano animáronme a poñerme en contacto con María Xosé para formularlle a posibilidade de acompañarme na presentación dunha novela. Así fixen, non sen certo apuro pola miña parte e, desde aquela, só debido á súa xenerosidade para alguén que descoñecía, volveu María Xosé, dun ou outro xeito, á miña vid: sentín de novo esa voz moi preto, reveláronse moitas coincidencias, complicidades e perspectivas curiosamente comúns, territoriais e afectivas. Aquel libro do que vos falo tróuxome de agasallo a súa presenza e proximidade, a súa amizade -como a doutra persoa que carrexa desde o seu nome un feixe de luz, e refírome a Luz Darriba, claro é-: para min xa esteos firmes onde sei que sempre haberá unha ollada cómplice ou unha man aberta. Saben elas tamén que é recíproco.

61550968_10214802534204855_4282236153941196800_n.jpg

Dito todo isto, que non debía nin podía ocultar, na invitación ao acto adscríbenme esa etiqueta de crítico literario e como tal debería pronunciarme. Resúltame difícil falar de Sándalo porque nel, e na crítica á fin e ao cabo hai moito de subxectivo aínda que se disfrace de obxectivo, só acado unha lectura fascinante: un verdadeiro tour de force que María Xosé soubo resolver con eficacia e solvencia.

Dígovos todo isto porque Sándalo é unha novela moi ambiciosa, intensa, que absorbe todos os teus sentidos mentres a les, e que cómpre ler con moita atención, mesmo se é cun bolígrafo a man moito mellor. Ambiciosa, por exemplo, porque como entender -e isto si que se pode dicir- un exercicio de ficción, aínda que non só, no que se pretende fundir unha historia, ou múltiples historias, que se dan a man entre Galicia e Cuba nun período que abrangue dous séculos…? Pois a resposta reside en que probablemente só podería levar a cabo unha fazaña así alguén que experimentou e sentiu, coñeceu e viviu a emigración, desde moi diversas perspectivas, como María Xosé…, probablemente só ela é quen de ofrecernos, en menos de catrocentas páxinas, unha viaxe astral, esta si que é unha viaxe astral, que nos conduce con elegancia, tamén con esixencia porque somos lectoras e lectores do século XXI, por acontecementos, historias reais e outras ficcionais, que rescata a memoria común que alenta entre Cuba e Galicia, entre Galicia e Cuba de dous séculos para atrás. Gustoume tamén Sándalo porque eu tamén son fillo de emigrante: un emigrante que enraizou aquí desde o Mediterráneo e que soubo inculcarme a importancia que ten abrazar a cultura do lugar no que naces e no que vives.

A este respecto Sándalo, ademais de incorporar a esencia que debe, ao meu xuízo, gobernar unha novela como é a emoción, e asegúrovos que hai moita emoción nestas páxinas, moitas traizóns, moitos intereses espúreos, moita utopía ás veces tocada suavemente coas puntas dos dedos. A novela, así pois, presenta unha filiación singular a certo memorialismo que, como é natural, aparece filtrado pola María Xosé xornalista… e a min gustoume moito que se mantivese ese pulso, esa tonalidade, que non renunciase á María Xosé que escribe claro, rápido, fluído e ben e que tantas persoas admiramos da súa prosa diseminada en tantas columnas, en tantos artigos de opinión, en tantas reportaxes ou crónicas. Un memorialismo que se peneira para poñerse ao servizo do contexto, da propia historia, da atmosfera que se retrata, de aquí e de aló.
Na novela, como é natural, hai moito da autora, da súa vida persoal talvez, tamén da súa familia e da súa contorna afectiva pero estas son conxecturas que non deben toldar o feito de que estamos ante un exercicio de ficción que entendo como sólido e, ao tempo, alimentado por factores que deseñan aquelas preocupacións ou que focalizan elementos que están na vida da autora e que aquí ofrece a xeito, diría, que de pequena e profunda enciclopedia.

2882f834-5d67-45e5-a0c1-4f8a02d5b755.jpg

De xeito breve, pois non quero estenderme de máis, quería exporvos algunhas claves que pairan, ao meu ver, nesta novela ou cando menos as que a min máis me interesaron:

En primeiro lugar esta é unha novela aberta e reivindicativamente feminista, e non só porque as personaxes que nos levan de aquí a alá sexan mulleres -Rosario, Quina, esa marabillosa Quina que pasa a vida contrariando os hemisferios cerebrais, Lumia, Leonarda, Macorina, Rita, Shana…., saberedes aquí máis de Gertrudis Gómez de Avellaneda, da Pardo Bazán, da sombra de Rosalía ou de Andrea López Chao… Senón porque aquí se transmiten historias realmente conmovedoras que protagonizan mulleres, desde aquelas anónimas que sofren un dobre castigo por seren emigrantes e por seren mulleres, ata aqueloutras que desempeñaron na historia un papel clave ou esoutras que María Xosé rescata do esquecemento, como a responsable de poñer en marcha a asistencia sanitaria para as mulleres emigrantes ou esoutra irmandade, sororidade se se quere, que rescata mulleres enganadas e sometidas á explotación sexual.

En segundo lugar, desde a concepción de que é ou que pode ser unha novela nestes tempos é proposta rabiosamente contemporánea: nela fúndense elementos clásicos da novela de todos os tempos, cunha efectividade pasmosa nas descricións e un acaído dominio do diálogo, cun tratamento integrador de diversos xéneros -hai fragmentos case ensaísticos, outros propios do xénero epistolar, poemas ou letras de cancións que veñen sendo case o mesmo, un diario que axuda a entender tantas cousas, informes políticos clandestinos e mesmo fragmentos claramente debedores dunha visión parateatral e, en ocasión, cinematográfica. E todo isto englobado nunha estrutura verdadeiramente esixente: un ir e vir fragmentario no plano temporal que, con todo, goza de cabal sentido e que resulta, talvez, a única maneira de poder compendiar tantas historias cruzadas como aquí se reparten porque, talvez, a nosa visión da vida, do que ocorre, é tamén así: fragmentaria.

En terceiro lugar, Sándalo fainos transitar pola historia de Cuba e de Galicia case sen decatarnos: saltamos o océano para saber desa relación íntima, casuística, entre homes e mulleres de aquén e alén o océano, que se funden, que se admiran, que ás veces se odian. Por aquí veredes a José Martí e os galegos e galegas que o acompañaron; sentiredes a palabra de Fidel, percibiredes a relevancia das loxas masónicas na política e nos procesos de independencia dos países, andaredes polos camiños da Habana, por Carraguao, pola Calzada del Cerro, pola avenida de Buenos Aires e imaxinaredes o que parece, con permiso de Cartabón, a libraría máis fermosa do mundo chamada “La Moderna Poesía”. Tamén xurdirá un sorprendente, para min, lazo de unión entre os servizos secretos castristas e nós…, pero iso debédelo descubrir vós mesmos.

61372073_10218952783952337_8851021556525039616_n.jpg

En cuarto lugar hai unha presenza destacada do mundo do tren, como símbolo do progreso, xa non só en Curros -onde hai unhas páxinas brillantes sobre o seu paso por Cuba, como tamén as son de Laxeiro, como tamén as que recuperan as figuras de Chao e Villaamil, como tamén son reveladoras aquelas que falan de Triscornia: ese campo de concentración para inmigrantes…, senón na propia illa e no estado español como eu nunca vin en ningunha novela contemporánea.

E en quinto lugar apuntaría á solvencia con que unha documentación verdadeiramente enciclopédica se estiliza nestas páxinas, condénsase, transparéntase ao servizo da historia e da comprensión do que ocorre ou ocorreu. E xa non me refiro só aos acontecementos históricos senón á música que se sente na novela, aos arrecendos, aos sabores… Permitídeme como anécdota que tanto se aprende nela que mesmo descubrín nesta novela a existencia dun tal Ramón Nicolau, pai de Justo Nicolau, que organizou as Brigadas Internacionais de Cuba…, do que terei que seguirlle a pista.

Non sei se esta foi unha novela que María Xosé escribiu para coser feridas, para curar cicatrices, para non deixar por máis tempo ese caudal de experiencias e sabedoría sobre estes dous mundos que simbolizan Cuba e Galicia e que, talvez, de tanto cruzarse parece que non lle outorgamos a relevancia que na realidade teñen… ou talvez a escribiu porque lle apetecía. E fixo ben, fixo moi ben porque nos permite emocionarnos, aprender, sentirnos a gusto cunha historia de historias que avanza coma unha fervenza nese túnel do tempo común porque tamén é unha novela de amor, unha novela que acada ás veces elevadas temperaturas. Eu agradezo moito que a escribira porque con ela aprendín a ver a Cuba doutra maneira, mesmo a vernos a nós mesmos doutra maneira. Só é mérito dela porque enlazar o pasado co presente non é cousa doada e aquí se fixo con tino e acerto.

Comecei cunha cita do libro a miña intervención e remato con outra. Céspedes, un personaxe fundamental na historia de Cuba, dialoga cunha personaxe extraordinaria chamada Lumia e dille: “Somos (…) desa caste de persoas que escollemos viaxar pola utopía até que nos atopamos coa dura realidade, nun percorrido de ilusións e decepcións a partes iguais”. Non me digades a razón pero alguén que idea unha historia como a de Sándalo, alguén que abre unha caixiña de madeira de sándalo sempre recendente e que comparte o que dentro dela hai, significa que pertence a esa caste de persoas tan admirables: a min, por favor, que me leve da súa man. Dixen.

Vigo, 30 de maio de 2019

61563270_10218952787232419_6125890783175245824_n.jpg

AELG: @mxporteiro fala aquí sobre os referentes e lecturas que alimentan a súa obra:

D22z1yTWkAEhDMZ.jpg

https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/maria-xose-porteiro/videoteca/entrevista/2644/2-cales-son-os-referentes-as-lecturas-que-alimentan-a-tua-obra-e-que-circunstancias-biograficas-chas-facilitaron

A miña novela SÁNDALO “Es un homenaje a las miles de personas que emigraron” El Progreso, 24/5/19

https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/es-homenaje-miles-personas-emigraron/201905241812291378190.html

María Xosé Porteiro: “Es un homenaje a las miles de personas que emigraron”

María Xosé Porteiro. EP
 María Xosé Porteiro. EP

La librería Trama acoge este sábado la presentación de ‘Sándalo’, el regreso de la periodista al mundo de la novela

“Nací en Madrid, pero podría haber nacido en Cuba, porque antes de los cuatro años no tengo recuerdos y los primeros que tengo son en el barco que llevaba a Cuba”. María Xosé Porteiro, periodista, política y escritora gallega, buscó en sus raíces, en su propia historia personal, para regresar después de 18 años al mundo de la literatura con ‘Sándalo’, una novela de ficción histórica con la migración como hilo conductor y que presenta este sábado en la librería Trama (12.30 horas) de Lugoacompañada del periodista Martín Fernández Vizoso, la artista Luz Darriba y el director de Galaxia, Francisco Castro.

Sociológica y políticamente, la migración ha formado parte de la trayectoria personal y profesional de Porteiro desde su primer recuerdo. Además de vivir en Cuba hasta los 14 años y ser parte de la revolución, fue delegada de la Xunta en Argentina y Uruguay, ponente del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior, portavoz de Asuntos Exteriores en el Congreso y miembro activo de las asambleas parlamentarias del Consejo de Europa. “Es mi pan nuestro de cada día”, reconoce.

He tenido que transformar a una persona que estaba dentro de mí en un personaje literario

Es por esto, precisamente, por lo ha tardado casi 40 años en corresponder a las palabras de un amigo suyo, escritor y lingüista gallego, que le pidió que escribiera sobre su experiencia en la emigración. “Es cierto que he tardado, pero lo he hecho porque nunca me había puesto en la piel, que realmente es la mía, de una persona que ha pasado por eso”.

Para Porteiro, ha sido un trabajo de distanciamiento que es “complicado de hacer a nivel psicológico”. La autora tuvo que transformar su propia experiencia en Cuba “en un personaje literario, porque no son unas memorias ni una autobiografía, es una novela con la que quiero ayudar, a través de mi experiencia, a que se comprenda y comparta algo que está muy oculto ya y que nadie recuerda, que es la cantidad de miles y miles de gallegos que se fueron en el siglo XIX. ¿Qué pasó con ellos? Algunos murieron, otros se hicieron ricos, otros crearon el mejor centro gallego del mundo. Es mi particular homenaje a todas esas historias”, dice la escritora.

Historias que, según Porteiro, valdrían para escribir mil novelas. “Ahora hay otra ola migratoria; diferente, pero la hay. En los jóvenes que se marchan existe ese desarraigo y ruptura en la mente. Y pueden volver, tienen móvil, pero siguen con ese corazón partido de no saber a dónde pertenecen. Imagínate cuando no se podía volver, cuando no había teléfono, cuando las cartas tardaban cuatro meses en llegar. Hay una gesta heroica de muchísimas personas cuyas vidas merecen ser contadas y homenajeadas”.

En Cuba ningún niño se muere de hambre y todo el mundo tiene posibilidad de acceder a una formación cultural

VIDA “ASEGURADA”. Sus 14 años en Cuba —desde 1956 hasta 1970— le han servido para entender bien una sociedad que, a pesar de las “penurias”, tiene la “vida asegurada”. “Han cuidado mucho la educación, no hay un solo niño que se muera de hambre y además, si te gusta la música o las artes, allí se le da tanto valor como aquí a una ingeniería. Seleccionan a los mejores y, sobre todo, todo el mundo tiene posibilidad de acceder a una formación cultural”, sostiene.

Algo que, si ocurriera en España, “habría muchos más artistas, creadores, de los que hay”. Porque en Cuba, “la música sale de cualquier esquina y nosotros pagamos mucho dinero por pasar unos días en un sitio donde gente vive toda su vida”.

Sándalo no Diario de Ferrol

vía

María Xosé Porteiro

Permítanme un comentario sobre esta periodista e escritora de recoñecida traxectoria, a cal coñecín – inicialmente – na súa etapa de dirixente política. Co transcurso dos tempos, fun o responsable da súa presencia en Ferrol para presentar a que fora a súa primeira novela “Covardes” (hai máis dunha década), que xiraba arredor da vida de mulleres prostituídas en Vigo.
Naquel tempo, tamén fun o responsable de publicar, na revista de Fuco Buxán, un artigo seu sobre violencia de xénero, acompañándoo precisamente da portada daquel libro, que xerou un debate de se a prostitución era ou non violencia contra das mulleres.
Agora, e editado por Galaxia, Porteiro trae unha nova novela: “Sándalo”. Unha historia que percorre douscentos anos de historia, sociedade secretas, política e erotismo. Unha historia que volve a enlazar a Galicia con esa Cuba, que provócanos eses sentimentos tan preto do corazón.

download-11.jpg

Sándalo (La Voz de Galicia. presentación en Compostela)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/05/02/span-langglmaria-xose-porteiro-une-galicia-america-sandalo-seu-regreso-a-novela-span/0003_201905G2P35992.htm?fbclid=IwAR3n-37oJIJYnv8ui0iPpQP9jvEd_Mzv7gBno30Afw1aM1a_LFdkyh_uKeg

«Sándalo», o seu regreso á novela

A escritora pon o foco nas migracións a través da historia compartida dende principios do XIX ata a actualidade

SANDRA ALONSO
MONTSE GARCÍA 
SANTIAGO / LA VOZ 

«Un escritor e lingüista galego díxome un día hai corenta anos que falase da miña experiencia na emigración. Tardei, pero aquí está». É Sándalo, a novela coa que a escritora e xornalista María Xosé Porteiro volve á narrativa dezaoito anos despois da publicación de Covardes. «Se non o fixen antes foi por falla de tempo, non de ganas», afirma.

Sándalo (Galaxia) fala das migracións e percorre case os últimos douscentos anos, desde principios do século XIX ata a actualidade. «A novela empeza en 1823 coa morte do comandante Riego. A partir de aí, empézanse a tecer historias que teñen que ver con guerras, con independencias, con cambios sociais…, que se van dando paralelamente entre Galicia e Cuba. É unha novela que trata de recompoñer a historia común dos nosos pobos e, ao final, o que resolve é unha historia puntual dunha familia», explicou a escritora, que onte presentou o seu novo traballo na Feira do Libro de Santiago acompañada polo presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, e da escritora e filósofa Carme Adán. Neste traballo, a autora mestura feitos e personaxes históricos con partes de ficción total e de persoas correntes.

María Xosé Porteiro explica que en Sándalo «hai moito de mestizaxe e de historia do noso pobo cunha diáspora. É unha historia migratoria moi estudada dende o punto de vista académico e, se cadra, menos divulgada desde o punto de vista da literatura ou da ficción».

A nova novela da escritora e columnista de La Voz de Galicia ten o seu xermolo hai unha década, ao seu regreso de Arxentina e Uruguai: «Alí tiven un reencontro importante co mundo da emigración, que forma parte da miña historia porque fun nena emigrante en Cuba ata os catorce anos. Esta toma de contacto novamente cunha realidade que era tan miña remexeu moitas cousas dentro de min e empecei a facer unha especie de esbozo do que podería ser unha novela na que abordar este tema». Pero tardou case dez anos en poñerse a escribila, aínda que a autora considera que inconscientemente xa a estivo facendo durante todo ese intervalo de tempo. Para Porteiro, influíu de maneira determinante a súa experiencia persoal en Cuba, o que lle permite «incorporar á nosa literatura escenarios históricos menos divulgados». Precisamente, da súa estancia no país caribeño conserva unha caixa de sándalo. Unha novela na que está a súa pegada como xornalista. «Non quixen renunciar a iso, esa é a miña verdade», di.