Foro Aberto, TVG 2, 2/2/15

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/candidatos-do-pp-as-alcaldias-e-remodelacion-do-goberno-feijoo-a-rag-pide-mais-apoio-ao-galego-pp-psoe-contra-o-xihadismo-grecia-na-busca-de-aliados

Candidatos do PP e remodelación do Goberno Feijóo / A RAG pide máis apoio ao galego / PP-PSOE contra o xihadismo / Grecia, na busca de aliados

02/02/2015 – 22:45 h
Programa que conducen Antón Galocha e Encina Ramos. Interveñen a xornalista Mª Xosé Porteiro, o avogado Xoán antón Pérez Lema, o catedrático de Dereito Civil Domingo Bello Janeiro e o profesor e analista internacional Xosé Manuel Estévez-Sáa.

 

Foro Aberto, TVG 2, 9/02/15

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cuarta-remodelacion-da-lexislatura-a-lista-falciani-as-contas-de-monedero-en-defensa-do-galego-mario-vazquez-rana

Cuarta remodelación da lexislatura / A lista Falciani / As contas de Monedero / En defensa do galego / Mario Vázquez Raña

09/02/2015 – 22:45 h

Programa que conducen Antón Galocha e Encina Ramos. Interveñen os xornalistas José Luís Gómez, Cristina Losada e María Xosé Porteiro e o catedrático de Dereito Civil, Domingo Bello Janeiro.

Foro Aberto TVG 2, 16.02.15

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/declaran-os-usuarios-das-tarxetas-black-presion-sobre-podemos-o-psoe-e-psdeg-con-frontes-abertas-ultimato-a-grecia-terrorismo-xihaidista-en-europa

Declaran os usuarios das “tarxetas black” / Presión sobre Podemos / O PSOE e PSdeG, con frontes abertas / Ultimato a Grecia / Terrorismo xihadista en Europa

16/02/2015 – 22:45 h

Programa que conducen Antón Galocha e Encina Ramos. Interveñen os xornalistas José Luís Gómez, María Xosé Porteiro e Antonio Lodeiro e José Manuel Estévez, profesor e analista internacional.

Erradicar la explotación sexual

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2015/02/11/erradicar-explotacion-sexual-objetivo-estado/0003_201502G11P17992.htm

Habitación propia

Erradicar la explotación sexual, objetivo de Estado

11 de febrero de 2015 trata 2Las tres grandes mafias globales que generan mayor volumen de negocio en el mundo son: narcotráfico, trata de personas para su explotación sexual y contrabando de armas. El primero y el último se persiguen de oficio. El tráfico de mujeres y menores para la prostitución, no, pero mueve 1.825 millones de euros al año en España, 25.000 en el mundo y 12 millones de mujeres son víctimas de la trata en 160 países. En nuestro país la mayoría vienen de Rumanía, Colombia, Paraguay o Nigeria.

La prostitución como esclavitud aún se ve con tolerancia o indiferencia; como un asunto privado, pese a estar reconocida desde la Conferencia de Pekín y por organismos internacionales, como ONU-Mujer, como una de las peores manifestaciones de la violencia machista. Pero también nos concierne. La neutralidad en este caso es una forma de complicidad con los criminales.

Por eso digo: ¡Bien por Cosidó! Él no será cómplice.

trata mundo

El anuncio de la lucha contra esta lacra por el procedimiento de disuadir la demanda y que ello sea un «objetivo de Estado» para la Policía Nacional es un acierto, como lo es fijar a Suecia como referencia. En 1999 promulgó una ley que penaliza la compra de servicios sexuales y reconoce a la prostitución como violencia contra quienes son sometidas a ella. Las sanciones van desde una multa hasta seis meses de prisión. En esta ley se tuvo en cuenta algo tan obvio como desapercibido: la oferta solo es viable si existe demanda, por eso la ley sueca culpabiliza al demandante y le hace responsable del delito. Desde su entrada en vigor, la prostitución callejera casi ha desaparecido y la de los locales cerrados ha caído en picado. En la investigación sobre el impacto que ha producido la ley se afirma que desalienta y dificulta la labor de las mafias y que supuso un incremento del estímulo para policías y fiscales a la hora de investigar y perseguir a proxenetas y traficantes.

La prostitución no es el oficio más viejo del mundo, porque para serlo debería ser compatible con la dignidad de su cometido. Sí es una de las formas más antiguas de explotación de seres humanos. Tanto como la esclavitud, con la que comparte el hecho de que para que exista tiene que haber compraventa. Del mismo modo que para que exista corrupción tiene que haber quien corrompa y quien se deje corromper.

trata

SI, CLARO QUE QUEREMOS MÁIS GALEGO!

mil primaveras

https://www.youtube.com/watch?v=KRfREFi3eqk : Dios ke te crew.

Deitado frente ao mar (Celso Emilio Ferreiro)

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…

Celso Emilio Ferreiro (1978): Obra completa, I (Madrid: Akal editor)

SI, CLARO QUE QUEREMOS GALEGO. QUEREMOS MÁIS GALEGO!

A autonomía galega xa ten 34 anos. A principios dos 80 eu traballaba nunha emisora comprometida con Galicia, Radio Popular de Vigo. Fomos unha equipa que deixou pegada: Victor Freixanes, Xosé María García Palmeiro​, eu mesma, entre outr@s… tod@s moi nov@s, pero moi convencid@s de que viviamos un momento histórico. Cando puxen en marcha A Bisbarra, que foi o primeiro informativo diario en galego dunha hora de duración na radiodifusión comercial galega, foi co apoio e o pulo de toda a tropa que andabamos no Círculo Ourensán Vigués inventando os Premios da que hoxe se convertiu na Fundación Premios Da Crítica Galicia​. Fixemos os primeiros discos de contos infantís galegos e en galego para @s nen@s deste noso país moito antes de que se poidese estudar na nosa lingua; era o tempo en que comentabamos, botándolle unha ollada ao futuro, que aínda estaba moi lonxe o día en que se retransmitisen os partidos de fútbol en galego pero que cando iso acontecera, xa teríamos conseguido o máis difícil…

premios da critica

Nin por un soño imaxinabamos que coa consecución dun goberno propio -que fose quen de lexislar desde nós e para nós- a lingua galega ía ser o nexo de conexión entre tódalas forzas políticas e que sería para Galicia unha auténtica “cuestión de Estado” porque iso é o que é nun Estado autonómico que ten Comunidades autónomas de primeira división precisamente polas súas singularidades e razóns históricas e culturais.

lei

O consenso lingüístico da norma que se aprobou en 1983 incorporou o galego ao ensino, permitiu que se crease a CRTVG e todo o sector audiovisual propio que tantas alegrías nos ten dado; deu paso a un sector editorial dos máis interesantes do Estado español, grabáronse multitude de discos que tiveron ao galego como veículo; o teatro en galego chegou para se quedar e se crearon institucións permanentes para o seu apoio coma o Centro Dramático Galego; traducíronse libros importantes para a cultura universal a nosa lingua aínda que, se cadra, a tradución dos nosos segue a ser unha asignatura pendente; e si, hai rap en galego; hai empresas que o utilizan para a súa promoción; hai empresari@s que ven extendido o seu campo de acción e de actividade a tódolos países lusófonos porque van “en galego” e iso é unha porta de entrada que facilita a comunicación e o entendemento…

a miña terra

Pero queremos máis.

As primeiras etapas foron as da discriminación positiva, imprescindibles cando hai que equiparar situacións que conviven nun desequilibrio extremo. Si, igual que acontece co xénero: iguais perante a lei pero desiguais na realidade social. No caso das linguas, ámbalas dúas, castelán e galego, son oficiais pero a primeira estaba a milleiros de kilómetros de distancia da outra, e había que acortar esa diferencia con medidas políticas, como así se fixo.

Pero queremos máis.

Porque nos doe que @s nos@s raparig@s non lles “mole” usar o galego de xeito máis frecuente… Asi e todo eu son optimista porque o nivel de alfabetización e culturización en galego de varias xeracións formadas desde a chegada da autonomía, é o máis elevado da historia do noso pobo. E en algún momento das súas vidas, es@s pequen@s o terán ao seu dispor, e lle apreciarán o valor, e, desde logo, terán a liberdade para facer o que queiran na súa lingua nai se o consideran oportuno, pero non será porque unha dictadura lingüística @s teña afastado dela.

Coido que hai que seguir avanzando. Que hai que volver ao 50% das asignaturas impartidas en galego; coido que hai que reposicionar a lingua nun lugar de mellor visibilización e comodidade para a mocidade; penso que recuperar programas que signifiquen o que no seu día fora o Xabarin Clube tampouco sería nada descabelado; sei que hai moito por facer, pero tamén moito que poñer na balanza no lado positivo. Este país agora parécese máis a aquel co que eu soñei hai trinta anos. Non vexo ao galego en perigo de morte. Si de evolución e iso volve precisar de consenso e políticas públicas que convivan coas actitudes privadas. Esa é a miña conclusión e aquí a quixen compartir.

Porque eu, tamén, QUERO MÁIS GALEGO.

 

https://www.youtube.com/watch?v=pg5dLHef2oc Miña terra galega. Siniestro Total

Os inicios do feminismo español no S. XIX

https://www.youtube.com/watch?v=aYTKPpAnGKQ (enlace á película protagonizada por Blanca Portillo, Concepción Arenal, visitadora de prisiones, na que intervén Ozo Perozo, o meu fillo, como axudante de dirección)
ca todas las cosas

CONCEPCIÓN ARENAL, PIONEIRA FEMINISTA NO SEU TEMPO

É notable unha frase de Concepción Arenal que da boa conta do seu pensamento feminista nos incipientes comezos deste movemento en España: “A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á mitade do xénero humano”. Intentarei contextualizar esta cita e corroborar a afirmación de que ela foi pioneira do feminismo no seu tempo e o seu legado segue vivo, vixente e, mália todo, pouco ou mal coñecido.

Victoria Sau, define ao feminismo coma un movemento social e político que se inicia a finais do século XVIII e que supón a toma de conciencia das mulleres -como grupo ou colectivo humano- da opresión, dominación e explotación de que foron obxecto non seo da sociedade patriarcal, o cal lles move a acción para a liberación do seu sexo con todas as transformacións da sociedade que se requiran. Hoxe non se pode falar de feminismo como movemento unívoco porque coexisten varias tendencias, o da igualdade, o da diferencia, o ecofeminismo… pero non cabe dúbida de que é un movemento que seguen millóns de persoas no mundo e a súa característica máis importante é que non está xerarquizado.

A primeira vaga do feminismo en España da comenzo a finais do século XIX, de xeito máis tardío ca no resto de Europa, e se extende até principios do século XX. Hai unha segunda vaga que se centra na década dos 60 e 70, e unha derradeira que abrangue desde os años 80 até a actualidade.

A etapa do sufraxismo comenza a finais do século XIX e principios do XX. Na España de mediados do século XIX, cando Concepción Arenal era unha muller nova e en proceso de formación (lembremos que naceu en 1820), á contra do que acontecía na maioría dos países europeos desenvolvidos, aquí ainda non existían nin unha polémica real sobre cuestións feministas nin grupos ou entidades feministas ben organizadas e cun programa de reformas. Segundo recoñecen os estudos realizados sobre esta materia, a recente, feble e desartellada industrialización, a escasa forza da Ilustración, o conservadurismo católico e a estrutura e intereses sociopolíticos, explican os serios problemas que tivo de afrontar o feminismo na sociedade española da época.

Isto condicionará, non só o retraso do recoñecemento dos dereitos das mulleres, senón tamén o establecemento das máis elementais liberdades de amplos sectores da poboación, que deberán esperar, en moitos casos, a chegada da República para comenzar a andadura como cidadanía de pleno dereito.

As opinións da época divídense entre a consideración da inferioridade biolóxica das mulleres en relación aos homes e aqueles que crían que “non era conveniente que en España desenvolvesen tarefas que esixisen profundidade e constancia” porque isto entraría en contradición co único oficio para o que, ao seu xuizo, estaban realmente preparadas: o de esposas e nais. Neste periodo, as mulleres recluidas no espazo doméstico, eran ensalzadas e definidas segundo a súa capacidade para consolidar os valores da domesticidade e a familia. Daquela, considerábase ao feminismo coma factor oposto a tradición, chegando a ser tomado coma unha herexía desatada polos enemigos da fe e de España, co obxectivo de destruir a vida familiar e social.

Poucas mulleres escapaban do paradigma propio daquela época, pero as que o fixeron, sofrindo o desgarro da súa vida afectiva e persoal, serviron de precedente. Nese reducidísimo grupo brila con luz propia a obra e a vida de Concepción Arenal, inxustamente tildada de beata e conservadora na súa ollada sobre a situación das súas conxéneres e as saídas ou solucións para os múltiples oprobios, inxustizas e maltrato social e persoal do que eran obxecto, e que ela sofreu na súa propia vida como se confirma ao estudar de vagar a súa biografía.

ca

O feminismo nesta primeira etapa sempre estivo centrado en reivindicacións de tipo social coma o dereito a a educación ou ao traballo e a revalorización da figura da nai e da esposa, máis ca en demandas de igualdade política. Daquela non se adoptou a acción directa e violenta como estratexia de combate nin acadou un grao salientable a militancia. Mália o retraso do movemento como tal, algunhas mulleres comezaron a loita pola igualdade con respecto aos homes: Dolors Monserdà (1845-1919) defendeu os dereitos das mulleres desde unha perspectiva nacionalista catalá e fondamente católica. Teresa Claramunt (1862‐1931), obreira textil e militante anarcosindicalista, reivindicou o papel da nai como transmisora de valores e María de Echarri (1878 ‐ 1955) promoveu algunhas medidas de mellora laboral para as obreiras, entre as que salienta a “Lei da Silla”, de 1912, pola cal se debía proporcionar unha silla ás mulleres que traballaban na industria ou no comercio. Outra insigne galega figura con honra nesta relación: Emilia Pardo Bazán (1851‐1921), escritora e feminista, que denunciou e criticou duramente a desigualdade educativa vixente entre homes e mulleres, e o sexismo nos ambientes intelectuais. Pero, a pouco que nos fixemos nas datas das precursoras comentadas, vemos que todas elas naceron na segunda mitade do XIX e tiveron a súa plenitude a finais dese século ou principios do XX, cando Arenal xa era unha persoa moi velliña que morreu en 1893.

É tan inxusto excluir a Concepción Arenal do glosario feminista como sinal é de descoñecemento a respecto de todo o enorme esforzo intelectual e práctico que realizou nesta materia. Non só se formou, reflexionou e traballou na práctica en materias concretas para quitar ás mulleres da ignorancia e da miseria, senón que desenvolveu un inxente labor intelectual deixando por escrito unha grande cantidade de obras (cáseque corenta títulos) nas que criticou duramente á sociedade daquel tempo e o rol excluínte que se lle outorgaba a muller como nai e esposa coas súas conseguintes dificuldades para acceder aos estudos.

Ser muller naquel momento e, ao tempo, querer cambiar o statu quo, era unha tarefa case imposible, pero ela se enfrentou con valentía á esa sociedade con teimosía na reivindicación da capacidade intelectual das mulleres e o seu dereito a recibir a mesma educación ca os homes. Concepción Arenal, xa de moi nova, deu mostras da súa rebeldía e iniciativa, coa súa ousadía ao se vestir de home para poder acceder como oínte á Universidade de Dereito en Madrid, cando a educación universitaria estaba vetada ás mulleres. Ela deuse a oportunidade de ter unha formación universitaria, mália ter que recorrer a se disfrazar de varón e aceptar só o papel de ouvinte, pero fóille dabondo para conseguir a bagaxe precisa para afianzar uns valores e principios que quedaron reflectidos na intelixente psicoloxía dos seus ensaios onde deixa constancia da súa intensa preocupación polas máis desfavorecidas.

Tivo actitudes tan notables como a que denotan estas súas palabras textuais: ‘En canto aos privilexios do sexo, renuncio somente a eles, por ter percibido que custan máis do que valen’.

Concepción Arenal foi a primeira muller cun cargo relevante na administración española e destacóu pola coherencia entre o seu pensamento e o seu traballo, nunha vida que algunhas autoras califican coma unha auténtica cruzada feminista. Tamén é certo que no seu discurso non cuestiona os roles sexuais establecidos, pero o seu papel a prol da emancipación das mulleres en España é incuestionable. Coidadosa á hora de preservar a súa intimidade, teimou en destruir pouco antes de morrer todo documento que aportara datos sobre a súa biografía, temendo que a súa vida privada empañase o valor da súa produción intelectual. Pero o valor da súa obra fai que iso sexa imposible. E paga a pena coñecer a súa vida para entender as dificuldades e atrancos constantes que tivo que salvar até lograr as súas notables realizacións.

Sabemos que Concepción Arenal naceu en Ferrol. A súa nai, chamada tamén coma ela, descendía dunha familia noble, irmá do conde de Vigo, mentres que o seu pai, militar, foi un firme defensor do liberalismo que estivo na cadea por se enfrontar coa monarquía absolutista de Fernando VII, o que lle levou a unha morte anticipada. A vida de Concepción non foi sinxela porque sendo aínda unha pequena de oito anos quedou orfa de pai pero del conservou a herdanza ideolóxica e medrou convencida de que tiña que defender as súas convicións persoais e loitar polos seus ideais, como así actuou en consecuencia.

Logo do pasamento do seu pai, foi internada nun colexio relixioso por orde da súa nai onde foi aprendida a comportarse en sociedade coma “unha señorita”, pero cun programa de estudos que non estaba ao nivel das súas preocupacións intelectuais. Ela tiña as ideas moi claras: era muller ‘pero non tonta’ e, por riba de todo, desexaba cursar estudos superiores, pretensión inaudita nunha muller daquela época. A súa nai non estaba de acordo pero tivo a sorte de que ao morrer a súa avóa, recibiu a herdanza familiar cando xa tiña 21 anos e decidiu asistir a universidade, ainda cando o acceso ás aulas universitarias estaba vedadas as mulleres. É daquela cando decide ‘travestirse’ e vestida de varón, asiste as clases de Dereito Penal e Xurídico.

Aos 28 anos casou co avogado e escritor Fernando García Carrasco, home avanzado para a época, que veu á súa compañeira coma a unha igual e alentou as súas inquietudes feministas, animándoa a asistir xuntos a tertulias literarias, ainda cando para iso ela tiña que seguir vestindo roupa masculina. Utilizaba o nome do seu fillo Fernando para participar en concursos literarios, tomándolle prestada a súa sinatura naquelas ocasións en que unha muller se atopaba ‘fora de xogo’. A ‘carreira profesional’ de Concepción se decantaría pola literatura: escrebe poesía, teatro, zarzuela e novela, e as súas Fábulas en verso (1851) foron declaradas lectura obrigatoria no ensino primario.

O matrimonio García Arenal colaboraba no diario A Iberia pero cando Fernando, gravemente enfermo, tivo que deixar de escribir os seus artigos, pasa a ser ela quen os redacta. Cando el morre, ela segue facéndoos sen asinalos pero lle reducen os honorarios á mitade e, pouco despois, en 1857, ten que deixar de publicalos porque a Lei de Imprenta impuxo a obriga da sinatura para os artigos versados en política, filosofía e relixión. Mes e medio despois, a publicación cesouna como redactora. A este feito sucédenlle outros tantos que contribúen a que Concepción tome conciencia da súa condición de inferioridade como muller. É entón cando se dispara a sua creatividade literaria e os seus múltiplos ensaios nos que defende as súas crencias morais e feministas. O pasamento do seu home afastouna dos ambientes políticos e literarios, pero grazas ao seu forte carácter e conviccións ideolóxicas conseguiu proxectar o seu pensamento e entablou, ou continuou, relacións de amistade cos máis destacados persoeiros daquel tempo, coñecidos polas súas ideas progresistas, liberais e /ou krausistas.

A súa sorte mudou en 1860 cando recibiu un premio da Academia de Ciencias Morales e Políticas pola súa obra “A Beneficencia, a Filantropía, a Caridade”, que lle supuxo un pasaporte para reingresar activamente á vida pública e intelectual do país. Pouco despois publicou a súa primeira obra feminista: ‘A muller do porvir’, na que intenta rebatir a suposta inferioridade fisiolóxica da muller e demostrar a súa superioridade moral.

O 4 de abril de 1864, a instancias da raíña Isabel II, o ministro de Gobernación, Florentino Rodríguez Vaamonde, a nomea Visitadora de Prisións de Mulleres, cando tiña 44 anos, ostentando o cargo até 1865. Posteriormente publicou libros de poesía e ensaio como Cartas aos delincuentes (1865), Oda á escravitude (1866) —que foi premiada pola Sociedade Abolicionista de Madrid—, O reo, o pobo e o verdugo, ou A execución da pena de morte (1867). Logo da revolución de 1868, o goberno provisional a nomea Inspectora de Casas de Corrección de Mulleres, cargo que desempeñou até 1873. En 1871, comezara unha longa colaboración coa revista A Voz da Caridade, de Madrid, na que escrebeu durante catorce anos sobre as penurias do mundo que a arrodea.

Como xa se dixo, con Concepción Arenal nace o feminismo en España. Desde ben nova loitou por rachar cos cánons establecidos para as mulleres, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo femenino e reivindicando a igualdade en tódalas esferas sociais. Mesmo que en moitos dos seus escritos acepta que o papel de nai e esposa eran fundamentales na vida das mulleres, sempre suliñou que a experiencia da vida femenina non podía centrarse no exercicio exclusivo dese rol. Coma os krausistas, outorgáballe á educación e instrucción das mulleres un papel fundamental, pois pensaba que “mentres a muller non tene outra carreira ca do matrimonio, os homes aprenden un oficio e as mulleres non”. Instrucción que a muller debía procurar, pois ela denunciaba que os homes da súa época tiñan “inclinacións de sultáns, reminiscencias de salvaxes e pretensións de sacerdotes”. Tamén critica ao clero porque “en xeral, é moi ignorante, non querer á muller instruida e querela mellor como auxiliar para mantela na ignorancia”.

En 1890, afincada en Vigo, recibe a noticia da defensa da súa candidatura para ocupar unha vacante na Real Academia por parte da súa –e nosa- paisana, Emilia Pardo Bazán.

Dous anos despois, coa saúde deteriorada, a xa famosa penalista, con obras que tiveron eco en toda Europa como A instrucción do pobo ou o Ensaio sobre o dereito de xentes, faleceu por mor dun catarro bronquial crónico, catro días despois de facer 73 anos.

No seu epitafio figura o lema que a acompañou e ao que adicou toda a súa vida: Á virtude, á unha vida, á ciencia”. Noustante, a súa frase máis celebre foi, sen dúbida, unha que está plenamente vixente hoxendía: “Odia ao delito e compadece ao delincuente”, na que resume a súa percepción dos delincuentes coma producto dunha sociedade reprimida e represora na que sempre se puxo ao lado dos máis e das máis febles.

ca2

Discurso escrito para a Concelleira de Igualdade de Vigo,  Isaura Abelairas, e pronunciado o 6 de febreiro de 2015, no Cimeterio de Pereiró, diante do seu mausoleo, na conmemoración do 195 cabodano do nacemento (4 de febreiro de 1820) dunha grande muller, Dona Concepción Arenal.