Debatindo sobre o teatro galego

http://www.sermosgaliza.gal/artigo/artes-escenicas/escena-galega-exixe-que-as-institucions-culturais-cumpran-co-teatro/20121029194107007066.html

Escena Galega exixe que as institucións culturais cumpran co teatro

ESCENA GALEGA EXIXE QUE AS INSTITUCIÓNS CULTURAIS CUMPRAN CO TEATRO

Nas “III Xornadas das artes escénicas: o teatro como servizo público” o sector reclamou o apoio por parte das institucións e unha reformulación das actuais políticas culturais.

O sector das artes escénicas, agrupado ao redor de Escena Galega, celebrou hoxe no Consello da Cultura Galega unha xornada para analizar a situación do sector como sector público. Por terceiro ano a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas reuniu en mesas de debate persoas expertas na materia.

Nesta edición abriron a xornada Pilar García Negro, María Xosé Porteiro e Miguel Martín Fernández, coa moderación a cargo de Inma López. A educación e a identidade cultural centraron a intervención de García Negro, que sinalou que “as destrezas escolares básicas en lingua e literatura naufragan no imperio da televisión e internet”. Para a profesora da UdC é preciso un decálogo de prioridades na xestión cultural pública. “As partidas destinadas á cultura non son un gasto, son un investimento a longo prazo, a prol da lingua, dun tecido empresarial e dunha cultura de noso”. Rematou a súa intervención apuntando que “o teatro se ten un tempo e unha identidade, se ten lingua, polo que hai que supeditar todo euro público teatral á programación de compañías, grupos e obras galegas”.

María Xosé Porteiro tratou a importancia dunha proxección internacional do teatro galego promovida desde as institucións. “Hai públicos pendentes de ser cultivados, mentres que temos unha nómina de autores e autoras, directores e directoras, e actores e actrices que teñen o dereito de estar onde hai públicos interesados”. A súa experiencia en Arxentina saíu cando asegurou que “A cultura deber formar parte da nosa política exterior, a diplomacia cultural sempre é unha das que mellor funciona”.

Miguel Martín, primeiro director de Agadic, non estivo de acordo en que o teatro fose tratado como un “servizo público”. Na súa opinión iso é unha decisión política ou que demanda a sociedade”. Falou dos dous modelos de xestión, o socialdemócrata e o liberal, e afirmou sentirse máis achegado ao modelo neoliberal, “onde o protagonismo recae na sociedade civil e a intervención pública se concreta na opción de apoiar”.

“Desleixo” das institucións

Esta xornada serviu tamén para dar o toque de atención ao poder político. Salvador del Río, presidente de Escena Galega, foi moi claro nas palabras que abriron esta xornada. “Imos analizar a desleixo nas súas funcións de determinadas administracións que teñen a palabra cultura na súa denominación, se serven para os obxectivos para os que foron creadas ou non”, afirmou. “Nós cremos que deben seguir existindo e apoiando eses fins para os que se constituíron”, engadiu. O obxectivo final das xornadas, como explicou Del Río, “é tirar unhas conclusións sobre a concepción do teatro como un servizo público que sirvan de folla de ruta para o seu futuro”.

A xornada rematou cunha mesa en que participaron Xosé Manuel Pazos Varela, autor, tradutor e dramaturgo, membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro, Manuel Xestoso González, xornalista, editor, tradutor e crítico literario e teatral, moderados pola xornalista Ana Romaní.

Qué bien! El País ha digitalizado mis artículos…

Son noticias que publiqué en los años 80 cuando era corresponsal para la provincia de Pontevedra, al mismo tiempo que Ernesto Pombo lo era de Lugo, Antonio Vallejo de Ourense y Manolo Rivas de A Coruña.

Este es el link general: http://elpais.com/autor/maria_jose_porteiro/a/

Y este de un artículo titulado “Varios ecosistemas costeros gallegos están amenazados por el impacto humano e industrial”: http://elpais.com/diario/1984/08/19/sociedad/461714405_850215.html

Carmen Alborch con Pachi Vázquez en Vigo

Carmen Alborch as 12 h no hotel Carrís (Beiramar-Vigo) nun acto sobre Igualdade con Pachi Vázquez, Abel Caballero e Patricia Vilán. Carmen é unha persoa moi interesante, intelectual e comprometida. Hai que aproveitar esta ocasión para vela e escoitala.

Biografía (Compartelibros.com):
Carmen Alborch Bataller nace en Castellón del Rugat el 31 de octubre de 1947. Política, senadora socialista y escritora. Estudió Derecho en la Universidad de Valencia, licenciándose en 1970 y doctorándose cum laude en 1973. A continuación, y en la misma universidad, trabajó como profesora titular de Derecho Mercantil y más tarde, consiguió convertirse en la decana de la Facultad de Derecho.Su pasión por la cultura le llevó a ser Directora General de Cultura de la Generalitat Valenciana y Directora del Instituto Valenciano de Arte Moderno (IVAM). En 1993 fue nombrada ministra de Cultura gobernando Felipe González. Además de diversas obras científicas relacionadas con el Derecho Mercantil, es autora de varias novelas en las que destaca su visión de los personajes femeninos: Solas: gozos y sombras de una manera de vivir (1999), Malas: rivalidad y complicidad entre mujeres (2002), Libres: Ciudadanas del mundo (2004), La ciudad y la vida (2009).