Se Fraga levantase a cabeza…

images.jpg

https://www.lavozdegalicia.es/…/fr…/0003_201904G12P16993.htm

La Voz de Galicia. Opinión. Habitación propia

María Xosé Porteiro. 12 de abril de 2019.

A novidade deste 28 de abril é que non só a esquerda se presenta dividida e con sufraxios perdidos nas físgoas da lei D’ Hont: o PP vai probar a penalización que tan ben coñece o PSOE, que emerxe logo da súa profunda crise. En Andalucía xa se viu o que sucede cando o voto se rearte entre varias formacións e a dereita máis á dereita cómelle o ril á que se presentaba como compendio das opcións conservadoras; con Cidadáns xa de cheo nesta mesma órbita, despois de renunciar a representar aos votantes de centro; e con Vox chamando ao voto máis ultra e antisistema. Se Fraga levantase a cabeza, botaríalles un bo responso a quen esnaquizaron o seu logro de aglutinalos a todos baixo as siglas do PP. As eleccións do 2011, que deron unha maioría absolutísima ao Partido Popular, supuxeron un punto de inflexión que produciu cambios nas opcións electorais da esquerda. Podemos estaba a piques de asaltar o ceo ao reclamárense herdeiros dos indignados da Porta do Sol, pero a indignación non estaba só na esquerda. Cidadáns presentábase como un novo centro, cunha imaxe moderna e progre de líderes que vivían en parella sen casar e man aberta aos cambios sociais que modernizaron a España cañí, pero trufadas por un liberalismo neocon, moderno e conservador ao mesmo tempo. Máis recentemente, Vox, representa outro tipo de indignación, pero contra a España autonómica e os dereitos sociais. O conxunto de todos eses cambios redefiniron notablemente o panorama electoral.

En todo este proceso, o maior desgaste foi para os actores da alternancia bipartidista. O PSOE pagou caro o seu erro ao abordar a crise económica do 2008 e o PP, o seu optimismo ante o custo polos innumerables casos de corrupción que motivaron a súa expulsión do Goberno. A imprevisible moción de censura de xuño pasado converteu a Pedro Sánchez nunha nova versión de Lázaro resucitado que aproveitou ao máximo o escasos dez meses de goberno en solitario, introducindo reformas inimaxinables só un ano antes, como a subida do salario mínimo. A súa chegada á Moncloa tróuxolla en bandexa a crise interna e xudicial do PP, máis para consolidar o aumento de escanos que o manteña no Goberno, precisará do apoio de difíciles compañeiros de viaxe. A aposta é arriscada, pero, se sae ben, haberá Goberno de centro-esquerda para longo e consolidaranse opcións similares nas seguintes eleccións municipais e autonómicas. Madrid sería o caso máis notable, Vigo será, en calquera caso, o bastión do modelo de cidade e Barcelona seguirá tentando escaparse do labirinto en que se converteu o reto secesionista… pero o guion do próximos catro anos está aínda no tinteiro.

“A imprevisible moción de censura de xuño pasado converteu a Pedro Sánchez nunha nova versión de Lázaro resucitado que aproveitou ao máximo os escasos dez meses de Goberno en solitario, introducindo reformas inimaxinanbles so un ano antes, como la suba do salario mínimo. A súa chegada á Moncloa chegoulle en bandeixa pola crise interna e xudicial do PP, mais para consolidar o aumento de escanos que o manteña no Goberno, precisará do apoyo de difíciles compañeiros de viaxe. A aposta é arriescada pero, si sae ben, haberá Goberno de centro-esquerda para moito tempo e se consolidarán opcións semellantes nas seguintes eleccións municipais e autonómicas.

 

Versión en castelán:

Si Fraga levantara la cabeza

La novedad de este 28 de abril es que no solo la izquierda se presenta dividida y con sufragios perdidos en los resquicios de la ley D’Hont: el PP va a probar la penalización que tan bien conoce el PSOE, que emerge tras su profunda crisis. En Andalucía ya se ha visto lo que sucede cuando el voto se reparte entre varias formaciones y la derecha más a la derecha le come el riñón a la que se presentaba como compendio de las opciones conservadoras; con Ciudadanos ya de lleno en esta misma órbita, después de renunciar a representar a los votantes de centro; y con Vox llamando al voto más ultra y antisistema. Si Fraga levantara la cabeza, les echaría un buen rapapolvo a quienes han destrozado su logro de aglutinarlos a todos bajo las siglas del PP. Las elecciones del 2011, que dieron una mayoría absolutísima al Partido Popular, supusieron un punto de inflexión que produjo cambios en las opciones electorales de la izquierda. Podemos estaba a punto de asaltar el cielo al reconocerse como herederos de los indignados de la Puerta del Sol, pero la indignación no estaba solo en la izquierda. Ciudadanos se presentaba como un nuevo centro, con una imagen moderna y progre de líderes que vivían en pareja sin casarse y mano abierta a los cambios sociales que modernizaron la España cañí, pero trufadas por un liberalismo neocon, moderno y conservador al mismo tiempo. Más recientemente, Vox, representa otro tipo de indignación, pero contra la España autonómica y los derechos sociales. El conjunto de todos esos cambios han redefinido notablemente el panorama electoral.

En todo este proceso, el mayor desgaste fue para los actores de la alternancia bipartidista. El PSOE pagó caro su error al abordar la crisis económica del 2008 y el PP, su optimismo ante el coste por los innumerables casos de corrupción que motivaron su expulsión del Gobierno. La imprevisible moción de censura de junio pasado convirtió a Pedro Sánchez en una nueva versión de Lázaro resucitado que ha aprovechado al máximo los escasos diez meses de gobierno en solitario, introduciendo reformas inimaginables solo un año antes, como la subida del salario mínimo. Su llegada a la Moncloa se la trajo en bandeja la crisis interna y judicial del PP, más para consolidar el aumento de escaños que lo mantenga en el Gobierno, precisará del apoyo de difíciles compañeros de viaje. La apuesta es arriesgada, pero, si sale bien, habrá Gobierno de centro-izquierda para rato y se consolidarán opciones similares en las siguientes elecciones municipales y autonómicas. Madrid sería el caso más notable, Vigo será, en cualquier caso, el bastión del modelo de ciudad y Barcelona seguirá intentando escaparse del laberinto en que se ha convertido el reto secesionista… pero el guion de los próximos cuatro años está todavía en el tintero.