Apuntamentos biográficos de María Xosé Porteiro.

Cunqueiro.jpg

Mauro Panizo, M. X. Porteiro, X. A. Perozo e Alvaro Cunqueiro, no Xurado do Premio MONTESOL. 1976.

Publicado en Vigo. 02/02/2020

INFANCIA E MOCIDADE

María Xosé Porteiro naceu en Madrid, o 25 de maio de 1952, nunha familia galego-asturiana. Con catro anos emigrou a Cuba coa súa nai e o seu pai e alí viviu ata os 14. Na Habana fixo os tramos de ensino primario e secundario. En 1966, cando chegou a Galicia levaba mediado o último curso de secundaria e dispoñíase a facer Preuniversitario para logo facer a carreira de Medicina. Por non haber convenio de convalidación de estudos entre Cuba e España naquel tempo, tivo que comezar por facer Ingreso cando xa tiña 14 anos, estudando en academias e o último curso no Instituto Feminino.

images.jpg

M. X. Porteiro coa súa novela Sándalo. 2019

Fixo o Bacharelato e Reválida entre maio de 1966 e xuño de 1968. Ao non poder custear estudos universitarios, non fixo o Bacharelato Superior e estudou formación profesional nan Escola de Secretariado da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Marchou a Madrid com 18 anos e traballou como dependienta de SEPU (A Quintana), nunha fábrica de serigrafía e dando clases particulares. Matriculouse no terceiro curso de inglés da Escola Oficial de Idiomas.

Por motivos familiares, tivo de regresar a Galicia, onde residía a súa familia, e traballou en Vigo, como secretaria de dirección dunha empresa catalana de seguros (Phoenix Latino), do empresario portugués José Calvet, do avogado Narciso Porteiro; no Colexio de Arquitectos, en Pontevedra; e na Coruña, na Fábrica de Tabacos.

LLerena e Ozo.jpg

Ozo Perozo Porteiro, M. X. Porteiro e Llerena Perozo Porteiro. 2004.

Casou aos 20 anos co tamén xornalista e escritor, Xosé Antonio Peroro, e tivo axiña unha filla, Llerena, e un fillo, Xosé Antón.  Nese tempo fixo en horario nocturno o Bacharelato Superior e o COU, entre o Instituto Castelao, de Vigo, e o Instituto Agra del Orzán de A Coruña. A continuación cursou a metade da titulación de Xeografía e Historia (UNED-Vigo). Posteriormente fixo o primeiro curso de Xornalismo  na Universidade de Madrid, e licenciouse en Publicidade e Relacións Públicas  na Universidade de Vigo.

Participou activamente nos movementos culturais galeguistas dos últimoso anos da ditadura. Formou parte do grupo de teatro Esperpento, Teatro Xoven, dirixido por Dorotea Bárcena e Xulio Lago, onde coincidiu con actores como Manuel Prieto (Manquiña) e participou na organización das dúas edicións das Primeira e Segunda Xornadas do Teatro Galego que se celebraron en Vigo no Auditorio -e co patrocinio- da Caixa de Aforros Municipal, en 1972 e 1973. En 1978 e ata 1985, formou parte do equipo que puxo en marcha os Premios da Crítica Galicia, no Círculo Ourensán-Vigués: Bieito Ledo, Manuel Janeiro, Vítor Freixanes, Malós Cabrera, Vítor Vaqueiro, Marta Alfageme, Blanca Roig, Anxo Tarrío, X. A. Perozo, Miguel Murado e Blanca Lorenzo, Modesto Hermida, Lourdes Mondelo e Xosé González, entre outros.

Xosé Guillermo .jpg

M. X. Porteiro e Xosé Guillermo Sobrino. 1973.

En 1979 e 1980 impulsa e participa na realización de dous discos LPs, producidos polo cantautor Suso Vaamonde, das que serían as primeiras gravacións de contos infantís galegos, e en galego: Contos galegos para nenos, Volumes I e II, en 1979 e 1980, formando parte do que se chamou, para aquel traballo, Grupo Avelaíña no que participaran tamén actrices e actores do Grupo Artello, e que dirixiu X. A. Perozo.

Suso Vaamonde, Freixanes, Perozo, Bernardino Graña Luis Ferreiro.jpg

Suso Vaamonde, Víctor Freixanes, M. X. Porteiro, X. A. Perozo, Bernardino Graña, e enfrente, á dereita, Luis Ferreiro. 1981.

ACTIVIDADE PROFESIONAL

A súa actividade profesional ven marcada polo xornalismo cunha forte incidencia na cultura e na escrita en galego desde os seus inicios na década dos 70. Comezou a traballar na radio e na prensa, como colaboradora,man a finais dos anos 70, nas emisoras Radio Juventud, na Coruña, e en Vigo na emisora La Voz de Vigo. Nestas emisoras mantivo, desde 1971 ata 1976, xunto con Xosé A. Perozo, un programa cultural chamado “Antes del silencio”. que patrocinou a cafetería Montesol, de Vigo, no que se fixeron dúas edicións de senllos premios de poesía en galego e castelán. Porteiro foi xurado daqueles premios, xunto co xa citado X. A. Perozo, Mauro Panizo e Álvaro Cunqueiro. Entre os gañadores estiveron Darío Xohán Cabana e Isaac Otero.

Posteriormente, realizou en Radiocadena española, tamén con X. A. Perozo, un programa diario de información cultural chamado “En forma”, que se mantivo en antena desde os derradeiros anos da década dos 70 ata os primeiros dos 80, polo que pasaron protagonistas da vida musical como Manolo Alvarez, Henrique Macías, Suso Vaamonde, Bibiano Morón, Cecilia, ou Amancio Prada. Gupos musicales como Siniestro Total, A Roda, Aerolíneas Federales ou Golpes Bajos.

Figuras das artes plásticas como Xosé Otero (Laxeiro), Mercedes Ruibal, Agustín Pérez Bellas, Tomás Barros, José Luis de Dios, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xosé Guillermo Sobrino, Huete, Virxilio, Lodeiro, Silverio Rivas, Colmeiro o Mantecón. E das letras, como o xa citado Cunqueiro, Grupo de Expresión Poética Rompente (Antón Reixa, Manuel Romón, Alberto Avendaño), Castroviejo, Fernández del Riego, Xohana Torres, Luz Pozo, Valentín Paz Andrade ou Casares.

Paz Andrade e Pilar.jpg

Con Valentín Paz Andrade, Manoel Soto e Pilar, esposa de P. Andrade. 1985

Figuras relevantes do teatro como Dorotea Bárcena, Xulio Lago, Manuel Manquiña, Antonio Simón, Taxes, Monleón, Morris Durán, María Costas, Santiago Agra, Teodoro Piñeiro ou Manolo Camba; humoristas como Cándido, Siro, Chumy Chúmez ou Forges. E persoas de grande influencia no mundo da cultura como Francisco Carballo.

En 1975, co gallo da conmemoración de los primeros 25 años de Galaxia, publica con X.A.Perozo unha extensa entrevista con Álvaro Cunqueiro. En 1979 publican unha reportaxe a dobre páxina, sobre Celso Emilio Ferreiro, días despois do seu pasamento, en El País. En 1980, publican unha entrevista en profundidade con Carlos Casares, sobre el Futuro da literatura infantil e xuvenil en galego, en Grial.

A partir dos seus comezos na prensa escrita, en 1977, dedicouse, principalmente, á información cultural e realizou numerosas entrevistas a intelectuais de diferentes ámbitos como a plástica, a literatura e o pensamento:

Mercedes Ruibal, Silverio Rivas, Xaime Quessada, Laxeiro, Agustín Pérez Bellas, Xosé María Álvarez Blázquez, Antón Reixa, Carlos Saura, Cunqueiro, Torres, Darío Xohán Cabana,  Valentín Paz Andrade, Isaac Díaz Pardo, Xosé A. Cáccamo, Valentín Arias, Salvador García Bodaño, Rodríguez Baixeras, García-Sabell, Manolo Rivas, Ramiro Fonte, Antonio Quesada, María Antonia Dans, Elena Colmeiro, Xosé Barreiro, Alberto Avendaño, Rafael Dieste, María Xosé Queizán, Eduardo Blanco Amor, Carballo Calero, Torrente Ballester, Vítor Vaqueiro, Ernesto Chao, Rosa Alvarez, Manuel Forcadela, Camilo José Cela, Eliseo Alonso, Anxeles Penas, Margarita Ledo, César Antonio Molina, Fina Casalderrey, Paco Martín, Xosé Francisco Armesto, Ramón Fernández Mato, Alfonso Pexegueiro, Marilar Aleixandre, Román Raña, Carlos Reigosa, Vicente Araguas, Paco López Barxas, Xulio Valcárcel, Enrique Harguindey, Xavier Pousa, Xaime Quessada, Leopoldo Novoa, Xesús Alonso Montero, Xosé María Castroviejo, José Ruibal, Maximino Keyzán, Helena Villar Janeiro, Anxo Tarrío, Santiago Jaureguízar, Camilo Franco, Xesús Rábade Paredes, Luis Mariño, Xulián Maure, Ramón Piñeiro, María Victoria Moreno, Miguel Delibes, Xosé Ramón Pena, Xoán Piñeiro, Xela Arias, Agustín Fernández Paz, Antón Pulido, Benedetti, Xosé Ramón Díaz ou Celso Emilio Ferreiro, foron algúns das/os persoeiras/os  que puido coñecer e entrevistar naquela xeira.

Laxeiro.jpg

X. A. Perozo, M. X. Porteiro e Xosé Otero Abeledo, “Laxeiro”.  1982.

Nos anos 80 comezou a adicarse profesionalmente ao xornalismo, publicando decote en La Voz de Galicia. Neste xornal tivo a oportunidade de inaugurar o caderno de cultura que dirixiu Luis Álvarez Pousa, cunha entrevista a Laxeiro que foi a portada do primeiro suplemento, donde fixo entrevistas en profundidade con persoeiros como Alvaro Cunqueiro, María Xosé Queizán, entre outros.

Traballou en Radio Popular de Vigo, onde era a única muller na redacción dos equipos informativos. Por temporadas, dirixiu o informativo de mediodía, Jaque a la actualidad, e durante tres anos tivo un espazo propio, A Bisbarra, que foi o primeiro programa diario adicado á información comarcal nunha emisora de radio galega, e o primeiro programa informativo feito integramente en galego en Galicia.

Fraga 1980.jpg
M. X. Porteiro e Manuel Fraga Iribarne. 1980

Nesa etapa tivo entre os seus compañeiros a figuras destacadas do xornalismo, como Segundo Mariño, Gerardo González Martín, Manolo López Prado, Félix Blanco, Xosé María García Palmeiro, Antonio Estévez ou Victor Freixanes.  Foi tamén a primeira muller correspondente do xornal El País en Galicia, durante os anos 1982, 1983 e 1984, e a delegada para Pontevedra da revista Tiempo que dirixía o xornalista de orixe viguesa, Pedro Rodríguez.

xefa prensa concello.jpg
Xornalistas e concelleiros vigueses. 1986.

En 1984 presentouse aos concursos para contratación de persoal da Radio Galega, que se constituiu naquela altura. Conseguíu o posto número un e a praza de Redactora Xefe, pero non chegou a exercer. Ao mesmo tempo se presentara a praza de Xefa de Relacións Públicas, Prensa e Protocolo do Concello de Vigo, e decidiuse por este emprego que consolidó pouco despois pasando unha oposición. Desde 1999 ata 2000 foi a directora de comunicación do Consorcio de Santiago de Compostela e entre 2000 e 2001 foi a primeira directora xerente da empresa pública compostelá, Incolsa, que promocionou o Xacobeo e a Capitalidade Cultural de 2000. De 2009 a 2011 foi directora do Museo do Ferrocarril (Madrid) e de Comunicación e desenvolvemento corporativo da Fundación dos Ferrocarriles Españoles (Madrid).

--freixanes.jpg

M. X. Porteiro e Víctor Freixanes.

Desde os primeiros momentos (anos 70) colaborou como comentarista de opinión ou  redactora en prensa escrita (El Pueblo Gallego, Revista Mancomún, Revista A Festa da Palabra Silenciada, Revista da ALG, Revista Grial). Na radio (Cadena Ser -programas Hoy por Hoy e La ventana de Madrid– Radio Popular, logo Cadena Cope, e Radio Galega –O día por dianteA crónica-). Na TVG como comentarista de actualidade en programas de debate; ocasionalmente en “V” TV, e, frecuentemente en programas sobre actualidade política en Localia TV.

En La Voz de Galicia mantivo de xeito intermitente, desde os anos 90 até 2019, a columna de opinión Habitación propia, e tivo a sección Corte e Confección no caderno de cultura do mesmo xornal, na etapa en que o dirixiu Xosé Manuel Dapena, onde entrevistou a meirande parte das escritoras e escritores daquel tempo. Ten colaborado tamén coa revista Tempos desde os seus inicios, e foi membro do consello de administración do Xornal Diario, onde tivo unha columna denominada Quinto elemento. Foi membro do padroado do xornal dixital Praza Pública.

Bieito e Del riego.jpg
M. X. Porteiro, Francisco Fdez. del Riego e Bieito Ledo, na entrega da Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, a Don Paco, en 1989.

Escribiu en medios dixitais como Mundiario, Nueva Tribuna, Tribuna Feminista-El Plural, Sermos Galiza, Galicia Confidencial, e no seu propio Blog de María Xosé Porteiro, Cruz del Sur, en wordpress. En medios escritos colaborou nos últimos anos principalmente en La Voz de Galicia, Revista Tempos Novos, e Revista Luzes, onde ten unha sección de opinión denominada Quinto Elemento, e puntualmente, na vesión latina de The Washington Post.

Queizán e Mouriz.jpg
De esq. a dereita, Sabela Mouriz, María Xosé Queizán e M. X. Porteiro. Presentación da revista Festa da Palabra Silenciada.

Reincorporouse aos Premios da Crítica Galicia en 2016, pasando a formar parte da súa directiva na que comparte labor con Bieito Ledo, Antón Pulido, Manuel Bragado, Xabier Senín, Malós Cabrera, Eulalia López Sande, Inma López Silva, Paula Cabaleiro, Xabier Limia, Jorge Mira, Xavier Castro, Víctor Freixanes, Ramón Nicolás o Paz Raña, entre otras personas vinculadas al mundo cultural en Galicia.

Beijing.jpg
Na esquerda. M. X. Porteiro, na muralla china. Conferencia Mundial da Muller, en Beijing, 1995.

Como conferenciante participou en innumerables charlas, coloquios, encontros universitarios, conferencias, congresos e debates. En 2000 creou un curso de adestramento para falar en público denominado “Claves para mellorar a comunicación oral. As mulleres ante o discurso público” no que levan participado centos de mulleres e que, na actualidade, imparte a súa filla, Llerena Perozo, especializada en comunicación e xénero.

En  xuño de 2014, foi elixida membro do plenario do Consello da Cultura na quenda de “persoeiros”. Anteriormente formara parte da Comisión de Comunicación en dúas ocasións. Tamén participou na Comisión consultiva de Asuntos Exteriores e desde 2017 foi coordinadora da Comisión de igualdade. En 2018 foi elixida membro da Executiva e en 2019, directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos.

Executiva CCG.jpg

Rosario Vázquez, Dolores Vilavedra, Xosé Manoel Núñez Seixas e M. X. Porteiro, membros da Comisión Executiva do CCG. 2018.

En xullo 2017, forma parte do grupo de persoas vinculadas a cultura en Vigo que crean o Ateneo Atlántico, no que permanece na directiva até finais de 2018. En agosto de 2019 é elixida Adxunta á Valedora do Pobo.

Ana Fresco Anxo Cabada.jpg
Ana Fresco, M.  X. Porteiro e Anxo Cabada, na presentación do Ateneo Atlántico, no Museo Marco, de Vigo, en outubro de 2017.

ACTIVIDADE POLÍTICA

Outra faceta importante na vida de María Xosé Porteiro é a política. Participou do nacemento de Esquerda Galega, a mediados dos anos 80. Foi membro constituínte do Consello Asesor de RTVE-G na primeira lexislatura autonómica, en representación de Esquerda Galega e o Partido Comunista de Galicia. Co PSdeG, foi concelleira en Vigo  en dúas ocasións (1987/1991 e 2003/2006), creou a primeira concellería da Muller de Galicia, e unha das tres primeiras do Estado, e a primeira Casa de Acollida para mulleres maltradadas, e o primeiro Centro de información municipal para as mulleres.

Curiel mantilla Magalhaes Egerique.jpg

De esq. a dta. na procesión do Cristo da Victoria de 1989, Carlos Mantilla, M. X. Porteiro (voceiros municipais do PP e do PSdeG), Enrique Curiel (Deputado no Congreso polo PC), Aurelio Marques de Magalhaes (Cónsul de Portugal) e Pablo Egerique (Deputado no Congreso polo PP). 1993.

Foi parlamentaria autonómica galega en dúas lexislaturas (1989/1993 e 1993/1997) e en 1995 participou no Cumio Mundial das mulleres de Beijing, organizado pola ONU. Foi  deputada no Congreso español (2004/2008) e membro das Asambleas Parlamentarias da Unión Europea Occidental e do Consello de Europa. Nesta última foi voceira de asuntos migratorios do Grupo Socialista Europeo (2006/2007). Observadora Electoral acreditada polo Ministero de Asuntos Exteriores, dirixiu misións en Líbano e Venezuela, e participou co Consello de Europa en Bosnia.  Foi a primeira Delegada no Exterior da Xunta de Galicia, entre 2007 e 2009, en Bos Aires e Montevideo. Participou en xuntanzas da Internacional Socialista representando ao PSOE, nos EUA, Perú, Nicaragua, Arxentina e República Dominicana.

Rita segato.jpg
M. X. Porteiro, Rita Segato (antropóloga feminista) e Llerena Perozo. 2017

En todo o seu traballo político tivo atención preferente á cultura e á igualdade. Na súa última etapa especializouse en emigración e política exterior. Por esta razón foille concedida á Encomenda ao Mérito Civil polo Consello de Ministros en xullo de 2009, ao seu regreso de Arxentina e Uruguay. É membro do Consello Reitor do IGADI desde 2009. En 2019 recibiu  o premio Primeiro de maio, outorgado por Comisións Obreiras, polo “seu compromiso social e feminista”. É frecuente conferenciante en temas relacionados coa comunicación, xénero e asuntos internacionais. Desde agosto de 2019, é a Adxunta á Valedora do Pobo de Galicia.

Ramón Nicolás e Fran Alonso.jpgM. X. Porteiro, Ramón Nicolás e Fran Alonso, na presentación da novela Lapis na noite. 2018.

PUBLICACIÓNS

Como escritora ten perto de corenta publicacións que abarcan biografía, ensaio e narrativa que, a continuación refírense cronoloxicamente, desde 1981 até a actualidade:

  1. Porteiro García, María Xosé. Quen é quen no primeiro Parlamento galego. Edicións Xerais de Galicia. Ensaio. Con X. A. Perozo.  Vigo. 1981.
  2. Porteiro García, María Xosé. Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas. Ed. Akal. Edición bilingüe. Biografía.Con X. A. Perozo. Madrid. 1982. Biografía.  (2.1. – Celso Emilio por si mesmo-culturagalega.org Conversas co autor. Cedido ao Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega).
  3. VVAA. Primeiros encontros da comunicación: A Radio. Artigo A radio no medio rural, pxs. 138-139. Ed. Deputación de A Coruña, en castelán. ISBN 84- 86040-09-4. Depósito Legal C-771-1986 .
  4. VVAA. Festa da palabra silenciada, nº 7 – 1990. Artigo: O poder e os medios de comunicación. Artigo O Museo da muller de Aarhus, unha lección de autoestima. Ensaio. Edita FIGA. ISSN 1139-4854. Depósito Legal VG 241- 1983. 1990.
  5. VVAA. Catálogo da II Bienal de artistas galegas. Exposición de mulleres artistas plásticas galegas, comisariada por Cuqui Piñeiro. Prólogo Artista se escribe con A. Edita Concello de Vigo. 1990.
  6. VVAA. Demo-gráfica 1.0. Artigo: Unha identidade común, pxs. 286-90. Ensaio. Ed. Xunta de Galicia. ISBN 84-931148-0-4, Depósito Legal VG 841-99.
  7. VVAA. Informe A Comunicación en Galicia en 2000. Ponencia de Comunicación. Artigo: A Comunicación Corporativa, pxs. 209-215. Ensaio. Ed. Consello da Cultura Galega. ISBN: 84-95415-06-2. Depósito Legal C-283/2000.
  8. Porteiro García, Mª Xosé. Covardes. Ed. Ir Indo. Vigo. Narrativa. ISBN 84-7680-361-3. Depósito legal VG-404-2001. 1ª Edición, 2001.
  9. Porteiro García, Mª Xosé. Covardes. Ed. Ir Indo. Vigo. Narrativa. ISBN 84-7680-361-3. Depósito legal VG-404-2002. 2ª Edición, 2002.
  10. VVAA. Estudios de Comunicación nº 1. Monográfico elecións autonómicas 2001. Comunicación política en Galicia. A construción dun candidato, imaxe real e simbólica. Ensaio. Ed. Consello da Cultura Galega. ISSN 1578-4916 / D.L. C-0000/2001.
  11. VVAA. Scriptum in itinere. Amanuenses no camiño. Artigo Mª Xosé Porteiro, pxs. 41-43. Relato curto. Ed. APECSA. Depósito Legal: LU-334-2001.
  12. VV. AA. Estratexias turísticas urbanas. Artigo. Xestión empresarial da imaxe dunha cidade: Santiago de Compostela. Ensaio. Ed. Cámara de Comercio de Pontevedra e Universidad de Vigo. ISBN. 84-699-8664-3. Depósito Legal: VG508-2002.
  13. Porteiro García, Mª Xosé. Cobardes. Ed. Ir Indo. Vigo. Narrativa. ISBN: 84-7640-490-3. Depósito legal: VG-1057-2003. 1ª Edición en castelán. 2003.
  14. VV. AA. Escrita e mulleres. Once ensaios arredor de Virxinia Woolf. Artigo. Aproximación a algunhas das preocupacións compartidas con Virginia Woolf arredor das mulleres e a literatura. pxs.113-127 Ensaio. Editorial Sotelo Blanco. ISBN. 84-7824-430-1. Depósito Legal: C-822-2003.
  15. VV. AA. Narradio, 56 historias no ar. Libro e CD. Relato A selva do asfalto. pxs.175- 180. Porteiro, María Xosé. Edicións Xerais de Galicia. Narrativa. ISBN. 84-8302-945-6. Depósito Legal: VG.104-2003.
  16. VVAA. Pensares Galegos. Mulleres Decisivas. Artigo. Palabra de mulleres, pxs. 67-72. Ensaio. Edita Fundación Galicia Sempre. Ensaio. Depósito Legal: C-1.823- 2005.
  17. VVAA. Alborada. Artigo. Un link productivo entre Arxentina e Galicia. Xuntos somos máis, pxs 22-25. Ensaio. Ed. en castelán da Asociación ABC do Partido de Corcubión de Bós Aires. Ano LXXXIII, Número 190. Decembro 2008.
  18. VVAA. Olladas en Mayorey. O sono da auga do Rei Bouba. Artigo María Xosé Porteiro, pxs. 45-46. Poesía. Ed. en castelán ONG Pozos de agua Mayorey. Depósito Legal VG 939-2010.
  19. VVAA. El puente siempre se queda. El río siempre se va. El Viaducto del AVE sobre el Río Ulla. Artigo Acortando distancias. Acercando personas. Los puentes los hace el demonio pxs. 95/115. Ensaio. Grupo Puentes. ISBN 978-84- 615-5458-4. Depósito Legal C 2986-2011.
  20. Porteiro García, María xosé. Maruxa Boga, a voz da Galicia Trasterrada. Album da muller. Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Con Verónica torres. Biobibliografía. Edición Dixital. 2012.
  21. Porteiro García, Mª Xosé. Vine, vi… y hablé! Las mujeres frente al discurso público. Auga Editores. ISBN 10: 8493825387 / ISBN 13: 978-84-938253-8-6. 2012.
  22. VVAA. Festa da palabra silenciada, nº 28 – 2012. Artigo Clara Zetkin e as súas lembranzas de Lenin, pxs. 31-34. Ensaio. Edita FIGA. ISSN 1139-4854. Depósito Legal VG 241-1983. 2012.
  23. Darriba, Luz. Toda la gente errante. Prólogo: Porteiro, María Xosé. Tecendo a vida. ISBN 10: 84-616- 0374-8, ISBN 13: 978-84-616-0374-9. Depósito legal: LU 143-2012.
  24. VV.AA. Premios da Crítica Galicia, 35 anos de cultura. Artigo. 35 Iniciativas culturais exemplares: o alento dun pobo, pxs. 101-112. Ensaio. Ed. Fundación Premios da Crítica Galicia. ISBN 978-84-7680-692-0. Depósito Legal VG 758- 2012.
  25. VVAA. “IGADI WW- We in the World 2012: Nós no Mundo. A necesidade dun modelo de acción exterior crible para Galicia”. Artigo. A acción exterior nunha estratexia de gañar-gañar, pxs. 15-17. Co-autor Ignacio Covelo. ISNN 1989-9149. 2012.
  26. VVAA. “IGADI WW- We in the World 2013: Nós no Mundo. Autonomías con valados nun mundo sen fronteiras. Artigo. O anovamento xeneracional da Galicia exterior, pxs. 18-21. ISNN 1989-9149. 2013.
  27. VVAA. Revista Xénero Humano. Cadernos de Igualdade. Artigo. Laura Seara Sobrado, pxs. 31-34. ISSN 1889-3996. Depósito Legal 04-33-2009. 2013.
  28. VVAA. Revista Maremagnum, publicación galega sobre os trastornos do espectro do autismo. Artigo: O pensamento feminista e social de Concepción Arenal. (pxs. 169-176).  ISSN 1698-5966, Nº. 19, 2015.
  29. VVAA. O libro das amigas (mullerenaxe a Begonha Caamanho). Artigo: Chorar. Sorrir. 2016.
  30. Rouco, Moncho. Soño de infancia. Prólogo: Porteiro, María Xosé. Coma se fose un prólogo. Edicións Xerais. Vigo. ISBN 978-84-9121-158-7. 2017.
  31. VVAA. “IGADI WW-We in the World: Nós No Mundo 2017-2018. A paradiplomacia galega e a globalización do local”. Artigo. Hai dúas Galicias que precisan conexión. Centros Galegos, a patria simbólica. Px. 27. Copyright (c)1998-2019 IGADI.
  32. VVAA. Tempo Exterior. Revista de análise e estudos internacionais. Artigo: A xangada de pedra no camiño da Unión dos Estados Ibéricos. 06.06.2018. Publicación dixital: https://www.igadi.gal/web/analiseopinion/a-xangada-de-pedra-no-camino-da-union-de-estados-ibericos. Copyright (c)1998-2019 IGADI.
  33. VVAA. “IGADI Annual Report 2018-2019: En rumbo de colisión, sobre política exterior”. 5. Reflexións transversais. Artigo. 5.4. América Latina e o Caribe: axenda feminista. Copyright (c)1998-2019 IGADI.
  34. CEPAMA, autismo y mujer. Mujeres autistas, desde dentro del espectro. Introducción. Un poco de contexto, Porteiro, María Xosé. Edita Cristina Medrano-Cuatro Hojas. ISBN. 978-84-120026-1-4. Depósito legal: CC-000075-2019.
  35. Porteiro García, María Xosé. Sándalo. Colección Literaria. Ed. Galaxia. Vigo. Novela (galego) 1ª e 2ª impresións. ISBN 978-84-9151-319-3. 2019.
  36. Porteiro García, María Xosé. Buscando a Clara. Ed. Elvira. Vigo. Novela (galego) 1ª edición. ISBN 978-84-948786-4-0. DL. VG 191-2019. 1ª Edición. 2019.
  37. VVAA. Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio. Ed. Hércules de Ediciones. A Coruña. (galego) ISBN. 978-84-949843-9-6. 2019.
  38. Porteiro García, María Xosé. Sándalo. Ed. Mar Maior– Grupo Galaxia. Vigo. Novela (español). 2020.   

Pendentes de sair:

  1. VVAA. Libres e Vivas. Relato: Historias de Xulia, de María Xosé Porteiro. Narrativa. Ed. Galaxia (entregado). Vigo. 2020.
  2. VVAA. Ciclo de conferencias sobre Violencia de Xénero. POLO DE LA MUJER. Gobierno de la provincia. Conferencia de María Xosé Porteiro: Comunicación no sexista (entregado). Córdoba (Arxentina). 2020.
  3. Marín, Xaquín. Que tempos!. Artigo para o capítulo das migracións: Desesperados fillos de Lucy, por María Xosé Porteiro (entregado) 2020

En preparación:

  1. VVAA. A idade de Ouro. Tradución, revisión e análise da obra de José Martí (en preparación). 2020.
  2. Porteiro, María Xosé. Vítimas ou revolucionarias. A revolta feminista. Ensaio (en preparación). 2020.
  3. Porteiro, María Xosé. Covardes. Revisión para unha nova edición co gallo do seu 20º aniversario (en preparación). Narrativa. 2021

fotografía de MXPorteiro.jpg

Fotografía de Antón Pulido. 2018.

Redes

Facebook: MARIA XOSE PORTEIRO (páxina literaria) e María Xosé Porteiro (muro)

Twitter: mxporteiro

Instagram: maria.xose.porteiro

Blog Cruz del Sur: mxporteiro.wordpress.com

E-mail: maria.xose.porteiro@gmail.com

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s