Biografía de María Xosé Porteiro

María Xosé Porteiro

É unha xornalista e escritora feminista galega. Naceu en Madrid en 1952, nunha familia emigrante de nai asturiana e pai galego. Vivíu en La Habana, Cuba, até os 14 anos. Desde o retorno vive en Vigo, mesmo ter vivido durante temporadas en outras cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Llerena, Buenos Aires, Londres ou Madrid). É nai de Llerena Perozo Porteiro, editora, feminista; e Ozo (Xosé Antón Perozo Porteiro) cineasta, feminista.

Nesta aproximación biográfica recóllese unha parte importante do traballo que leva realizando até o de agora. Cando se fai esta publicación se atopa preparando unha novela e un ensaio feminista que espera ver publicados durante 2019.

Formación

Desde 1956 vive en La Habana.  Entre 1959 e 1965, cursa estudos primarios e secundaria. Cando retornan a Vigo, en 1966, está a poucos meses de comezar o preuniversitario. Fora seleccionada como “idónea” para cursar a carreira de medicina, durante os seus estudos no instituto de Secundaria, Pedro Lantigua, de La Habana (tería sido parte da primeira promoción da etapa revolucionaria, coñecida como a do “Pico Turquino”, célebre montaña da Sierra Maestra, onde celebraron a súa licenciatura os egresados.  Tras o retorno, non lle convalidan os estudos cursados no exterior por non existir convenio con Cuba. Entre 1966 e 1968 examínase de todo o ciclo de primaria e bacharelato elemental, reválida. Entre 1968 e 1970 fai Secretariado de Dirección en inglés, e estuda galego e francés pola súa conta. Retoma os estudos, en clases nocturnas, logo de casar e ser nai de dúas crianzas. Entre 1974 e 1975  aproba o bacharelato superior e a selectividade. Entre 1976 e 1977 fai dous anos da carreira de Xeografía e Historia, pola UNED. En 1983, matricúlase en Xornalismo, en Madrid; non remata a carreira. En 1995 matricúlase na licenciatura de Publicidade e Relacións Públicas, no campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo. Licénciase en 2006.

COMUNICACIÓN

Vida laboral/profisional

1970/1975. Traballa como dependenta en SEPU (Madrid) e é contratada na Banca Herrera (Madrid); e como Secretaria en Phoenix Seguros (Vigo), no Colexio de Arquitectos de Galicia (Pontevedra) e en Tabacalera (A Coruña).  Comeza a traballar no mundo da comunicación en 1973, como colaboradora nas emisoras La Voz de Vigo (posteriormente incorporada a Radio Cadena e RNE) e Radio Xuventude de A Coruña, como redactora de información cultural. Crea e presenta os espazos Antes del Silencio e En forma.

1977/1981. Entrevistas e reportaxes de actualidade en La Voz de Galicia (Colaboradora en La Voz de Galicia. http://www.aelg.gal/a-aelg-na-prensa/411/rematou-o-ciclo-sobre-a-narrativa-galega), Interviú, La Calle. Redactora en El Pueblo Gallego, especializada en Información cultural, comeza a traballar preferentemente en lingua galega. https://biosbardia.wordpress.com/2014/12/17/a-derradeira-noite-de-el-pueblo-gallego/.   http://www.atlantico.net/articulo/vigo/esquecidos-pueblo-gallego-outras-lembranzas-dun-xornal-historico/20150628095848481824.html

1981/84. Redactora en Radio Popular de Vigo. Crea e dirixe o primeiro informativo diario en lingua galega: A bisbarra. Redactora e presentadora de informativos: Jaque a la actualidad e informativos horarios. Correspondente do xornal El País para a provincia de Pontevedra (1982/84). Ata o de agora, primeira e única muller neste cargo en Galicia. Déixao por discrepancias no tratamento informativo dunha noticia que lle atribúen, sendo o autor Manuel Rivas, e que resultou ser falsa. Anos despois, en 1992, deu lugar a un interesante xuizo e posterior sentenza: http://hj.tribunalconstitucional.es/eu/Resolucion/Show/2127 Delegada da Revista Tiempo (1982/84, Grupo Zeta) en Galicia.

1984/2017. Concursa nos procesos de selección abertos para a posta en marcha da Radio Galega e máis da Xefatura de prensa do Concello de Vigo. Gaña ambos os dous co número un. Opta polo segundo. Entra no Concello de Vigo  como Xefa de Prensa. Relacións Públicas e Protocolo ata 1998, cando a trasladan como responsable de prensa da Xerencia de Urbanismo e entre outras funcións técnicas, ocúpase das Relaciones Internacionais, representando á cidade perante a Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, con sé en Rennes e coordinando a Comisión de Cidades Portuarias desta entidade supranacional. Entre 2000 e 2003, representou ao Concello como coordinadora Técnica do Comité Executivo do Eixo Atlántico, entidade que agrupa a dez e oito concellos de Galicia e norte de Portugal. Xubilada en octubro de 2017.

1993/… Columna de opinión no xornal La Voz de Galicia, chamada Habitación propia

1993/1994. Sección semanal no suplemento cultural da Voz de Galicia. Entrevistas a autoras e autores galegos, sobre literatura, chamada Corte e Confección.

1999/2000. Directora de comunicación do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.

2000/2001. Directora-xerente do Consello de Administración da S. A. Información e comunicación local, encargada da Organización e difusión do evento “Santiago de Compostela, Capital Europea da Cultura do ano 2000”.

2001/… Entra a formar parte do primeiro Colexio de Xornalistas de Galicia.

2009/2011. Comentarista de actualidade nos faladoiros dos programas da Cadena Ser, Hoy por Hoy e La Ventana.

2009/2011. Directora do Museo del Ferrocarril e da área de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles (Madrid). https://elpais.com/cultura/2010/03/29/videos/1269813603_870215.html

2011/2017. Comentarista de actualidade na radio e na televisión de Galicia.

2015/… Columna de opinión “Habitación propia” no xornal La Voz de Galicia.

CULTURA. Acción cultural

1969/1973. Comeza a colaborar co grupo Esperpento Teatro Xoven, con Dorotea Bárcena.

1971/1972. Participa na Organización das I e II Xornadas de Teatro Independiente de Vigo, con Esperpento.

1977. Forma parte da Fundación que crea os Premios da Crítica Galicia en (desde entón foi membra de diferentes xurados, como tal ou como secretaria dos mesmos).

1981. Impulsa e participa na realización de dous discos Lps, producidos polo cantautor Suso Vaamonde, das que serían as primeiras gravacións de contos infantís galegos, e en galego: Contos galegos para nenos, Volumes I e II, formando parte do que se chamou, para aquel traballo, Grupo Avelaíña no que participaran tamén actrices e actores do Grupo Artello, e que dirixiu X. A. Perozo.

2000/2008. Integrante da comisión de Comunicación, do Consello da Cultura Galega, como especialista en comunicación corporativa (ata 2008).

2004/2009. Representante de España na Internacional Socialista.

2009/2012. Comentarista de opinión e membra do Consello de Administración do Xornal Diario.

2012/2014. Membra fundadora do padroado do xornal dixital Praza Pública.

2012. Membra do xurado da XXIX edición do Premio Xerais de novela, xunto a por Xaime da Pena Ceide (avogado), Ernesto Sánchez Pombo (xornalista), Begoña Rodríguez Outeiro (profesora), Xoán Cruz (profesor) e Fran Alonso (secretario do xurado) https://blog.xerais.gal/2012/finalistas-dos-premios-xerais-2012/

2012/… Membra do Consello Reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, think-tank galego de ámbito internacional.

2014/… Membra do plenario do Consello da Cultura Galega na quenda de persoeiros. Integración na comisión de Acción Exterior.

2016/… Coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura de Galicia.

2015/… Vogal da Asociación dos Premios da Crítica Galicia.

2018/… Membra da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega.

LIBROS

1981. Porteiro García, Mª Xosé. Quen é quen no primeiro Parlamento galego. Ensaio. Edicións Xerais de Galicia. 1981. ISBN: 84-7507-044-2. Depósito Legal: M-43.297. En colaboración con X. A. Perozo. https://catalog.hathitrust.org/Record/002198260

1981. Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas. Biografía. Ed. Akal, Madrid. Volumen 57 da Colección Arealonga. Edición bilingüe. ISBN: 84-7339-587-7. Depósito Legal: M-43.514. 1981. En colaboración con X. A. Perozo e Vítor Vaqueiro. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=1220

2002. * Covardes. Narrativa. Ed. Ir Indo. 2ª Edición en galego. ISBN 84-7680-361-3. Depósito legal VG-404-2001. (Dolores Vilavedra en Vieiros
http://www.aelg.gal/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor321/PT_paratext7075.pdf)

2003. Cobardes. Narrativa. Ed. Ir Indo. 1ª Edición en castelán. ISBN: 84-7640-490-3. Depósito legal: VG-1057-2003.

2003. Narradio, 56 historias no ar. Libro e CD. A selva do asfalto. pxs.175- 180. Relato curto. Edicións Xerais de Galicia. ISBN. 84-8302-945-6. Depósito Legal: VG.104-2003.

2003. Escrita e mulleres. Once ensaios arredor de Virxinia Woolf. Artigo Aproximación a algunhas das preocupacións compartidas con Virginia Woolf arredor das mulleres e a literatura. pxs.113-127 Ensaio. Editorial Sotelo Blanco. ISBN. 84-7824-430-1. Depósito Legal: C-822-2003.

2005. Pensares Galegos. Mulleres Decisivas. Artigo Palabra de mulleres, pxs. 67-72. Ensaio. Edita Fundación Galicia Sempre. Depósito Legal: C-1.823- 2005.
https://www.goodreads.com/author/show/7024197.Mar_a_Xos_Porteiro_Garc_a

2011. El puente siempre se queda. El río siempre se va. El Viaducto del AVE sobre el Río Ulla. Artigo Acortando distancias. Acercando personas. Los puentes los hace el demonio pxs. 95/115. Ensaio. Grupo Puentes. ISBN 978-84- 615-5458-4. Depósito Legal C 2986-2011.

2012. Premios da Crítica Galicia, 35 anos de cultura. Artigo 35 Iniciativas culturais exemplares: o alento dun pobo, pxs. 101-112. Ensaio. Ed. Fundación Premios da Crítica Galicia. ISBN 978-84-7680-692-0. Depósito Legal VG 758- 2012.

2012. ¡Vine, vi… y hablé! Las mujeres frente al discurso público. Prólogo de Patriza Porto Paderne. Auga Editores. ISBN 10: 8493825387 / ISBN 13: 978-84-938253-8-6. 2012.

Publicacións (1)

Feminismo

1983. Revista Andaina Núm. 2, primeira época. 7, sobre Muller e literatura, px, 7, 9 http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/cabeceira/index.php?p=2000&id=7050 http://culturagalega.gal/album/docs/Muller%20e%20literatura.pdf

1983. Festa da palabra silenciada, nº 0 – 1983. Artigo A muller e os medios de comunicación, px. 4. Ensaio. Ed. FIGA. ISSN 1139-4854. Depósito Legal VG 241-1983. Contracapa e px. 4 “A muller e os medios de comunicación”. (http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2001_Festa-da-Palabra_00.pdf

1990. Catálogo da II Bienal de artistas galegas. Exposición de mulleres artistas plásticas galegas, comisariada por Cuqui Piñeiro. Prólogo Artista se escribe con A. Edita Concello de Vigo.

1990. Festa da palabra silenciada, nº 7/1990. O poder e os medios de comunicación. Artigo O Museo da muller de Aarhus, unha lección de autoestima, pxs. 95, 96, 97, 98. Ensaio. Edita FIGA. ISSN 1139-4854. Depósito Legal VG 241- 1983. 1990. N.º 7 9/1990

2001. Covardes. Narrativa. Ed. Ir Indo. Vigo. 1ª Edición en galego. ISBN 84-7680-361-3. Depósito legal VG-404-2001. Novela sobre a trata e tráfico de mulleres para a súa explotación sexual
*(aparece por duplicado por consideralo, ademáis dun libro, unha publicación de temática feminista)

2012. Maruxa Boga, a voz da emigración arxentina trasterrada. Album de mulleres. Comisión de Igualdade. Biobibliografía. Edición dixital Consello da Cultura.

2012. Prólogo Tecendo a Vida. Novela Toda la gente errante, de Luz Darriba. ISBN 10: 84-616- 0374-8, ISBN 13: 978-84-616-0374-9. Depósito legal: LU 143-2012.

2012. Festa da palabra silenciada, nº 28 – 2012. Artigo Clara Zetkin e as súas lembranzas de Lenin, pxs. 31-34. Ensaio. Edita FIGA. ISSN 1139-4854. Depósito Legal VG 241-1983. http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2001_Festa-da-Palabra_28.pdf

2014. Artigo na Revista Xénero Humano. Cadernos de Igualdade. Laura Seara Sobrado, pxs. 31-34. ISSN 1889-3996. Depósito Legal 04-33-2009.

2015. O libro das amigas, mullerenaxe para Begonha Caamanho. O meu texto: https://wordpress.com/post/mxporteiro.wordpress.com/7173

2015. Revista Maremagnum nº XIX. Publicación galega sobre o trastorno do espectro do autismo. Artigo “Breve Achega ao Pensamento Feminista e Social de Concepción Arenal”
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5265493

2016. Colaboradora estable do xornal dixital Tribuna Feminista-El Plural.
https://tribunafeminista.elplural.com/author/mariaxose/

https://tribunafeminista.elplural.com/2018/04/la-estrategia-del-miedo/

2017. Revista Tempos Novos. Núm. Xullo. Mulleres públicas. O machismo na política
https://mxporteiro.wordpress.com/2017/06/

2017. Forma parte da equipa que crea o Ateneo Atlántico de Vigo. É membra da xunta directiva. Coordinadora área de igualdade, autora do Manifesto Feminista “Nos tamén” https://luzes.gal/2018/03/03/nos-tamen-manifesto-feminista-do-ateneo-atlantico/

2018. Revista Tempos Novos. Núm. Marzo. Entrevista María Xosé Queizán
http://temposdixital.com/td/sociedade/03/entrevista-maria-xose-queizan/

2018. Festa da Queizán. O meu aporte: https://wordpress.com/post/mxporteiro.wordpress.com/7171

Publicacións (2)

Cultura. Comunicación. Acción exterior

1980. Comeza a publicar asiduamente en todo tipo de medios escritos, nomeadamente en galego, e sobre Información cultural. A xeito de exemplo: (1980)  Revista Grial (Ed. Galaxia). Entrevista a Carlos Casares: Que poden ler os rapaces de 15 ou 16 anos?, con X. A. Perozo. http://www.revistasculturales.com/revistas/88/grial/num/213/

1986. Primeiros encontros da comunicación: A Radio. Ponencia sobre o seu programa A Bisbarra: A radio no medio rural, pxs. 138-139. Ed. Deputación de A Coruña. ISBN 84- 86040-09-4. Depósito Legal C-771-1986

1999. Demo-gráfica 1.0. Artigo Unha identidade común, pxs. 286-90. Ensaio. Ed. Xunta de Galicia. ISBN 84-931148-0-4, Depósito Legal VG 841-99.

2000. Informe A Comunicación en Galicia en 2000. Ponencia de Comunicación. Artigo A Comunicación Corporativa, pxs. 209-215. Ensaio. Ed. Consello da Cultura Galega. ISBN: 84-95415-06-2. Depósito Legal C-283/2000. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=2974

2002. Xestión empresarial da imaxe dunha cidade: Santiago de Compostela. Ensaio. Ed. Cámara de Comercio de Pontevedra e Universidad de Vigo. Ciclo “Estratexias turísticas urbanas”. ISBN. 84-699-8664-3. Depósito Legal: VG508-2002.

2002. Estudios de Comunicación nº 1. Monográfico eleccións autonómicas 2001. Artigo A construcción dun candidato, imaxe real e simbólica. Ensaio. Ed. Consello da Cultura Galega. ISSN 1578-4916 / D.L. C-0000/2001. http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=3061   http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2002_Estudios-de-Comunicacion-no-1-2002.pdf

2002. Scriptum in itinere. Amanuenses no camiño. Artigo pxs. 41-43. Relato curto. Ed. APECSA. Depósito Legal: LU-334-2001.

2002. Xestión empresarial da imaxe dunha cidade: Santiago de Compostela. Ensaio. Ed. Cámara de Comercio de Pontevedra e Universidad de Vigo. Ciclo “Estratexias turísticas urbanas”. ISBN. 84-699-8664-3. Depósito Legal: VG508-2002.

2008. Revista Alborada. Artigo Un link productivo entre Arxentina e Galicia. Xuntos somos máis, pxs 22-25. Ensaio. Ed. en castelán de ABC do Partido de Corcubión de Bós Aires. Ano LXXXIII, Número 190.

2010. Olladas en Mayorey. O sono da auga do Rei Bouba. Artigo, pxs. 45-46. Poema. Ed. en castelán ONG Pozos de agua Mayorey. Depósito Legal VG 939-2010.

2012.  “IGADI WW- We in the World 2012: Nós no Mundo. A necesidade dun modelo de acción exterior crible para Galicia”. Artigo: A acción exterior nunha estratexia de gañar-gañar, pxs. 15-17. Co-autor Ignacio Covelo. ISNN 1989-9149. 2012.

2012. Colabocións de opinión no xornal dixital Galicia Confidencial. http://www.galiciaconfidencial.com/seccion/opinion/autor/562.html e, esporadicamente, con Praza Pública: http://praza.gal/recurso/287/dez-por-ques-e-unha-conclusion/A Carta de Brasilia. Río + 20 (Ecofeminismo)

2014. “IGADI WW- We in the World 2013: Nós no Mundo. Autonomías con valados nun mundo sen fronteiras. O anovamento xeneracional da Galicia exterior, pxs. 18-21. ISNN 1989-9149.

2015. Retoma a súa columna Habitación propia no xornal La Voz de Galicia, onde publica asiduamente sobre asuntos relacionados coa temática feminista. https://www.lavozdegalicia.es/firmas/maria-xose-porteiro

2015. The Whasington Post (edición El tiempo latino, en castelán: https://mxporteiro.wordpress.com/2015/02/03/articulo-de-maria-xose-porteiro-publicado-en-el-whasington-post-el-tiempo-latino/
http://eltiempolatino.com/news/2015/jan/29/grecia-es-una-esperanza-para-europa/

2016/… Colaboracións co dixital Mundiario
(https://www.mundiario.com/articulo/a-fondo/mujeres-8-marzo-2015-victimas-revolucionarias/20150305135751027867.html)

2016/… Comentarista de opinión no dixital Nueva Tribuna (https://www.nuevatribuna.es/opinion/maria-xose-porteiro/elena-valenciano/20180221185606148865.html)

2016/… Comentarista de opinión en Sermos Galiza. https://www.sermosgaliza.gal/opinion/maria-xose-porteiro/millet-amoros-agra-queizan/20171004200653062010.html
Especial violencia machista.

2017. Revista Luzes (escrita e dixital). https://luzes.gal/2018/07/28/predicar-co-exemplo-feminicidios/

2018. IGADI, Revista Tempo Exterior, de análise e estudos internacionais. Artigo “A xangada de pedra no Camiño da Unión de Estados Ibéricos” http://www.igadi.org/web/analiseopinion/a-xangada-de-pedra-no-camino-da-union-de-estados-ibericos

2018. “IGADI WW- We in the World 2018 http://www.igadi.org/web/publicacions/nos-no-mundo/nos-no-mundo-2018
https://mxporteiro.wordpress.com/2018/06/27/hai-duas-galicias-que-precisan-conexion/

2018. Asinante do manifesto a prol de salvar ao Centro Galego de Bós Aires. https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/pola-defensa-porvir-do-centro-galego-bos-aires/idEdicion-2018-03-07/idNoticia-1103540/

REDES SOCIAIS

2008/…

– Blog: https://mxporteiro.wordpress.com/category/feminismo/

Facebook muro de María Xosé Porteiro https://www.facebook.com/mxporteiro (muro)

– Facebook páxina persoal https://www.facebook.com/MARIA-XOSE-PORTEIRO-215034078561598/ (páxina)

  • Facebook páxina de comunicación feminista “Claves para mellorar a comunicación oral”

https://www.facebook.com/https://www.facebook.com/search/top/?q=claves%20para%20a%20comunicaci%C3%B3n%20oral 

– Facebook. Vine, vi y hablé… Grupo de Información e opinión feminista

https://www.facebook.com/search/str/vine%2C+vi+y…habl%C3%A9!+las+mujeres+frente+al+discurso+p%C3%BAblico/keywords_search

– Facebook. Libres para pensar, opinar, expresar, Grupo de opinión

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10210617703346699&set=gm.1697542360256867&type=1&theater


– Twitter.   @mxporteiro Twitter

Cursos/Conferencias

Feminismo

1995. Palestrante na XII Semana Galega da Filosofía, sobre Filosofía e xénero, con Pilar García Negro, María Teresa Fernández  e María Xosé Agra. https://mxporteiro.wordpress.com/2018/03/20/filosofia-e-xenero-aula-castelao-1995/

2001. “Claves para mellorar a comunicación oral con perspectiva de xénero”,
Segue impartíndoo ata o de hoxe, tanto de xeito gratuito como aporte para a loita feminista, coma de xeito profesional para grupos de interese. https://elpais.com/diario/2001/07/04/andalucia/994198959_850215.html

2010. Curso de Posgrado sobre Violencia de Xénero. Universidad Siglo XXI, Córdoba, Argentina. Poñencia: Violencia de xénero na comunicación.

2012. Conferencia sobre Violencia de xénero na mocidade. Fundación Mujer, Paz y Desarrollo. Córdoba, Argentina (http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/hay-que-ocupar-otro-espacio)

2012. Construíndo a matria, conferencia sobre ecofeminismo para o encontro internacional Terra, un planeta mulher, celebrado en Brasilia en xuño de 2012, como previo ao cumio Río+20. https://mxporteiro.wordpress.com/tag/matria/

2012. IV Encontro internacional de mulleres. Primeira poñencia “Evolución da participación social das mulleres. Impedimentos para elo”. Segunda poñencia: “Ecofeminismo”. Organizado pola Rede de mulleres veciñais de Vigo. http://www.igualdadevigo.org/?sec=actividadesasoc&id_actividad=55

2012. Comisión de Igualdade do Consello da Cultura. Participación na Xornada homenaxe a Tareixa Navaza: A voz da liberdade. Mesa redonda sobre Primeira xeración de mulleres xornalistas profesionais, compartida con Xosé María Palmeiro, Tonina Gay Parga, Tereixa Navaza, e Concha Pino.
http://consellodacultura.gal/mediateca/fotografia.php?id=1555

2014. Conferencia na Xornada sobre mellores prácticas na inclusión de mulleres TEA, celebrada o 01/04/14, en Caixafórum (Madrid), organizada por Sinteno (www.sinteno.es), “La visibilidad como herramienta de prevención de personas TEA (Trastornos del Espectro Autista) en entornos escolares y laborales.” https://mxporteiro.wordpress.com/2018/03/31/la-visibilidad-como-herramienta-de-prevencion-de-personas-tea-trastornos-del-espectro-autista-en-entornos-escolares-y-laborales/

2017. Concellería de Igualdade de Vigo. II Xornadas municipais. Unidas contra as violencias machistas. Relatorio sobre mulleres e comunicación. Loitar contra a violencia de xénero por todos os medios.
http://www.igualdadevigo.org/archivos_editor/file/noticias/triptico.pdf

2017. Curso “Claves para a comunicación oral, desde a perspectiva de xénero”. 13 ao 15 de outubro, en Cuntis. Rede Galega pola Igualdade. http://redegalegapolaigualdade.com/formulario-de-inscricions-nas-actividades-de-outubro/

2017. Presentación de María Xosé Queizán co Gallo da inauguración da escultura Fulgor no parque vigués que leva o seu nome. https://mxporteiro.wordpress.com/2017/11/08/o-fulgor-de-maria-xose-queizan/

2018. Coa equipa de CEPAMA, organización e desenvolvemento , sen ningunha financiación externa, da primeira xornada adicada a situación das mulleres autistas. Jornada “Mujeres Autistas: desde dentro del espectro” Caixa fórum. Madrid, xuño (https://cepamatea.wordpress.com/noalmms/informacion-de-la-de-la-jornada/programa-de-la-jornada/)

2018. Faladoiros Feministas. Lugo. Conferencia sobre A nova misoxinia. http://lugo.gal/gl/novas/exito-de-participacion-no-faladoiro-de-maria-xose-porteiro-sobre-nova-misoxinia-e-violencia

2018. Creación do Comité para Axuda das mulleres Autistas (CEPAMA) con quen colabora intensamente (https://mxporteiro.wordpress.com/2018/04/08/las-mujeres-autistas-quieren-comunicarse-contigo/)

Novembro/2018. Programada e difundida, participación cunha conferencia maxistral sobre Violencia non sexista, no marco da Diplomatura contra a violencia de xénero que organiza a Red de Universidades por la no violencia contra la mujer (Córdoba, Argentina), o 24 de novembro, na que participan especialistas internacionais coma Ana Falú, Rita Segato, Alda Facio, Roberto Garda Salas ou Vanda Pignato (http://redmunicipalista.cba.gov.ar/wp-content/uploads/2017/08/DIPLO-WEB.pdf)

Cursos/Conferencias

Cultura. Comunicación

1999. Relatora nos Cursos de Posgrado de Turismo na Facultad de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela.

2000. Relatora nos Cursos de Posgrado de Turismo na Facultad de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. 2000.

2000. Relacións Públicas e Publicidade da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra (Universidade de Vigo) sobre Comunicación institucional. Pontevedra.

2001. Ciclo sobre Turismo e Relacións Públicas, organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra e a Universidade de Vigo-Campus de Pontevedra en setembro de 2001. Conferencia sobre “Xestión empresarial da imaxe dunha cidade: Santiago de Compostela”. 2001

2002. Curso de Otoño da Universidade de Cádiz. Conferencia sobre “Ciudades españolas sedes de eventos internacionales”. Jerez. http://actividades.uca.es/Agenda/agendas_anteriores/2001_jerez.pdf

2002. Curso da Universidade Fernando Pessoa, de Porto na “VII Semana Internacional da Publicidade”. Conferencia sobre a experiencia como directora da organización da Capitalidade Cultural Europea de Santiago de Compostela no ano 2000.

2002. Curso sobre Protocolo organizado pola Fundación Alfredo Brañas e a Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias Sociais) no Mosteiro de Poio. 2002

2010. Conferencia na Facultade de Ciencias Sociais, Universidade de Vigo, sobre A xestión da comunicación na emigración. http://csc.uvigo.es/facultade/axenda/page/18/

2012. Participación no Consello da Cultura, no debate arredor da emigración xerado por Celso Emilio Ferreiro na xornada “Xigantes ou ananos?”. Mesa redonda compartida con Xosé Neira Vilas, Román Rodríguez González e Anxo Lugilde. http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=13488

2012. Participación no Consello da Cultura nas “III Xornadas das artes escénicas: o teatro como servizo público”. Mesa redonda compartida con Pilar García Negro, Miguel Martín Fernández e Inma López Silva. https://mxporteiro.wordpress.com/2012/10/29/debatindo-sobre-o-teatro-galego/

2015. UNED, Ourense. Mesa redonda sobre “Prensa e xustiza: unha relación en tensión permanente”, cos colegas José Manuel Rubín, José Javier López Fraiz, Ramona Sánchez e Xosé Manuel Pereiro. Ciclo: Justicia, prensa y sociedad. Coordinador, Luís Gulín. Faculdade de Dereito, campus de Ourense.

2015. Poñencia sobre Relacións Públicas e Comunicación institucional no XV Curso Complementario de Comunicacion y Protocolo da Universidade de Vigo.
http://tv.uvigo.es/series/5b5b50098f420838695f6699

2016/… Conferencias e coloquios de divulgación sobre o Parlamento de Galicia para escolares, como ex deputada. https://www.farodevigo.es/comarcas/2017/02/01/exparlamentarios-ofrecieron-charla-cpi-ribeira/1614994.html

2017. Consello da Cultura Galega. Sección Lingua e Literatura. 15/nov Mesa redonda sobre Carlos Casares, escritor de xornal, xunto a Fernanda Tabarés, de Voz Audiovisual; Tucho Calvo, de Biblos; e Luís Álvarez Pousa, da Universidade de Santiago de Compostela,

2017. Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares, participación o 9/nov, na Mesa redonda organizada pola RAG sobre “O labor editorial de Casares desde Vigo”, na Casa da Cultura de Vigo, con Manuel Bragado, Xavier Senín e Xosé Soutullo. https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/un-repaso-ao-labor-editorial-de-casares-desde-vigo

2018. Coloquio “Rock, rebeldía e reconversión”. A Coruña, con Manuel Rivas, Xosé Antonio Gaciño e José Manuel Pereiro. https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/06/04/realidad-social-epoca-reconversion-naval/1297840.html

2018. Redacta e pronuncia a laudatio de Francisco Lores, medalla de honra do Consello da Cultura Galego (a título póstumo), polo seu labor a prol da Emigración galega na Arxentina. http://www.espanaexterior.com/las-primeras-medallas-de-honor-del-consello-da-cultura-galega-celebran-el-trabajo-de-la-diaspora-y-la-accion-cultural-gallega-en-el-exterior/

Feminismo. Política. Institucións.

1987/1991. Entra nas listas municipais do PSdeG como independente para poñer en marcha a primeira concellería da muller de Galicia* e unha das primeiras do resto do Estado. Concelleira de cultura. Primeira teniente de Alcaldía. Voceira do goberno municipal e do G.M.Socialista. Baixo a súa dirección, nesta etapa créanse os primeiros servizos específicos para mulleres como un Centro de Información municipal dos dereitos das mulleres (CIM), unha Casa de Acollemento para mulleres maltratadas e as súas crianzas, e se realizan as primeiras actividades desenvolvidas desde a administración pública en Galicia con perspectiva de xénero e criterio feminista. Ver nota ao remate deste escrito (1).

1989/1997. Deputada por Pontevedra no Parlamento Galego. Voceira adxunta. Membra co-fundadora da Comisión a prol dos dereitos das mulleres;  participante no IV Cumio Mundial da Muller (Foro social) organizado pola ONU en Huairou (Beijing) en 1995, arredor da que impartiu ducias de conferencias e participou en mesas redondas para divulgar os asuntos alí debatidos, que marcaron unha nova axenda feminista mundial. No Parlamento galego foi voceira de igualdade, industria, turismo, consumo, lingua e cutura. Foi poñente lexislativa da Lei de Turismo de Galicia, da Lei de Patrimonio Cultural, da Lei do Instituto de Consumo, e da Lei dos Camiños de Santiago. Defendeu a oficialización dos topónimos A Coruña e Ourense, representando ao Parlamento Galego, no Congreso dos Deputados.

1.998. Participa en Vigo nas primeiras eleccións primarias para elección de candidaturas municipais. É a primeira muller que compite para candidata en Galicia.

2003/2006. Concelleira en Vigo das áreas de igualdade, medio ambiente, turismo, comercio, deportes, e parques e xardíns. Teniente de Alcaldía. Voceira do G. M. Socialista. Crea a campaña “O silenzo faite cómplice” dirixido á implicación dos varóns na loita contra a violencia de xénero. 2003/6

2004/2007. Deputada por Pontevedra no Congreso. Poñente lexislativa do Estatuto da Cidadanía no Exterior. Voceira adxunta e membra da mesa da Comisión de Asuntos Exteriores. Representante do Congreso e do Senado na Asamblea Parlametaria do Consello de Europa*, con sés en Estrasburgo e París, onde foi voceira de asuntos migratorios e membra da comisión de igualdade. Representante do Congreso e do Senado na Unión Europea Occidental (Estrasburgo). Observadora Electoral Internacional formada no Ministerio de Asuntos Exteriores. Presidenta de delegacións de observación electoral en Líbano e Venezuela. Membra convidada polo Consello de Europa na delegación de observación electoral en Bosnia. Participou en numerosas actividades e reunións internacionais en Atlanta, Washington, Beijing, Bruselas, Amsterdam, Bolonia, Turín, Cardiff, Cork, Porto, Lisboa, Aarhus, Atenas, París, Estrasburgo, Rennes, Beirut, Tánger, Túnez, Liechstenstein, Mostar, Asunción, Managua, Caracas, Buenos Aires, Santiago de Chile, San Salvador de Bahía, Río de Janeiro, Brasilia, Montevideo ou Santo Domingo. 

2007/2009. Delegada da Xunta de Galicia no exterior. Ámbito latinoamericano con sés en Arxentina e Uruguai.

Reseñas biográficas en medios dixitais

http://galiciapolitica-vidaseobras.com/politicos/detalle/252/Porteiro-Garcia-Maria-Xose.html

http://www.galiciaconfidencial.com/seccion/opinion/autor/562.html
http://arec.es/radiojuventud/car/Radio_Juventud_de_la_Coruna_EFJ-11/biografias/Maria_Jose_Porteiro.html

http://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/maria-xose-porteiro

http://galegos.galiciadigital.com/gl/maria-xose-porteiro-garcia

http://consellodacultura.gal/cargo.php?a=2014-00-00&b=0000-00-00&p=3157

https://www.lavozdeasturias.es/firmas/maria-xose-porteiro

http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Diputados/BusqForm?_piref73_1333155_73_1333154_1333154.next_page=/wc/fichaDiputado&idDiputado=238&idLegislatura=8

http://www.espanaexterior.com/noticias/una-de-las-ponentes-del-estatuto-de-los-emigrantes-3/

Outros enlaces relacionados:

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=28878

https://mxporteiro.wordpress.com/2018/07/06/nova-executiva-do-consello-da-cultura-galega-con-maioria-feminina-por-primeira-vez/

https://elpais.com/diario/1995/09/13/espana/810943209_850215.html

https://www.clublibertaddigital.com/ilustracion-liberal/10/el-dia-que-la-coruna-desaparecio-andres-freire.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/02/14/me-too/0003_201802G14P14992.htm

http://www.cronicasdelaemigracion.com/archive/digital/2018/05/24/galicia.html

https://mxporteiro.wordpress.com/category/violencia-de-genero/

http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B40050.PDF

https://elpais.com/cultura/2010/03/29/videos/1269813603_870215.html

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-07-03-2017-2780646

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/igualdade/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-23-11-2017-3555390

http://laduda.net/xornalistas-desigualdade-nos-medios-galegos/

https://elpais.com/diario/1998/06/15/espana/897861607_850215.html

https://elpais.com/diario/1998/06/28/espana/898984802_850215.html

https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/galicia/2002/01/04/madrid-recibe-denuncias-sobre-militancia/0003_898873.htm

https://www.diariocritico.com/noticia/93845/noticias/perez-esquivel-visito-a-maria-jose-porteiro.html

http://www.laregion.es/articulo/galicia/diputada-congreso-maria-jose-porteiro-dirigira-delegacion-xunta-argentina-primera-crea/20070924094453030195.html

https://books.google.es/books?id=fI5nPrCMREgC&pg=PA218&lpg=PA218&dq=maria+josefa+porteiro&source=bl&ots=djOqZv7rEP&sig=q5ONLe-lNjOLwHYR1KBjUK2UBmk&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwi8rcrcnYjdAhWszIUKHehaC2M4ChDoATADegQIBxAB#v=onepage&q=maria%20josefa%20porteiro&f=false

https://books.google.es/books?id=zICPj1K47QMC&pg=PA80&lpg=PA80&dq=maria+josefa+porteiro&source=bl&ots=C23DVXk8A_&sig=RQd9un46ovQIv4Ac4wxwtO-37ZU&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwi8rcrcnYjdAhWszIUKHehaC2M4ChDoATAEegQIBhAB#v=onepage&q=maria%20josefa%20porteiro&f=false

https://books.google.es/books?id=u8gZklxHTMUC&pg=PA411&lpg=PA411&dq=maria+xose+porteiro+parlamento+galego&source=bl&ots=TaKd6JlaX5&sig=joDbNZ2x6c97zc9_sf-qXitTVKo&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwjxgtPxmYjdAhUILewKHcpDCnE4HhDoATAAegQIABAB#v=onepage&q=maria%20xose%20porteiro%20parlamento%20galego&f=false


Algunhas opinións e/ou entrevistas publicadas sobre M. X. Porteiro

http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/carlos-luis-rodriguez-imperio-argentina/idEdicion-2007-09-24/idNoticia-212268/

http://www.atlantico.net/opinion/jose-teo-de-andres/maria-xose-porteiro/20120620000000224594.html

Entrevista sobre As mulleres fronte ao discurso público
http://argentinamundo.com/Encuentro-con-Maria-Xose-Porteiro-Argentina-Mundo–Espana/436

Entrevista sobre Ecofeminismo. Praza pública. 2012
http://praza.gal/movementos-sociais/1177/la-crise-cambianos-a-escala-de-valores-o-cambio-climatico-xa-non-preocupa-tantor/

Entrevista sobre ecofeminismo. 2017
http://www.xoanarcodavella.com/2017/02/maria-xose-porteiro.html


http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/francisco-lores-rebelde-causas-irman-estivo-sempre-preto/20180524142154086612.html

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/12/03/decadas-lucha-feminista-busca-igualdad/925542.html Dos décadas de lucha feminista en busca de la igualdad. El Consello Municipal da Muller de Vigo conmemora su 20 aniversario – Pleno, mesa redonda y exposición en el Concello.

https://mxporteiro.wordpress.com/tag/das/ As mulleres celebran o seu día en Vigo. 6/3/10, 2010. A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo (ofi.muller@vigo.org) que leva a concelleira do BNG, Iolanda Veloso, ven de organizar un Pleno específico do Consello Municipal da Muller para conmemorar o próximo 8 de marzo http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=13249 Será as 11 h. no Salón de Plenos do Concello, na 1ª planta. Nel intervirán varios colectivos de mulleres de Vigo: Rede de Mulleres Veciñais, Dorna, Mulheres Nacionalistas Galegas, Feministas Independentes Galegas, Mulleres Progresistas, Colectivo Violeta e as secretarías da muller de UGT, CIG e CCOO. Asistirán ao plenario todas as entidades que constitúen o Consello Municipal da Muller. Dado que estou a traballar fóra de Vigo nesta altura, e non podo acudir ao Pleno ao que se me convoca para tratar a Traxectoria das asociacións e colectivos do Consello Municipal da Muller desde a súa creación a finais dos anos 80 envío esta achega para que sexa lida, se así se considera oportuno, agradecendo esta oportunidade.
Vigo foi a primeira cidade galega que tivo unha Concellería adicada ás cuestións de xénero. Foi creada en 1987 e daquela chamouse Concellería da Muller. Eu, como concelleira do goberno socialista da época, fun a súa creadora e síntome moi honrada de poder contalo, pero sobre todo, de recoñecer a tódolos partidos políticos que gobernaron Vigo despóis que respetaran e alentaran esta decisión.
Naqueles catro anos de goberno tiven o apoio do meu partido, do goberno municipal e mesmo do resto da Corporación que non foi belixerante contra as nosas iniciativas neste terreo, pero agradezo moi especialmente o esforzo das funcionarias e funcionarios cos que puiden levar adiante un labor novo e non sempre ben comprendido. Gardo un grato recordo da complicidade e axuda que recibín de María José Thomas, Gloria, Mapi e Xulia Mariño, funcionarias; Choni Miura, experta en Malos Tratos da Comunidade de Madrid; do Alcalde Manolo Soto e os concelleiros Carlos Príncipe, Alvaro G. Magariños e María Arán; dos colectivos de mulleres e secretarías dos sindicatos (Merche, Ana, Elena, Carmen, Mariló, Belén…); das compañeiras xornalistas dos medios de comunicación (Rosa, Begonha, Amanda, Avelina, Marisa, Sefi, Julia, Ana…) que funcionaron como un auténtico lobby a prol das mulleres; do goberno tripartito na Xunta que presidía Fernando González Laxe e en particular de Rosa Miguélez que coordenaba a Comisión para os asuntos das Mulleres, precursora do que logo sería o Servizo Galego de Igualdade, e, en fin, de tantas outras persoas que me resulta imposible citar pero que creron naquel proxecto nos primeiros e máis difíciles momentos.
No período comprendido entre 1987 e 1991 fixemos moitas cousas que sementaron o futuro:
– Creouse o primeiro Consello Municipal da Muller integrado por colectivos e asociacións representativas da preocupación pola situación das mulleres
– Creáronse as vocalías de Muller nas Asociacións Veciñais
– Púxeronse en marcha coa colaboración de Alecrín, o primeiro Centro de Información Municipal dos dereitos das Mulleres, e máis a primeira Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Galicia que foi tamén unha das primeiras de España,
– Patrocinouse a edición e distribución da revista de pensamento feminista “A festa da palabra silenciada” que dirixe María Xosé Queizán,
– Organizóuse unha exposición de mulleres galegas artistas plásticas comisariada por Cuqui Piñeiro,
– Fixéronse cursos de alfabetización para mulleres maiores e impulsáronse os programas de Kanguros, coas Mulleres Progresistas
– Fíxose un programa de oportunidades de emprego para mulleres novas coa Asociación de Mujeres Jóvenes
– Elaborouse o primeiro estudo sociolóxico sobre a situación das mulleres en Vigo
– Puxéronse as bases para o Primeiro Plano de Igualdade que se aprobaría pola corporación seguinte.
– A Concellería da Mller de Vigo formou parte moi activa na primeira Comisión da Muller constituída no seo da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) desde a que se elaboraron os primeiros materiais para cursos, xornadas e publicacións especializadas para a política municipal no eido do xénero. Coa FEMP organizaronse en Vigo unhas Xornadas Nacionales sobre Muller e Eudación.
– O goberno municipal tomou a decisión de personarse como acusación en tódalas causas de denuncias por malos tratos a petición das víctimas.
Logo chegarían outras concelleiras que fixeron un excelente labor e convertiron a Vigo nun referente nas políticas municipais de igualdade: Ana Gandón, Maite Fernández, Belén Sío, Lucía Molares e Iolanda Veloso. Grazas a todas elas. De corazón.


– – – – – – –

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s